Información
Galicia

Tarifa Eléctrica Galega nun acto simbólico no encoro Barrie de la Maza

Información
15 Junio 2018 1325 Votos

Encoro Barrié de la Maza Encoro Barrié de la Maza Nunha acción simbólica   no  encoro Barrié de La Maza, situado  entre os concellos de Brión e Negreira, o BNG volveu reclamar hoxe “unha tarifa eléctrica propia ” para beneficiar ás persoas consumidoras e incentivar o asentamento de novas  industrias no territorio galego.

Baixo o lema “Galiza produce, Madrid consume, Tarifa galega”

varios membros do BNG despregaron tres pancartas nas instalacións do encoro Barrié de La Maza nun acto reivindicativo no que tamén participou o deputado, Xosé Luís Rivas,(Mini).

 Rivas explicou que o encoro Barrié de La Maza, ao igual que corenta máis en toda Galiza,   foi froito dunha imposición franquista que “asolagou terras, pagou expropiacións   de miseria e incitou a emigración no noso país.”  O único fin desta explotación era a obtención de grandes beneficios económicos por parte de Unión Fenosa en pago ás axudas de Barrié de la Maza a Franco.

Rivas recalcou que os recursos galegos foron “espoliados” negándolle a  Galiza a capacidade para aproveitar a súa riqueza mentres eran industrializadas outras zonas do Estado español. No ano 2007, engadiu o nacionalista, o Goberno español tomou a decisión de rebaixar os impostos que abonan as eléctricas, a pesar dos grandes beneficios que obteñen e denunciou que as veciñanzas dos concellos de  Brión e Negreira  non reciben ningunha compensación por esta explotación.

No transcurso do acto simbólico organizado polo BNG, o deputado tamén denunciou  que en Galiza, a pesar de ser produtora de enerxía eléctrica e cun excedente do 40%, os galegos e as galegas “pagamos unhas tarifas altísimas” polo que defendemos, afirmou que “pobos afectados por este tipo de instalacións sexan compensados e que Unión Fenosa volva a pagar o que lle correspondía polo IVA e a relación catastral en beneficio dos veciños e veciñas de Brión e Negreira”.

O BNG DEMANDA UNHA TARIFA ELÉCTRICA PROPIA PARA GALIZA

Ante un numeroso grupo de militantes e simpatizantes do BNG, Xosé Luís Rivas volveu a reclamar “unha tarifa eléctrica propia para Galiza” atendendo aos verdadeiros custes de produción e que está sexa máis barata e en beneficio das persoas consumidoras para que a riqueza de Galiza “reverta sobre o pobo galego”.

A maiores, manifestou que   unha tarifa eléctrica propia atraería  industrias ao noso país e sobre todo sería a  garantía dun subministro eléctrico para toda a poboación, sin discriminación”. Que ninguén, remarcou Rivas, “quede sen a enerxía eléctrica  básica para a vida por carecer de recursos para pagar o recibo”, concluíu.

Galicia: Por la dignidad de los medios públicos y privados "CORROMPIDOS" por el Partido Popular


 

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi