Información

REINÍCIANSE OS TRABALLOS ARQUEOLÓXICOS NO XACEMENTO DE PORTO MAIOR, O LUGAR CON OCUPACIÓN HUMANA MÁIS ANTIGO DE GALICIA

Información
14 Junio 2018 211 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

DSC 4749Dende o día 11 ate 30 de xuño reinícianse os traballos de escavación arqueolóxica no xacemento de Porto Maior (As Neves, Pontevedra). Estas escavacións enmárcase dentro do proxecto internacional Minho/Miño: Os primeiros poboadores do río Miño, onde colaboran investigadores de diferentes centros nacionais e internacionais, como as universidades de Lisboa, Porto, Minho e Adelaide (Australia), o Australian Research Centre for Human Evolution (ARCHE) e o Cento Nacional de Investigación sobre la Evolución Humana (CENIEH). Estes traballos contan co patrocinio e a colaboración fundamental do Concello de As Neves e da Comunidade de Montes en Man Común de As Neves.

 

As investigacións desta campaña procuran afondar nas particularidades deste excepcional xacemento , coñecer mellor a distribución dos niveis de ocupación humana identificados no lugar, os cales teñen unha idade comprendida entre os 300.000 e os 200.000 anos de antigüidade. Así mesmo coa substancial ampliación da superficie escavada tentarase explicar a natureza funcional da principal acumulación de ferramentas do xacemento.

O xacemento paleolítico de Porto Maior localizouse de maneira casual no ano 2005, con motivo da realización dunhas obras de extracción de terras, que deixaron a vista unha sección dos seus depósitos xeolóxicos. Tras unha serie de traballos preventivos, desenvolvidos nos anos inmediatos ao seu descubrimento, durante 2012 e 2014 retómanse os traballos de campo no xacemento, a cargo do actual equipo de investigación. Estes traballos de investigación puxeron de manifesto a existencia de múltiples niveis de ocupación de cronoloxía paleolítica, todos eles de tecnoloxía achelense (cultura do Paleolítico antigo europea). De entre estes niveis de ocupación destaca o nivel PM-4 no que se identificou unha espectacular acumulación de ferramentas de pedra, no que primeiro caso coñecido en todo o continente europeo. Este tipo de comportamento é habitual en certos xacementos do paleolítico antigo africano e de Próximo Oriente. Así mesmo, as ferramentas presentes neste nivel destacan polas súas extraordinarias dimensións, onde achegan medidas superiores aos 18 cm (con máximos de 27 cm e 2 kg de peso), cando o normal é que non superen os 15 cm. Isto os converte nos de maiores dimensións coñecidos en todo o continente Europeo e uns dos máis grandes a escala mundial.

A datación do xacemento indican que a súa ocupación desenvolveuse entre os 300.000 e os 200.000 anos de antigüidade. Isto define a Porto Maior como o xacemento con restos de actividade humana máis antigo coñecido en toda Galicia. Isto vén desmontar a idea, comunmente admitida, de que a primeira ocupación humana desta rexión realizouse en tempos moi recentes, en relación ao sucedido noutras rexións españolas. Non se coñece a día de hoxe xacemento de cronoloxía semellante en ningún outro punto de Galicia e confírmase de maneira incuestionable a presenza humana na rexión en cronoloxías moi antigas.

Durante os traballos de escavacións vanse a por en marcha, en colaboración co Concello de As Neves, un programa de actividades didáctica, que contempla un programa de visitas guiadas as escavacións e charlas para dar a coñecer entre a veciñanza de As Neves e o público xeral a importancia deste xacemento, o único do seu tipo coñecido en toda Europa.

 


Mar Sanchez Sierra, asesora personal de Feijóo aparece relacionada con turbios negocios relacionados con fallecidos y incendios forestales que califican ellos mismos de terrorismo incendiario

marsanchezsierra secretariademediosentramdopiramipdal 29 7 2018La asesora personal de Feijóo  monto o financió "una estructura de colaboración estable de fondos públicos con miembros del PP" familiares del brigadista fallecido en Fornelos de Montes que alcanza a un turbio negocio de los incendios forestales en la Xunta de Galicia y Rosa Quintana.

La Secretaria de Medios de la Xunta nombrada por Feijóo, Mar Sanchez Sierra alimenta un "entramado de empresas piramidal" de miembros del PPdeG con fondos públicos de la Xunta de Galicia bajo convenios y adjudicaciones a dedo con Adelaida Dominguez socia y administradora única de varias sociedades de una red de empresas para acceder a contrataciones públicas en la Xunta de Galicia y instituciones donde gobierna el PPdeG. En paralelo los fallecidos en Fornelos de Montes y incendios forestales dejan al descubierto un "negocio de fondos públcios" de inmensas y gigantescas proporciones, donde lo único que cuenta es el dinero público a manos llenas a través de fundaciones, Cetal, Seaga, Fremss, venta de helicópteros, campañas a medios de comuniación de prevención de incendios, manipulación informativa..Brigas Aerotransportadas, etc ....(+).

2. La asesora de Feijoo María del Mar Sanchez financia la venta de ropa laboral y calzado, ropa de policía, cursos de policía, páginas web a gobiernos del PPdeG ...
3. La administradora de varias empresas y convenios con la asesora de Feijóo, Mar Sanchez Sierra solicitó viviendas de protección oficial en varios puntos de Pontevedra. ...
4. Una asesora de Feijóo facturó irregularmente más de 400.000 euros  ... 5. https://www.google.es/search?q=corrupción+informativa+xunta+galicia....(+)

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi