Información

Leiceaga defende a liberdade de expresión dos deputados autonómicos e chama ao presidente da Cámara “á sensatez”

Información
12 Junio 2018 217 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

OS SOCIALISTAS NÉGANSE A ADMITIR A PROHIBICIÓN DE SINALAR NO PARLAMENTO AO PP COMO PARTIDO “CORRUPTO”

Xoaquín Fernández Leiceaga defende a liberdade de expresión dos deputados autonómicos e chama ao presidente da Cámara “á sensatez”

Os socialistas centrarán a sesión de control nas repercusións sobre a gobernación de Galicia da posible saída de Feijóo

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 18. O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, amosou hoxe a súa oposición a permitir a prohibición de referirse ao PP como partido “corrupto” que quere impoñer o presidente da Cámara. Así o dixo logo de que Santalices se negara a entregar o “informe pantasma” que lle entregaron os letrados e que exhibiu na pasada sesión plenaria e fixera chegar unha “nota aclaratoria” asinada onte.

 

O responsable socialista confirmou hoxe que os socialistas galegos “non nos someteremos a eses criterios” e defendeu o seu dereito a “usar a liberdade de expresión ata onde consideremos oportuno”. Lembrou que, de acordo coa sentenza da Gürtel, o PP foi condenado por corrupción, e como tal foi reflectido na inmensa maioría dos medios de comunicación.

Tamén en Valencia, lembrou, foi condenado por corrupción para o financiamento da campaña electoral de 2008 na peza separada da Gürtel que se coñeceu onte. Criticou o intento de “protexer ao PP” da previsible serie de condenas que sairán derivadas desta investigación xudicial nun intento “absurdo e inútil” como o de “poñerlle portas ao campo”.

Fernández Leiceaga criticou que fronte a esta aplicación restritiva do Regulamento do Parlamento para a oposición, o propio presidente da Xunta se refería na pasada sesión de cointrol ao PSOE como “condenado por corrupción” nos anos 80 sen que iso suscitara unha chamada á orde.

O portavoz socialista fixo un chamamento “á sensatez” dirixido ao presidente da Cámara porque, dixo, “debe en tender que prolongar este debate non conduciría a un sitio bo para ninguén”. Defendeu así un “uso amplo da liberdade de expresión” para restrinxilo aos casos nos que afecte directamente á dignidade dos membros da Cámara.

Sesión de control

Leiceaga explicou que a pregunta ao presidente do próximo Pleno centrarase sobre os efectos da posible candidatura de Feijóo a presidir o PP sobre a gobernanza de Galicia, en asuntos como por exemplo a reforma da política forestal. Urxiu a “explicar o calendario para a súa substitución” á fronte do goberno galego porque, reiterou, “non é conveniente compatibilizar a dobre condición de presidente da Xunta e do PP estatal.

Puxo de novo como exemplo as máis que probables contradicións entre a posición de Feijóo como presidente galego para defender os intereses de Galicia na reforma do modelo de financiamento e a súa posición política “para pedirlle o voto aos compromisarios do PP en Murcia ou Valencia”.

O Pleno do Parlamento incluirá tamén unha serie de iniciativas en materia medioambiental, como unha moción para garantir a calidade das augas nas rías, ou unha pregunta sobre a falla de depuradora en Barreiros. En materia social, os socialistas presentarán unha interpelación sobre a falla de atención nos servizos de Cardioloxía en Lugo, Ourense e tamén no Salnés.

Tamén presentarán unha proposición non de Lei para reclamar o reforzo do parque público de vivendas, logo de que dende 2007 só foran cualificadas 7 vivendas de promoción pública cando hai máis de 11.000 demandantes en toda Galicia.

Tamén incluirán unha proposición non de Lei para pedirlle á Xunta que compense ás universidades polos ingresos que deixan de percibir coa conxelación das taxas de matrícula e a rebaixa de prezos dos mestrados habilitantes.

 


Mar Sanchez Sierra, asesora personal de Feijóo aparece relacionada con turbios negocios relacionados con fallecidos y incendios forestales que califican ellos mismos de terrorismo incendiario

marsanchezsierra secretariademediosentramdopiramipdal 29 7 2018La asesora personal de Feijóo  monto o financió "una estructura de colaboración estable de fondos públicos con miembros del PP" familiares del brigadista fallecido en Fornelos de Montes que alcanza a un turbio negocio de los incendios forestales en la Xunta de Galicia y Rosa Quintana.

La Secretaria de Medios de la Xunta nombrada por Feijóo, Mar Sanchez Sierra alimenta un "entramado de empresas piramidal" de miembros del PPdeG con fondos públicos de la Xunta de Galicia bajo convenios y adjudicaciones a dedo con Adelaida Dominguez socia y administradora única de varias sociedades de una red de empresas para acceder a contrataciones públicas en la Xunta de Galicia y instituciones donde gobierna el PPdeG. En paralelo los fallecidos en Fornelos de Montes y incendios forestales dejan al descubierto un "negocio de fondos públcios" de inmensas y gigantescas proporciones, donde lo único que cuenta es el dinero público a manos llenas a través de fundaciones, Cetal, Seaga, Fremss, venta de helicópteros, campañas a medios de comuniación de prevención de incendios, manipulación informativa..Brigas Aerotransportadas, etc ....(+).

2. La asesora de Feijoo María del Mar Sanchez financia la venta de ropa laboral y calzado, ropa de policía, cursos de policía, páginas web a gobiernos del PPdeG ...
3. La administradora de varias empresas y convenios con la asesora de Feijóo, Mar Sanchez Sierra solicitó viviendas de protección oficial en varios puntos de Pontevedra. ...
4. Una asesora de Feijóo facturó irregularmente más de 400.000 euros  ... 5. https://www.google.es/search?q=corrupción+informativa+xunta+galicia....(+)

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi