Información
Galicia

242.000 euros públicos para montar a celebración da Supercopa de Baloncesto, pensionistas CERO EUROS

Información
12 Junio 2018 436 votos

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e a alcaldesa en funcións do Concello de Santiago de Compostela, María Rozas Pérez, asinaron esta mañá na sede da institución provincial o convenio de colaboración entre ambas institucións para financiar ao 50% os 242.000 euros que supón o patrocinio da Supercopa de Baloncesto. O acto contou tamén coa asistencia do deputado provincial Manuel Dios.

 

A Supercopa disputarase os días 21 e 22 de setembro no multiusos Fontes do Sar, onde o Monbús Obradoiro xogará coma anfitrión. Ademais xogarán o FC Barcelona, campión da Copa do Rey; o Real Madrid, campión da Euroliga, e o Kirolbet Baskonia, clasificado a través da Liga Endesa.

A presentación da Supercopa terá lugar o vindeiro xoves 14 de xuño ás 12.00 horas no Concello de Santiago nun acto que contará coa presenza do presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, o director xeral da ACB, José Miguel Calleja, o director territorial de Endesa, Miguel Temboury, o presidente do Monbus Obradoiro, Rául López, e a concelleira compostelana de Deportes, Noa Morales.

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi