Información
Galicia

Ana Pontón: “Feixóo ten que escoitar o clamor social contra a bomba ambiental da mina de Touro-O Pino”

Información
11 Junio 2018 382 votos

Manifestación Manifestación A portavoz nacional, Ana Pontón, encabezou a participación do BNG na manifestación convocada pola Plataforma Mina Touro-O Pino, NON que congregou en Santiago a milleiros de persoas nunha causa común: Parar un proxecto de megaminería espoliadora e contaminante con consecuencias letais para os concellos afectados, en termos ambientais, económicos e sociais.

 

34907055_1646752002041089_5459928500175634432_o“Unha mensaxe para Feixóo: Que abandono ese proceso de reflexión serena no que está inmerso coa mirada posta en Madrid, e erga os ollos para ver con claridade o que lle están dicindo miles de galegos e de galegas nas rúas, que non queremos ese proxecto de megaminería”, salientou Pontón.

A dirixente do Bloque apelou ao custe ambiental que pon en risco o territorio, ao custe económico que pon en risco o emprego no medio rural non só nos concellos directamente implicados, -Touro e O Pino-, tamén os da comarca e ás rías de Arousa e Noia, xa que todos se verían afectados pola contaminación dos acuíferos e dos ríos, en particular do Ulla, poñendo en risco milleiros de empregos no sector da pesca e do marisqueiro.

34863408_1646753205374302_2489066249636544512_o“E tamén é unha cuestión do modelo de desenvolvemento que queremos para Galiza, non pode basearse no espolio dos nosos recursos naturais senón no apoio aos nosos sectores produtivos”, argumentou a portavoz do BNG, “e iso é o que está dicindo unha maioría social na rúa, onde estamos persoas diferentes pero unidas por unha causa común que é parar esa bomba ambiental da mina de Touro- O Pino”.

34877798_1646752268707729_6507107862710321152_oPor iso, recalcou, “é hora de que Feixóo asuma a súa responsabilidade como presidente e despois desta mobilización anuncie que vai dicir non a reapertura desta mina”, proclamou Pontón, convencida de que a mobilización social “conseguirá parar a mina de Touro- O Pino como antes logramos parar a de Corcoesto, tamén triunfará neste caso e imos parar esta nova bomba ambiental”.

34862171_1646752855374337_7298953897693937664_o

Galicia: Por la dignidad de los medios públicos y privados "CORROMPIDOS" por el Partido Popular


 

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi