Información
Galicia

A Deputación da Coruña "reagalará fondos públicos" a Asociación de Mulleres Mar de Arousa na “visibilización do papel das mulleres no sector do mar”

Información
15 Mayo 2018 502 votos

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, recibiu esta mañá no seu despacho da institución provincial ás directivas da Asociación de Mulleres Mar de Arousa, unha entidade que integra (supostamente, ninguen viu as estadísticas" a máis de 1.000 mulleres da comarca que desenvolven a súa actividade nos sectores da pesca, o marisqueo e a acuicultura.

Na reunión de traballo, á que asistiu tamén o deputado de Promoción Económica e Emprego, José Luís García, participaron Susana Silva Alonso, presidenta da asociación; Dolores Gómez Ordóñez e Celia Herbón Dieste, que explicaron os seus proxectos e as diferentes actividades que desenvolven para axudar a dar a coñecer o importante papel que as mulleres desenvolven no mundo mar.

 

González Formoso felicitou as directivas da entidade por impulsar a creación da primeira entidade de carácter exclusivamente feminino que se forma no sector do mar na provincia da Coruña e comprometeu o apoio da Deputación para levar a cabo accións que contribúan a ese obxectivo de "promover a igualdade e facer visible ese importante papel que as mulleres desempeñaron historicamente e seguen a desempeñar hoxe en día na pesca ou no marisqueo".

Neste sentido, Formoso ofreceu a colaboración da Deputación para impulsar dende a área de Promoción Económica unha serie de charlas ou conferencias nas que diferentes especialistas poidan asesorar ás integrantes da entidade nos temas que lles afectan e interesan, tanto de aspectos laborais, fiscais ou pensións, como de cuestións especificamente relacionadas co seu cometido profesional.

baner denuncia sistemajudicialcorruptoO sistema xudicial é pouco confiable segundo a maioría dos españois. Esta malfunción débese, principalmente, á impunidade dos funcionarios (policías, fiscais e autoridades xudiciais) e dos profesionais privados: avogados, procuradores e os colexios profesionais de ambos.
Esta disfunción xudicial esnaquiza a vida de demasiadas vítimas e ANVIPED foi creada en 2014 para defenderlles e así acabar con esta impunidade da que deriva o seu mal funcionamento.
Debemos crear asociacións para defendernos da "violencia que exerce o Estado" (Foro Social Mundial, 2011) Os xuíces españois case nunca cumpren a lei, polo que só traballamos en casos que incumplan leis europeas (dereito comunitario) para levalos ao Tribunal de Xustiza Europeo...(+)   ¡¡¡ Únete a nos !!!


 


Otros articulos relacionados.....