Información
Galicia

Festa da Troita de Sigüeiro

Información
14 Mayo 2018 495 Votos

O pregón na Festa da Troita de Sigüeiro, no concello de Oroso, do deputado de Turismo, Xosé Regueira, converteuse na defensa dunha aposta decidida polo Camiño Inglés co anuncio de novas iniciativas como a potabilización das fontes, unha auditoría para detectar urxencias e melloras na seguridade viaria que se suman ao programa "Primavera no Camiño Inglés" que botou a andar a pasada semana.

A aposta decidida polo Camiño Inglés é a razón, segundo confesou o responsábel da área de Turismo da Deputación da Coruña, Xosé Regueira do convite por parte do alcalde Manuel Mirás a ser protagonista do pregón da Festa da Troita que se celebrou este domingo día 13 de maio en Sigüeiro e que aproveitou para dar noticia de importantes novidades para a mellora do histórico itinerario.

 

O deputado agradeceu tanto ao alcalde Manuel Mirás, Presidente da Asociación de Municipios do Camiño Inglés, como ao tamén deputado Antonio Leira o recoñecemento e o compromiso cun itinerario que, segundo sinalou, "debe ser un itinerario turístico e cultural que vai axudar a promocionar e a desenvolver todos os demais valores que posúen os 18 concellos que atravesa, e que son moitos, historia, cultura, tradicións, patrimonio, paisaxe, gastronomía...". Neste sentido, defendeu o Camiño como un dos motores de desenvolvemento económico e da creación de emprego do territorio no ámbito turístico, desde perspectivas de clara sustentabilidade, sen cometer os erros que se teñen contido noutros itinerarios e buscando aplicar as boas prácticas".

Aposta con varias liñas de traballo

Xosé Regueira explicou na súa intervención as distintas liñas en que a área de Turismo da Deputación da Coruña traballa para a promoción e mellora do Camiño Inglés e, de maneira especial, destacou a potabilización das fontes dos concellos do Camiño Inglés para que exista un punto de recollida de auga cada 6 km. E reducir desta maneira o consumo de botellas plásticas. A Deputación colabora para este obxectivo como parceira nun proxecto LIFE de potabilización do Concello de Abegondo.

A Deputación da Coruña iniciará tamén en breve, segundo sinalou Regueira, a execución de melloras na seguridade viaria no tramo do Camiño en Pontedeume e no perímetro do Polígono Industrial de Oroso e ten en fase de contratación unha auditoría para coñecer as necesidades de actuación máis urxentes no itinerario.

As novas medidas de mellora do itinerario súmanse ao programa "Primavera no Camiño Inglés" presentado o pasado fin de semana en Betanzos que levará teatro, danza, gastronomía, conferencias ou exposicións aos concellos do itinerario.

Anunciou tamén o deputado de Turismo a colaboración coa Asociación de Concellos do Camiño Inglés en canto estea formalizada como peza fundamental da Mesa de Coordinación do Camiño Inglés que se constituirá en breve. Tamén co obxectivo da promoción da ruta, lembrou que en poucos días o deputado e concelleiro de Oroso, Antonio Leira viaxará á cidade inglesa de Durham para tecer lazos de colaboración e potenciar o interese polo itinerario.

A troita, da literatura ao futuro

Mais o pregón transcorreu tamén polos camiños da literatura e Xosé Regueira percorreu algunhas das principias referencias á troita, desde Wenceslao Fernández Flórez até Álvaro Cunqueiro.

"Debemos tomar consciencia e coidar do medio ambiente, de protexer a nosa riqueza paisaxística e os nosos ecosistemas, debemos asegurar a supervivencia das especies, e da troita, para que esta festa sexa unha festa viva e con futuro centos de anos máis", dixo Regueira, para combater algún dos perigos que atacan á troita nunha xornada en que 38 establecementos de hostalería participaron activamente nun evento en que deporte, cultura, maxia, música e tradición forman parte dun programa que atrae á veciñanza e a visitantes que se achegan a Oroso a participar da festa.

Galicia: Por la dignidad de los medios públicos y privados "CORROMPIDOS" por el Partido Popular


 

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi