Información

32 agrupacións musicais asinan o Convenio de actuacións do Concello de Carballo para o ano 2016

Información
11 Mayo 2016 1477 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Coral Aires de Bergantiños

Coral Aires de Bergantiños

O Convenio de Actuacións Musicais do Concello de Carballo para o ano 2016 contará este exercicio coa colaboración de 32 agrupacións musicais do termo municipal das cales 14 pertencen a asociacións culturais, xuvenís ou de veciños. O acto de sinatura, previsto para o xoves 12 de maio ás 19.30 horas, contará coa presenza do Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero e dos distintos representantes das agrupacións musicais do municipio que se incribiron previamente nel. O Convenio ten por obxecto contribuír á promoción da música e do folclore que se desenvolve no noso Concello, difundir o labor que as agrupacións musicais de persoas afeccionadas realizan, así como colaborar coas diferentes entidades que ao longo do ano organizan diversos actos culturais en Carballo. 

O acto de sinatura do convenio terá lugar o xoves 12 de maio a partir das 19.30 horas no Pazo da Cultura

Con esta finalidade o Concello de Carballo establece este convenio específico de actuacións cos grupos musicais do municipio para que lles oferten as súas actuacións ás asociacións culturais, asociacións de veciños/as, comisións de festas ou outras entidades de carácter cultural ou social sen ánimo de lucro. As actuacións deben realizarse no termo municipal de Carballo e deberán ser públicas e gratuítas, e non poderán ser utilizadas en actos políticos, privados.

A maioría dos grupos son de música ou baile tradicional

Poderán solicitar actuacións das agrupacións asinantes deste Convenio as asociacións, comisións de festas ou outras entidades culturais e sociais sen ánimo de lucro que teñan o seu domicilio social en Carballo e que organicen e realicen actividades culturais que inclúan actuacións musicais. As entidades participantes clasificanse nas seguintes categorías:

  • Grupos de música e danza tradicional (mínimo 12 compoñentes) - [7 grupos]
  • Grupos de gaitas (mínimo 4 compoñentes) – [7 grupos]
  • Grupos de cantareiras/os (mínimo 4 compoñentes) – [5 grupos]
  • Masas corais (10-29 compoñentes) – [3 agrupacións]
  • Masas corais (a partir de 30 compoñentes) – [4 agrupacións]
  • Orquestras, conxuntos e bandas de música (mínimo 4 compoñentes) – [6 grupos]

O presuposto que se investirá neste Convenio Musical para o ano 2016 É de 21.850 euros, que se repartirán da seguinte maneira entre as distintas agrupacións por cada dúas actuacións realizadas:

  • Grupos de música e danza tradicional (mínimo de 12 compoñentes), 350€
  • Grupos de gaitas (mínimo de 4 compoñentes), 260€
  • Grupos de cantareiras (mínimo de 4 compoñentes), 260€
  • Masas corais (entre 10 e 29 compoñentes), 260€
  • Masas corais(a partir de 30 compoñentes), 425€
  • Orquestras, conxuntos e bandas de música (mínimo de 4 compoñentes), 350€

A solicitude de actuacións destas agrupación así como a xustificación da realización das mesmas están regulada no convenio a través dunhas disposicións que se darán a coñecer ás agrupacións participantes por escrito. O Concelleiro de Cultura, Marcos Trigo, que tamén asistirá ao acto de sinatura, será o encargado de explicarlles ás entidades o funcionamento do acordo.

 


Mar Sanchez Sierra, asesora personal de Feijóo aparece relacionada con turbios negocios relacionados con fallecidos y incendios forestales que califican ellos mismos de terrorismo incendiario

marsanchezsierra secretariademediosentramdopiramipdal 29 7 2018La asesora personal de Feijóo  monto o financió "una estructura de colaboración estable de fondos públicos con miembros del PP" familiares del brigadista fallecido en Fornelos de Montes que alcanza a un turbio negocio de los incendios forestales en la Xunta de Galicia y Rosa Quintana.

La Secretaria de Medios de la Xunta nombrada por Feijóo, Mar Sanchez Sierra alimenta un "entramado de empresas piramidal" de miembros del PPdeG con fondos públicos de la Xunta de Galicia bajo convenios y adjudicaciones a dedo con Adelaida Dominguez socia y administradora única de varias sociedades de una red de empresas para acceder a contrataciones públicas en la Xunta de Galicia y instituciones donde gobierna el PPdeG. En paralelo los fallecidos en Fornelos de Montes y incendios forestales dejan al descubierto un "negocio de fondos públcios" de inmensas y gigantescas proporciones, donde lo único que cuenta es el dinero público a manos llenas a través de fundaciones, Cetal, Seaga, Fremss, venta de helicópteros, campañas a medios de comuniación de prevención de incendios, manipulación informativa..Brigas Aerotransportadas, etc ....(+).

2. La asesora de Feijoo María del Mar Sanchez financia la venta de ropa laboral y calzado, ropa de policía, cursos de policía, páginas web a gobiernos del PPdeG ...
3. La administradora de varias empresas y convenios con la asesora de Feijóo, Mar Sanchez Sierra solicitó viviendas de protección oficial en varios puntos de Pontevedra. ...
4. Una asesora de Feijóo facturó irregularmente más de 400.000 euros  ... 5. https://www.google.es/search?q=corrupción+informativa+xunta+galicia....(+)

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi