Información
Galicia

O Xulgado de Instrución nº1 de Ribeira acordou incoar o procedemento que se segue pola desaparición e morte de Diana Quer como Tribunal do Xurado.

Información
02 Mayo 2018 1225 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Indícase no auto que “das dilixencias de instrución practicadas, sen prexuízo da ulterior cualificación polas partes, despréndese que o feitos obxecto de investigación nas presentes actuacións resultarían constitutivos de delitos de homicidio ou asasinato, detención ilegal e contra a liberdade sexual, existindo motivos suficientes para a súa imputación a J.E.A. G., sen que do actuado se desprenda a existencia de indicios da comisión doutros ilícitos nin da participación nos mesmos doutras persoas.

Considerando que o axuizamento do feitos obxecto da causa vén atribuído ao Tribunal do Xurado, é polo que, de conformidade co disposto no artigo 309 bis da Lei de Axuizamento Criminal e o art. 24 da Lei Orgánica do Tribunal do Xurado, procede incoar o procedemento previsto nesta última Lei reguladora”.


Sostén o maxistrado instrutor da causa que “debe terse en conta que, conforme ao disposto no artigo 1.2º a) da L.O. 5/1995 do Tribunal do Xurado, este resulta competente para o coñecemento e fallo das causas polos delitos de homicidio tipificados nos artigos 138 a 140 do Código penal, considerándose que o resto de ilícitos investigados, presuntamente constitutivos de delitos de detención ilegal e contra a liberdade sexual, aínda non sendo daqueles sobre os que o Tribunal do Xurado goza de competencia exclusiva, resultan conexos a aquel determinante da competencia”.


O instrutor acordou tamén que se convoque ao imputado para celebrar a comparecencia prevista no artigo 25 da Lei do Xurado, comparecencia que se celebrará o 4 de maio ás 12 horas.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

FranquiAtlántico, el Salón de franquicias de referencia en el...

- Trátase da 4ª edición desta carreira de aventuras por equipos...

A secretaría das Mulleres da CIG presentou esta mañá, en...

Destacado Campionato de Galicia de lanzamentos longos Sub16/18/20...