Información

O derbi coruñés de Terceira entre Fabril e Silva xógase o domingo ás 12.00 en Abegondo

Información
XornalGalicia 07 Abril 2016 1797 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O derbi coruñés de Terceira División disputarase este domingo 10 de abril ás 12.00 en Abegondo. Como é habitual, os socios teñen libre acceso á cidade deportiva. Para o público sénior, a entrada custa 10 euros. Os fabrilistas queren consolidar a cuarta praza e apertar o Choco, terceiro agora mesmo. Pola súa parte, o Silva áchase en posicións tranquilas da clasificación e preséntase na cidade deportiva co obxectivo practicamente cumprido. En canto ao resto de categorías, Xuvenil B e Cadete B aspiran a dar un paso definitivo na súa loita polo título da Liga Nacional e Liga Galega. Visitan o Colegio Hogar de Vigo e o Calasanz respectivamente. Esta semana, o Benxamín B, ao que lle resta unha vitoria para gañar a liga no seu grupo da Segunda Comarcal, ten descanso.

O calendario de partidos é o seguinte:

Terceira División
 
FABRIL - SILVA, o domingo 10 de abril ás 12.00 en Abegondo
Clasificación: ... 3. Choco, 55 puntos; 4. Fabril, 52 puntos; 5. Rápido de Bouzas, 49 puntos...
 
Categoría Xuvenil
 
XUVENIL A - OURENSE, o sábado 9 de abril ás 17.00 en Abegondo (campo 1)
Clasificación da División de Honra: ... 3. Sporting de Gijón, 60 puntos; 4. Celta, 54 puntos; 5. Xuvenil A, 52 puntos; 6. Lugo, 51 puntos...
 
COLEGIO HOGAR - XUVENIL B, o sábado 9 de abril ás 17.00 no campo do Colegio Hogar
Clasificación da Liga Nacional: 1. Xuvenil B, 63 puntos; 2. Santiago de Compostela C (un partido menos) e Areosa (un partido menos), 51 puntos; 4. Celta B, 50 puntos...
 
Categoría Cadete
 
SANTA MARIÑA - CADETE A, o domingo 10 de abril ás 12.00 en Cotogrande (Vigo)
Clasificación da División de Honra: 1. Celta, 82 puntos; 2. Cadete A, 68 puntos; 3. Bertamiráns, 55 puntos...
 
CALASANZ - CADETE B, o domingo 10 de abril ás 10.00 na Grela 1
Clasificación da Liga Galega, grupo 1º: 1. Cadete B, 73 puntos; 2. Ural, 65 puntos...
 
Categoría Infantil
 
INFANTIL A - BERGANTIÑOS, o sábado 9 de abril ás 11.00 en Abegondo (campo 7)
Clasificación da Liga Galega, grupo 1º: 1. Lugo, 63 puntos; 2. Xuventude de Oroso (un partido menos) e Infantil A, 60 puntos; 4. Santiago de Compostela, 54 puntos...
 
URAL B - INFANTIL B, o sábado 9 de abril ás 12.00 en Meicende (pequeno)
Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Infantil B (xa campión), 76 puntos; 2. San Tirso, 56 puntos...
 
Categoría Alevín
 
RACING DE FERROL - ALEVÍN A, o domingo 10 de abril ás 12.00 no campo de Aneiros (Ferrol)
Clasificación do Trofeo Conservas Calvo de fútbol once, grupo 1º: 1. Alevín A, 22 puntos; 2. Victoria, 20 puntos; 3. Ural A, 17 puntos...
 
ORZÁN A - ALEVÍN B, o sábado 9 de abril ás 11.00 na Torre (nº 2)
Clasificación da Segunda Fase da Segunda Comarcal, grupo 1º: 1 Alevín B (un partido menos), 30 puntos; 2. Victoria D, 25 puntos; 3. Obradoiro, 22 puntos...
 
Categoría Benxamín
 
ATLÉTICO ARTEIXO A - BENXAMÍN A, o sábado 9 de abril ás 11.00 no Municipal de Ponte dos Brozos (Arteixo)
Clasificación da Primeira Comarcal, grupo A Coruña - As Mariñas: 1. Benxamín A (xa campión), 61 puntos; 2. Ural A, 52 puntos...
 
Clasificación da Segunda Comarcal, grupo A Coruña - As Mariñas: 1. Benxamín B, 61 puntos; 2. Imperátor C (un partido menos), 50 puntos...

Celta B pón a sexta en Abegondo (1-3)

O Celta B encadeou a súa sexta vitoria consecutiva este domingo en Abegondo e, a falta de pecharse...

El Deportivo de Escotet el Venzolano se queda a un paso del título y de la Fase de Ascenso

    El Deportivo  hizo los deberes en la última jornada de liga en el grupo 1º de Se...

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..
Otros articulos relacionados.....