Información
Galicia

A cidadanía toma a palabra no deseño da Infraestrutura Verde da Área da Coruña

Información
18 Abril 2018 871 votos
Evencio Ferrero e Luis Lamas asistiron á presentación do proxecto da Infraestrutura Verde

Evencio Ferrero e Luis Lamas asistiron á presentación do proxecto da Infraestrutura Verde

O proxecto de deseño da Infraestrutura Verde da Área da Coruña, no que colaboran a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a Fundación Juana de Vega, o Instituto Tecnolóxico de Galicia e a Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos, busca unha ordenación integral do territorio desde o punto de vista ambiental na que se definirá unha rede de zonas naturais e seminaturais deseñada e xestionada para protexer a biodiversidade e proporcionar servizos ecosistémicos.

 

Esta estratexia, que vén de ser presentada nunha xuntanza á que asistiron o alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Obras e Servizos, Luis Lamas, marcará o desenvolvemento das accións de futuro en conservación e promoción das áreas de interese ambiental, ocio de natureza e xestión dos recursos propios da área da Coruña. A definición destes espazos ambientalmente estratéxicos servirá de base para a concreción de actuacións como corredores ecolóxicos en canles fluviais, prácticas agroecolóxicas en zonas agrícolas, ecoaldeas, proxectos de mellora paisaxística e ambiental, melloras na xestión da auga, creación de bosques en ámbitos degradados, planificación de zonas de inundación, espazos verdes urbanos eficientes no uso de recursos e con funcións ecolóxicas, entre outras. Pódese consultar máis información na páxina web www.infraestruturaverdecoruna.gal ou no tríptico divulgativo que pode descargarse ao final desta nova.

Buscando integrar as ideas e propostas da poboación nesta estratexia están a desenvolverse obradoiros de participación pública polos diferentes concellos do ámbito da iniciativa, entre os cales figura o de Carballo xunto a outros da comarca de Bergantiños. Estes talleres, que complementarán ás entrevistas que se están a levar a cabo aos alcaldes e responsables dos gobernos municipais, estarán abertos a todas as persoas interesadas, e axudarán a realizar unha diagnose da situación actual da área e a recoller proposicións e opinións, ademais de informar e fomentar a implicación e interese pola iniciativa entre a poboación.

No noso caso haberá un obradoiro conxunto para Carballo e A Laracha que se celebrará o vindeiro 26 de abril, ás 18.30 horas, no Fórum Carballo. O programa é o seguinte:

  • 18:30 - 18:40 h. Presentación obradoiro
  • 18:40 - 18:45 h. Visualización do vídeo de difusión da Infraestrutura Verde de Galicia
  • 18:45 - 19:00 h. Charla divulgativa centrada na situación actual e os obxectivos, na que se abordarán os seguintes temas:
  1. Problemas do medio ambiente e a súa importancia na actualidade.
  2. Que é unha infraestrutura verde?
  3. Obxectivos da Infraestrutura Verde da área da Coruña
  • 19:00 – 19:15 h. Cuestionario caracterización asistentes
  • 19:15 – 20:00 h. Traballo en grupo de identificación de núcleos e corredores verdes sobre plano de cada concello. Debate.


Esta iniciativa de participación aberta a toda a sociedade pode resultar de especial interese para todo tipo de axentes: agricultores/as e propietarios/as forestais, comerciantes, traballadores/as da construción, industria e servizos; mozos/as, xubilados/as, persoas dedicadas ás labores do fogar, responsables políticos/as, entidades sociais, etc...

baner denuncia sistemajudicialcorruptoO sistema xudicial é pouco confiable segundo a maioría dos españois. Esta malfunción débese, principalmente, á impunidade dos funcionarios (policías, fiscais e autoridades xudiciais) e dos profesionais privados: avogados, procuradores e os colexios profesionais de ambos.
Esta disfunción xudicial esnaquiza a vida de demasiadas vítimas e ANVIPED foi creada en 2014 para defenderlles e así acabar con esta impunidade da que deriva o seu mal funcionamento.
Debemos crear asociacións para defendernos da "violencia que exerce o Estado" (Foro Social Mundial, 2011) Os xuíces españois case nunca cumpren a lei, polo que só traballamos en casos que incumplan leis europeas (dereito comunitario) para levalos ao Tribunal de Xustiza Europeo...(+)   ¡¡¡ Únete a nos !!!


 


Otros articulos relacionados.....