Información

Explican aos veciños e comerciantes de Val do Dubra o novo proxecto de mellora da travesía de Bembibre

Información
XornalGalicia 14 Abril 2018 98 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O presidente da Deputación da Coruña, desprazouse hoxe ata o Concello de Val do Dubra para reunirse cos veciños e comerciantes da travesía de Bembibre, no centro urbán da localidade, onde o servizo provincial de Vías e Obras ten previsto acometer un proxecto de mellora da seguridade viaria e humanización, cun investimento previsto de 413.173,19 euros.

 

Acompañado do alcalde da localidade, Antonio Negreira, dos membros da corporación local e de técnicos do servizo de Vías e Obras da Deputación e da empresa encargada da redacción do proxecto, González Formoso comezou explicando que a reunión celebrouse a petición súa, tras coñecer que houbo centos de alegacións veciñais ao proxecto orixinal encargado polo Concello, que foi despois reformado para incluir un maior número de prazas de aparcamento, unha das principais demandas dos veciños e dos comerciantes locais.

"Quixen estar hoxe aquí para coñecer de primeira man as impresións dos veciños e para explicar a nosa forma de traballar: non imos facer nada que a cidadanía non queira. Adecentaremos o espazo da mellor maneira posible, pero de acordo cos veciños. Aquí a Deputación o que fai é pagar as obras, non deseñar nin decidir", afirmou o presidente González Formoso, que sostivo que se trata "dun investimento moi importante" nunha rede provincial de estradas que conta con máis de 2.200 quilómetros.

Neste sentido, González Formoso afirmou que "se hai que investir un pouco máis farémolo e se chega con investir menos, tamén" e defendeu que, "ademáis de escoitar as impresións veciñais, o obxecto da reunión de hoxe é explicar polo miúdo aos veciños, aos que agradezo a súa presenza, os detalles do novo proxecto, para o cal nos acompañan os técnicos".

Pola súa banda, o alcalde da localidade, Antonio Negreira, agradeceu "a sensibilidade" e "a valentía" do presidente "nun tema moi importante para o noso Concello, que ía no noso programa electoral e que, polo tanto, era coñecido polos veciños".

O rexedor lembrou que o goberno municipal observou as numerosas alegacións presentadas ao proxecto orixinal de reforma da travesía, que incluía a supresión dun número importante de prazas de aparcamento, e que se encargou un novo proxecto, que inclúe novas zonas de estacionamento e carga e descarga na travesía principal da localidade.

"O proxecto pódese mellorar, pero en conxunto o beneficio da obra para este concello é importante", sostivo o alcalde de Val do Dubra, que garantiu que a redución de prazas para aparcar será mínima e que se habilitarán novos espazos de estacionamento a uns tres minutos da travesía principal.

Os técnicos explicaron os detalles no proxecto que inclúe a construción dunha rotonda na entrada á localidade dende Carballo- que rexistra ademais un importante volume de tráfico pesado- que obrigará a reducir a velocidade do tráfico. Asimesmo, contémplase a mellora da visibilidade nos cruces, eliminando os estacionamentos nas zonas de intersección, a habilitación de máis espazo peonil, coa dotación de beirarrúas máis anchas e novos pasos de peóns e unha mellora da iluminación.

Segundo explicou o técnico redactor do proxecto, éste engade "todas as prazas de estacionamento posibles en liña", eliminando só aquelas que poidan representar un risco para a seguridade, como as adxacentes aos pasos de peóns, nunha zona onde se rexistraron varios atropelos.

O servizo de Vías e Obras da Deputación, unha vez resoltas as alegacións, tramitará o novo proxecto modificado a través do Plan de Travesías, coa necesidade implícita de aprobación do proxecto por parte do pleno do Concello de Val do Dubra.

Celta B pón a sexta en Abegondo (1-3)

O Celta B encadeou a súa sexta vitoria consecutiva este domingo en Abegondo e, a falta de pecharse...

El Deportivo de Escotet el Venzolano se queda a un paso del título y de la Fase de Ascenso

    El Deportivo  hizo los deberes en la última jornada de liga en el grupo 1º de Se...

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..
Otros articulos relacionados.....