Información
Galicia

Levan ao Parlamento a denuncia da actriz Iria Pinheiro por acoso na CRTVG

Información
27 Marzo 2018 524 Votos

Despois da comparecencia do director da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo para informar sobre o presunto acoso a  actriz Iría Pinheiro por parte do director dun programa, a parlamentaria nacionalista, Olalla Rodil manifestou a solidariedade do BNG coa afectada e preguntou se  os feitos están sendo investigados.

 

A parlamentaria  reclamou “desenvolver un  protocolo de prevención e actuación fronte ao acoso sexual ou por razón de sexo”.

Na súa intervención, Rodil aplaudiu a valentía da actriz por ter denunciado e rachar co silencio da violencia machista e o acoso sexual e apelou  á propia Lei de Igualdade para volver a reclamar a posta en marcha dun protocolo contra o acoso.

Por outra parte a nacionalista tamén  preguntou, se ao longo destes anos a CRTVG ten coñecemento de feitos semellantes.

“Decisións como a que tomou Iria Pinheiro son actos valentes de denuncia, que teñen un elevadísimo custe persoal e profesional para quen os dá, pero que nos fan avanzar colectivamente” contra as agresións,  remarcou.

Para erradicar a violencia machista hai que enfrontarse a ela, e partindo sempre da “presunción de inocencia”, o acontecido coa actriz Iría Pinheiro debe ser motivo suficiente para denunciar  unha conduta con “observacións suxerentes, bromas ou comentarios sobre a aparencia ou condición sexual dunha traballadora, o contacto físico deliberado e non solicitado, ou o acercamento físico excesivo ou innecesario. Invitacións impúdicas ou comprometedoras e , ou a petición de favores sexuais. “Condutas que, en definitiva, non son recíprocas nin foron libremente expresadas porque non son desexadas pola persoa que é obxecto delas”, apostilou.

Vostedes decidiron afastar cautelarmente á persoa denunciada de “calquera produción relacionada coa CRTVG mentres non se esclarecen os feitos” e cremos que esta  decisión é  correcta por parte  CRTVG  pero non suficiente.

A parlamentaria explicou que na actualidade  só dous medios públicos  contan con protocolos de prevención e actuación fronte ao acoso: Canal Estremadura e a EiTB, neste último caso inserido no marco do Plan de Igualdade de oportunidades entre mulleres e homes que aproba a entidade cada 3 anos. Polo contrario, despois de revisar a web da Corporación da RTVG non  atopamos ningún protocolo sobre este aspecto. Non estamos a reclamar  nada estraño xa que é, afirmou, “unha ferramenta prevista na Lei de Igualdade de 2004”.

A Corporación, engadiu a nacionalista,  non pode considerar o acontecido, nin futuros casos que se poidan dar, como algo alleo á súa responsabilidade social polo feito de se producir en terceiras empresas. Toda vez que o groso da programación da TVG é produción mixta ou externa.

“A Corporación debe garantir  respecto aos dereitos laborais e  entorno  de traballo libre de calquera forma de violencia en todos os espazos de traballo, concluíu Rodil. Pola súa parte, Sánchez Izquierdo  anunciou que a corporación.

n está a traballar nun borrador de protocolo   de prevención e actuación fronte ao acoso sexual na CRTVG que con toda probabilidade terá a súa aplicación no prazo dun mes.

 


Mar Sanchez Sierra, asesora personal de Feijóo aparece relacionada con turbios negocios relacionados con fallecidos y incendios forestales que califican ellos mismos de terrorismo incendiario

marsanchezsierra secretariademediosentramdopiramipdal 29 7 2018La asesora personal de Feijóo  monto o financió "una estructura de colaboración estable de fondos públicos con miembros del PP" familiares del brigadista fallecido en Fornelos de Montes que alcanza a un turbio negocio de los incendios forestales en la Xunta de Galicia y Rosa Quintana.

Xornal Galicia presenta denuncia en la Comisaría de Policía contra María del Mar Sánchez Sierra “Secretaria de Medios y Asesora de Feijóo” por el uso de fondos públicos para financiar plagios y derechos intelectuales de medios de comunicación. (+)

La Secretaria de Medios de la Xunta nombrada por Feijóo, Mar Sanchez Sierra alimenta un "entramado de empresas piramidal" de miembros del PPdeG con fondos públicos de la Xunta de Galicia bajo convenios y adjudicaciones a dedo con Adelaida Dominguez socia y administradora única de varias sociedades de una red de empresas para acceder a contrataciones públicas en la Xunta de Galicia y instituciones donde gobierna el PPdeG. En paralelo los fallecidos en Fornelos de Montes y incendios forestales dejan al descubierto un "negocio de fondos públcios" de inmensas y gigantescas proporciones, donde lo único que cuenta es el dinero público a manos llenas a través de fundaciones, Cetal, Seaga, Fremss, venta de helicópteros, campañas a medios de comuniación de prevención de incendios, manipulación informativa..Brigas Aerotransportadas, etc ....(+).

2. La asesora de Feijoo María del Mar Sanchez financia la venta de ropa laboral y calzado, ropa de policía, cursos de policía, páginas web a gobiernos del PPdeG ...
3. La administradora de varias empresas y convenios con la asesora de Feijóo, Mar Sanchez Sierra solicitó viviendas de protección oficial en varios puntos de Pontevedra. ...
4. Una asesora de Feijóo facturó irregularmente más de 400.000 euros  ... 5. https://www.google.es/search?q=corrupción+informativa+xunta+galicia....(+)

Galicia: Por la dignidad de los medios públicos y privados "CORROMPIDOS" por el Partido Popular


 

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi