Información
Galicia

Ana Pontón destaca o traballo levado a cabo polo goberno do BNG en Toques a favor da veciñanza

Información
13 Marzo 2018 683 votos

Visita ao concello de Toques Visita ao concello de Toques A portavoz nacional, Ana Pontón, realizou unha visita institucional ao Concello de Toques onde puxo en valor o traballo levado a cabo polo goberno local liderado por Xosé A. Penas que, salientou, “marcan un antes e un despois” no  municipio.

“Tras estes dous anos e medio de goberno do BNG, estamos ante un novo concello,  de portas abertas, transparente, que levou a cabo unha boa xestión dos recursos públicos o que permitiu financiar proxectos para darlle futuro a Toques”

, salientou a dirixente do Bloque quen, xunto co  deputado pola Coruña, Xosé Luís Rivas, coñeceu de primeira man as principais actuacións impulsadas pola formación nacionalista desde o goberno municipal.

Pontón subliño o traballo “extraordinario” de Penas “quen demostrou cada día a súa implicación para dar unha mellor calidade de vida á veciñanza, e demostrou tamén  a capacidade de xestión e de transformación do Bloque nos concellos, que se preocupa por dar servizos e modernizar infraestruturas e equipamentos, que saca adiante obras que levaban anos esperando”, indicou Pontón.

De entre as distintas actuacións, a dirixente do Bloque salientou a dotación dun patio cuberto no centro escolar da vila, “unha obra que pode parecer pequena pero que é moi importante porque detrás dese patio cuberto hai moitos nenos e nenas que durante o inverno poden saír xogar sen mollarse, e sen estar encerrados, nin amoreados. Dar resposta a este tipo de cuestións é o que da sentido ao traballo político”, alegou.

DSC_0232O BNG ten proxectos de futuro para Toques, “e a equipa municipal vai seguir traballando dándolle para adiante aos proxectos que están sen finalizar, sempre con vocación de servizo público e de defensa dos intereses deste concello, demostrado o seu dinamismo con novas ideas. Detrás desas ideas están persoas como Angel e o resto de compañeiros e compañeiras do Bloque neste municipio”.

Pola súa parte, Penas valorou o feito de que o BNG “logrou un goberno de consenso político, a mellora da xestión e a eficiencia dos recursos, -tanto reducindo costes como amortizando débeda con provedores e entidades bancarias-, o que nos permitiu máis recursos para destinar a servizos socias e culturais e para mellorar as infraestruturas, a través de convenios con outras administracións, proxectos que ningún outro goberno lograra poñer en marcha”, explicou Penas.

Entre os logros da xestión do Goberno en Toques, o BNG salienta a redución da débeda municipal e o saneamento da contas públicas, o que permitiu reorientar os recursos do concello cara a programas de utilidade para a veciñanza.

Igualmente, fíxose unha aposta pola posta en valor do patrimonio cultural, material e inmaterial do municipio, por potenciar as actividades económicas do medio rural, -por exemplo coa celebración da Primeira Feira de Exaltación de Produtos Típicos da Zona-, reforma de camiños e vías de acceso, plans de eficiencia enerxética nas parroquias, entre outras actuacións.

baner denuncia sistemajudicialcorruptoO sistema xudicial é pouco confiable segundo a maioría dos españois. Esta malfunción débese, principalmente, á impunidade dos funcionarios (policías, fiscais e autoridades xudiciais) e dos profesionais privados: avogados, procuradores e os colexios profesionais de ambos.
Esta disfunción xudicial esnaquiza a vida de demasiadas vítimas e ANVIPED foi creada en 2014 para defenderlles e así acabar con esta impunidade da que deriva o seu mal funcionamento.
Debemos crear asociacións para defendernos da "violencia que exerce o Estado" (Foro Social Mundial, 2011) Os xuíces españois case nunca cumpren a lei, polo que só traballamos en casos que incumplan leis europeas (dereito comunitario) para levalos ao Tribunal de Xustiza Europeo...(+)   ¡¡¡ Únete a nos !!!


 


Otros articulos relacionados.....