Información
Galicia

CCOO e UGT congratúlanse do «éxito» da folga e da participación «masiva» nas mobilizacións contra as políticas de Feijóo

Información
11 Marzo 2018 3200 votos

O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia e UGT-Galicia congratúlanse do «éxito» da folga convocada hoxe polo sindicalismo de clase. O seguimento dos paros de dúas horas foi masivo, especialmente en grandes empresas e administracións públicas.

Polo de agora, non houbo incidentes salientables nin no paro que da madrugada (entre as 00:00 e as 02:00), nin tampouco ao mediodía (das 12:00 ás 14:00). As secretarias da muller de UGT e CCOO, Mónica Rodríguez e Mamen Sabio, respectivamente, piden que a participación tamén sexa «masiva» na derradeira quenda da folga (entre as 19:30 e as 21:30), así como nas manifestacións convocadas polo movemento feminista galego para este serán.

CCOO e UGT salientan o carácter «histórico» da folga de hoxe

CCOO e UGT salientan o carácter «histórico» da folga de hoxe

Para CCOO e UGT, o «apoio maioritario» da sociedade galega a esta convocatoria é «a proba» de que as reivindicacións do sindicalismo de clase, compartidas polo movemento feminista, «son tamén maioritarias entre os galegos e as galegas»: cómpre «denunciar e desterrar» a brecha salarial, a precariedade laboral das mulleres e o acoso e a violencia de xénero.

Sabio e Rodríguez coidan que a data de hoxe é «histórica» e marcará «un antes e un despois» na loita pola igualdade. O apoio á folga amosa «o total rexeitamento» da sociedade galega á situación que padecen as mulleres do noso país. «As reformas laborais impostas, os recortes e as medidas de austeridade non fixeron máis que incidir nas desigualdades», denuncian as dirixentes sindicais.

Contra o «teito de cristal»

As secretarias da Muller de CCOO e UGT denuncian a «discriminación laboral e salarial» das traballadoras galegas: a igual formación, os homes acadan maiores taxas de ocupación en todos os niveis formativos. Ademais, a brecha salarial é de 22 puntos, polo que as mulleres galegas terían que traballar 71 días máis ao ano para percibiren o mesmo salario que os homes nun ano. Tamén critican a existencia dun «teito de cristal» que é a causa de que só o 2,3 % da poboación ocupada feminina estea en postos de dirección ou xerencia.

A «praga» da violencia machista e do acoso

Ademais da situación laboral, as mulleres son vítimas doutra das grandes «pragas» da sociedade actual, a violencia machista. No 2017, foron asasinadas 49 mulleres e 8 nenos e nenas. O recente Pacto de Estado contra a violencia demóstrase insuficiente e case non recolle medidas de carácter laboral, que son «fundamentais» —en opinión dos sindicatos— para que as mulleres poidan saír dunha situación de violencia de xénero.

Rodríguez e Sabio lembran tamén a situación de acoso sexual nos centros de traballo. Aínda que a lei protexe contra estas situacións, «as denuncias son poucas polas dificultades probatorias ou polos medos a perder o emprego», lamentan.

MANIFESTACIÓNS DO MOVEMENTO FEMINISTA, APOIADAS POR CCOO E UGT
— A Coruña: ás 19 h desde o Obelisco
— Ferrol: ás 20 h desde o edificio da Xunta
— Santiago de Compostela: ás 20 h desde a praza 8 de Marzo
— Lugo: ás 20 h desde o Multiusos da Xunta
— Ourense: ás 20 h desde a Subdelegación do Goberno
— Vigo: ás 20 h desde a praza de Portugal
En diferentes vilas e localidades haberá outras concentracións, que contan co apoio de CCOO e UGT.

baner denuncia sistemajudicialcorruptoO sistema xudicial é pouco confiable segundo a maioría dos españois. Esta malfunción débese, principalmente, á impunidade dos funcionarios (policías, fiscais e autoridades xudiciais) e dos profesionais privados: avogados, procuradores e os colexios profesionais de ambos.
Esta disfunción xudicial esnaquiza a vida de demasiadas vítimas e ANVIPED foi creada en 2014 para defenderlles e así acabar con esta impunidade da que deriva o seu mal funcionamento.
Debemos crear asociacións para defendernos da "violencia que exerce o Estado" (Foro Social Mundial, 2011) Os xuíces españois case nunca cumpren a lei, polo que só traballamos en casos que incumplan leis europeas (dereito comunitario) para levalos ao Tribunal de Xustiza Europeo...(+)   ¡¡¡ Únete a nos !!!


 


Otros articulos relacionados.....