Información

10.000 árbores autóctonas en Froxán “a un click”

Información
XornalGalicia 10 Marzo 2018 347 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Screenshot at 2018-03-09 10:53:07

Vota polo bosque de Froxán!

A Comunidade de Monte Veciñal de Froxán (Lousame), membro de Cousa de Raíces, pretende substituír 20 hectáreas de eucaliptos por 10.000 árbores frondosas autóctonas. Esta iniciativa opta ao galardón que outorga a European Outdoor Conservation Association para poñer en valor iniciativas de conservación da Natureza. O proxecto xa é un dos 14 pre-seleccionados dentre 150 en todo o mundo! E é a primeira vez que un proxecto galego opta a este galardón, que permitiría dotar este proxecto ambiental con 30.000 euros. Ti podes axudar  a Comunidade de Monte Veciñal de Froxán a conseguir este obxectivo.

Entra en http://bit.do/froxan e escolle o proxecto “10,000 native trees for Froxán Community”. Non precisarás rexistrarte, só votar! Precisamos o teu voto antes do día 23 de marzo.

  • O proxecto de conservación foi preseleccionado de entre 150 de todo o mundo para competir con outros 13 nunha votación pública global que finalizará o 23 de marzo

  • Calquera persoa pode votar polo proxecto neste link bit.do/froxan

  • A European Outdoor Conservation Association financiará con ata 30.000 euros o proxecto ambiental máis votado

Desde a media noite do 9 de marzo está aberta a plataforma de votación da European Outdoor Conservation Association na que o público de todo o mundo escollerá cal dos 14 proxectos de conservación poderá acceder aos 30.000 euros de financiamento para accións ambientais que ofrece a entidade. Os 14 proxectos foron escollidos nunha primeira fase de entre as 150 candidaturas iniciais, estando entre os seleccionados o Monte Veciñal de Froxán, en Lousame, que pretende plantar 10.000 árbores frondosas autóctonas e restaurar un hábitat prioritario de turbeira, gañándolle 20 hectáreas ás especies exóticas invasoras.

Calquera persoa pode colaborar para facer realidade o proxecto co seu voto a través da páxina da entidade (http://bit.do/froxan), e ata o día 23 de marzo, día no que pechan as votacións. Desde a Sociedade Histórica e Cultural Coluna Sanfins, promotora da iniciativa xunto co Monte Veciñal de Froxán, destacan que “ter chegado a este punto é un gran logro de por si, e ademais pon en destaque todo o traballo feito durante os últimos meses e anos”. En 2017 Froxán convertiuse na primeira Área Conservada por Comunidades Locais e Pobos Indíxenas (ICCA) recoñecida polas Nacións Unidas no Estado e en febreiro foi unha das galardoadas por ADEGA co Premio Osíxeno á mellor actuación ambiental.

O proxecto proposto supón, de feito, a continuación da intensa actividade que se vén realizando no monte de Froxán, onde nos dous últimos meses se plantaron case 3.000 árbores frondosas autóctonas, en substitución de eucalipto e acacia, grazas ás achegas de 370 “madriñas” que apoiaron unha campaña de micromecenado e de máis de 200 voluntarias que participaron nas plantacións. O proxecto que agora foi seleccionado para participar na votación internacional pretende ampliar ata as 20 hectáreas a superficie de actuación e ademais restaurar un hábitat natural prioritario.

O resultado da votación, na que participan candidaturas de Chile, Perú, Colombia, Honduras, Camboia, Borneo, Benín, Sudáfrica, Mozambique, Bosnia, Grecia e Reino Unido, daráse a coñecer ao final de abril e, no caso de que a candidatura de Froxán resulte gañadora, os traballos iniciaranse este mesmo verán continuando durante os dous próximos anos. Desde as entidades promotoras agradécese a colaboración de toda a xente que se anime a votar e a compartir a campaña coas súas amizades e redes.

Link curto da páxina de votación: http://bit.do/froxan

Link orixinal: http://www.outdoorconservation.eu/project-voting-category.cfm?catid=1

Información para contacto: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

Teléfonos: 652960423 (Lucia); 622312831 (Joám)

Máis información sobre os proxectos da Comunidade de Froxán:

https://www.kukumiku.com/proyectos/amadrina-bosque-autoctono/

http://www.iccaregistry.org/en/explore/Spain/Froxan-Common-Woodlands

https://www.rewildingeurope.com/project/froxan-commons/

http://biodiversidade.eu/espazo/monte-vizinhal-de-frojam/

Agradécese que difundades esta iniciativa entre as vosas redes e contactos para conseguir entre todas/os o maior número de votos. Grazas!
Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi