Información

Embora necesária e inaprazável a adopción desta medida por parte do Director Xeral da CRTVG

Información
XornalGalicia 10 Marzo 2018 320 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Ante a notícia de cesamiento do director de Con amor e compañía" por parte do Director Xeral da CRTVG, a CIG quer manifestar o seguinte:

Embora necesária e inaprazável a adopción desta medida por parte do Director Xeral da CRTVG, en opinión da CIG Sánchez Izquierdo non ten dereito a resolver un caso de asédio tan grave como este desde a equidistância, recorrendo como escusa á “presunción de inocéncia”, que é unha figura xurídica que deben dirimir os tribunais, e para casos nos que ademais se contempla a inversión da carga da proba.

 

Pensamos que Sánchez Izquierdo debería estar mais preocupado de não se repetir estes feitos no futuro do que defender a presunción de inocência do acosador. Que pasou para a CRTVG non ter conhecimento desta situación de acoso mantida durante tres meses e comunicada por Iria Pinheiro á produtora xefe e ao presentador para tentar que as cousas mudasen? Onde é que estabam as productoras delegadas da CRTVG? Num modelo de produción compartillada (metade própria, metade externa) son necesárias producións delegadas reais e efectivas que velen pola legalidade e os princípios inspiradores da actuación da radiotelevisão pública, tudo isto tendo de ficar perfeitamente refletido no contrato de produción.

Por outra parte, ante unha situación de acoso laboral que acaba coa perda do posto de traballo por parte da agredida, sexa porque esta decida ir-se ante unha situación de asedio insoportábel, sexa porque a despiden, como é que a CRTVG vai garantir que se lle respeiten e restituan os dereitos laborais a Iria Pinehiro?

O Director Xeral da CRTVG debería preocupar-se por responder todas estas perguntas canto antes.

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi