Información

O mais grande de Galiza está até a cona Ana Pontón: "Este 8 de marzo as mulleres fixemos historia"

Información
XornalGalicia 10 Marzo 2018 283 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

“Unha xornada histórica e emocionante para as mulleres e para todas as persoas que creen e loitan pola igualdade real”, así definiu a portavoz nacional, Ana Pontón, a xornada de folga e mobilizacións que protagonizaron as mulleres con motivo da celebración do 8M.

 

“Fixemos historia” proclamou Pontón, en relación a multitude de mulleres que pararon e tomaron as rúas en toda Galiza para reclamar igualdade real no Día internacional da muller, “unha xornada exitosa e emotiva que debe servir para que a loita contra a discriminación e a violencia contra as mulleres sexa unha prioridade da axenda política, que debe servir para que os gobernos abandonen o seu pasotismo e convertan a igualdade nunha prioridade”.

Pontón fixo estas declaracións durante unha visita ao Campus universitario de Ourense, e lembrou  “o traballo previo das nosas avoas e das nosas nais”, ao tempo que animou ás mulleres “a seguir abrindo espazos de igualdade”. A dirixente do Bloque parabenizou a todas as mulleres que pararon, que se mobilizaron e que saíron á rúa e tamén fixo un recoñecemento aos homes que amosaron un seu apoio á folga, “que apostaron por dar un paso atrás para que e o protagonismo fose das mulleres nunha día no que fixemos historia”, recalcou.

A portavoz nacional salientou as propostas do BNG a favor da igualdade. Elaborar desde o Parlamento unha Lei galega pola igualdade salarial, -que inclúa sancións a quen incumpra o principio de a igual traballo igual salario-, excluír da contratación pública ás empresas que discriminen ás mulleres, suprimir as subvencións  aos centros educativos que segregan por sexo e impulsar a creación dunha Valedora da Igualdade, similar a dos países nórdicos, para combater calquera tipo de discriminación contra as mulleres.

O BNG lanzaba a campaña do 8 de Marzo Día internacional da muller que nesta ocasión aposta por romper co politicamente correcto para mandar unha mensaxe clara e provocadora, capaz de xerar debate e remover a conciencia,  “porque ante a desigualdade e a violencia contra as mulleres non caben medias tintas”, en palabras da portavoz nacional, Ana Pontón.

Unha campaña directa e contundente necesaria nun momento no que se repiten “actitudes neomachistas” desde o Goberno, tanto do Estado como do galego,  que a dirixente do Bloque ilustrou con dous exemplos. “Hai dous detonantes claros que nos levan a facer esta campañ: O primeiro son as declaracións do presidente do Estado, Mariano Raxoi, que cando lle preguntaron sobre a discriminación salarial das mulleres responde literalmente no nos metamos en eso”. “O segundo son as campaña paternalistas e cousificadoras da Xunta toda unha mostra do neomachismo que retrata a visión que o PP ten das mulleres”.

Neste contexto, e precisamente a esas campañas oficiais tinguidas de paternalismo, replica o BNG, tanto no seu lema de campaña, -proclamando que “O máis grande de Galiza está até a cona...”-, como nas imaxes, -que remedan cun toque de humor a asociación de mulleres con monumentos do patrimonio arquitectónico de Galiza-.

“Por iso lle dicimos ao PP e ao señor Feixóo, e  estou segura de que o van entender, que o máis grande de Galiza está até a cona, e repito, o máis grande de Galiza está até a cona de cobrar menos salario polo mesmo traballo, de ver como as mulleres son maltratadas e asasinadas pola violencia machista, fartas de que a conciliación da vida familiar e laboral sexa unha carreira de obstáculos que recae sobre as nosas costas, e estamos fartas de que nos toque a peor parte polo simple feito de ser mulleres”, salientou Pontón, enumerando as motivacións desta campaña.

Unha campaña “para denunciar as desigualdades, abrir un debate sobre o que está pasando neste momento e dicir alto e claro que, ante os 8M non valen de nada as campañas rituais, nin os lazos lila que seguramente veremos en moitas solapas de señores do PP, e tampouco valen de nada as palabras baleiras de contido que non se acompañan de feitos que realmente defendan a igualdade e os dereitos das mulleres”, explicou a portavoz nacional na presentación dunha campaña coordinada pola secretaria da Muller, Noa Presas, cunha nutrida representación de responsables políticas do BNG.

Pontón aproveitou para facer un chamamento á participación nas mobilizacións previstas de cara ao Día internacional da Muller, empezando pola manifestación do día catro en Vigo e seguindo pola folga laboral do 8M, “que se note nos centros de traballo, que se note no consumo e que se note nas casas”, instou Pontón, “porque o mundo non pode funcionar sen as mulleres, pero as mulleres non queremos seguir funcionando con desigualdade”, concluíu

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi