Información
Galicia

Un córner tomba ao Celta en Girona (1-0)

Información
04 Marzo 2018 652 Votos
 
 

 

 

O Celta fixo méritos en Girona para levarse algo positivo dun partido que se decidiu nun córner na primeira metade. Os celestes non puideron superar a rocosa defensa local e acabaron caendo pola mínima de xeito inxusto.

 

Co partido igualado e tímidas chegadas en ambas áreas, o Girona acertou a balón parado. Portu marcou aos 15 minutos á saída dun córner para adiantar ao cadro local. Tralo tanto, o Girona replegouse e as oportunidades despareceron a pesar do empeño do Celta, que intentou sen éxito romper a muralla dun conxunto local ordenado e efectivo en defensa.

Tralo descanso, o equipo celeste mantivo o empuxe con longas posesións e internadas veloces polas bandas para acabar as xogadas. O dominio celeste era abafador, pero infrutuoso. Non había finura no último pase ou a finalización. O último cuarto de hora chegou co Celta envorcado, cunha alineación altamente ofensiva. Non houbo fortuna.

FICHA TÉCNICA

1-Girona FC: Bono, Ramalho, Bernardo, Juanpe, Maffeo, Pere Pons, Grannell, Borja García (Aleix García, min.71), Planas, Portu (Timor, min.91) e Stuani (Lozano, min.84).

0-RC Celta: Rubén, Hugo Mallo, Roncaglia, Sergi Gómez, Jonny, Lobotka, Jozabed (Radoja, min.75), Wass (Boyé, min.75), Iago Aspas, Emre Mor e Maxi Gómez.

Goles: 1-0, min.15; Portu.

Árbitro: Trujillo Suárez, do comité tinerfeño. Amonestou a Maffeo, Stuani, Jonny, Emre Mor, Aleix García.

Campo: Montilivi.

Galicia: Por la dignidad de los medios públicos y privados "CORROMPIDOS" por el Partido Popular


 

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi