Información

O SLG esixe da Consellaría de Medio Rural gobernada polo PPdeG que defenda as explotacións afectadas e condicione a concesión de axudas a prezos dignos en orixe

Información
XornalGalicia 01 Marzo 2018 293 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Celega, industria láctea do Saviñao propiedade da Cooperativa Lemos e de Cooperativas Reunidas de Bergantiños (Coreber), está anunciando ás granxas ás que lles merca o leite importantes modificacións nos novos contratos que están a piques de renovarse para a vindeira campaña. Os novos contratos incluirán, polo que xa puidemos saber, deixar de recoller parte da produción a algunhas granxas e baixar o prezo en parte do leite. Nos peores casos, sabemos de explotacións ás que se lles comunicou que deixarán de recollerlles a produción.

Aínda que estamos habituados e habituadas a que as industrias lácteas aproveiten o baleiro legal existente no Estado Español para extorsionar e impoñer as condicións que se lles antolle ás granxas que lles fornecen de materia prima, o caso de Celega é indignante porque esta empresa beneficiouse, nos últimos anos, de suculentas axudas públicas da Consellaría de Medio Rural. En concreto, Celega ingresou 200.776,58 € en 2017 e 154.470,83 € en 2018 das axudas para investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios do período 2014-2020, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).

 

Por todo isto, dende o SLG instamos á Consellaría de Medio Rural a mediar entre as granxas afectadas e Celega para que, máis alá de respectar os contratos actuais, de cara á seguinte campaña haxa melloras nos prezos e nas condicións en sintonía co contexto de suba que se está a dar nos últimos meses en toda a Unión Europea. Ademais, Medio Rural debe incluír no reparto das axudas que sexan da súa competencia condicións ás empresas beneficiarias que garantan prezos dignos para as granxas que as fornecen e, en caso de non respectalas, obrigar á devolución dos cartos.

Otros articulos relacionados.....