Información
Galicia

O tránsito do planeta Mercurio por diante do disco solar é un fenómeno singular que, como media, se produce 13 veces por século.

Información
07 Mayo 2016 3404 Votos

Logo dos seus tránsitos en 2003 e 2006, Mercurio volverá pasar por diante do disco solar o próximo luns 9. Trátase dun fenómeno dos que unicamente Mercurio e Venus, os planetas interiores, poden ser protagonistas.

Segundo detalla o director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller, José Ángel Docobo, os tránsitos do planeta máis próximo ao Sol prodúcense a intervalos de 3.5, 7, 9.5, 10 e 13 anos. Outra das súas particularidades é o paso ante a estrela só se produce preto dos días 8 e 9 de maio e 10 e 11 de novembro, datas en que Mercurio atravesa o plano da Elíptica. O propio Docobo indica que se as órbitas de Mercurio e Venus fosen coplanarias coa da Terra (a Elíptica), “entón poderiamos contemplar 3 tránsitos de Mercurio ao ano, pero a órbita deste último está inclinada 7º respecto á Elíptica e iso fai que o suceso se converta nalgo pouco usual”. Logo da do próximo luns, este tránsito non se volverá producir ata 2019.

Como engade o director do Observatorio da USC, o do próximo luns comezará ás 13 horas, 12 minutos e 39 segundos e terá o seu medio ás 16 horas, 56 minutos e 30 segundos. A pesar das previsións meteorolóxicas para os próximos días, José Ángel Docobo móstrase esperanzado ante a posibilidade de poder observar este fenómeno “nalgún momento de entre as súas máis de 7 horas de duración”.

Advertencia
Como xa ten advertido o profesor Docobo, “o único método seguro para seguir o tránsito é proxectar a imaxe do Sol sobre unha pantalla, nunca mirando cara el directamente”. Para facilitar o seu seguimento, o Observatorio da USC organizará unha sesión de observación pública incluída no seu programa de divulgación TodoCosmos que comezará ás 13.30 horas se as condicións meteorolóxicas o permiten.

O primeiro tránsito de Mercurio do pasado século fora seguido dende Lalín en 1907 por Ramón María Aller Ulloa, facendo logo unha pormenorizada descrición do suceso nun texto que permaneceu inédito ata 2013, data na que foi publicado de xeito facsimilar no número 12 do anuario Descubrindo

O profesor Docobo explica que, no pasado, os tránsitos foron moi útiles para axudar a determinar as dimensións do Sistema Solar. Na actualidade, a súa observación noutras estrelas é unha das técnicas que máis planetas extrasolares ten permitido descubrir.

 


Mar Sanchez Sierra, asesora personal de Feijóo aparece relacionada con turbios negocios relacionados con fallecidos y incendios forestales que califican ellos mismos de terrorismo incendiario

marsanchezsierra secretariademediosentramdopiramipdal 29 7 2018La asesora personal de Feijóo  monto o financió "una estructura de colaboración estable de fondos públicos con miembros del PP" familiares del brigadista fallecido en Fornelos de Montes que alcanza a un turbio negocio de los incendios forestales en la Xunta de Galicia y Rosa Quintana.

Xornal Galicia presenta denuncia en la Comisaría de Policía contra María del Mar Sánchez Sierra “Secretaria de Medios y Asesora de Feijóo” por el uso de fondos públicos para financiar plagios y derechos intelectuales de medios de comunicación. (+)

La Secretaria de Medios de la Xunta nombrada por Feijóo, Mar Sanchez Sierra alimenta un "entramado de empresas piramidal" de miembros del PPdeG con fondos públicos de la Xunta de Galicia bajo convenios y adjudicaciones a dedo con Adelaida Dominguez socia y administradora única de varias sociedades de una red de empresas para acceder a contrataciones públicas en la Xunta de Galicia y instituciones donde gobierna el PPdeG. En paralelo los fallecidos en Fornelos de Montes y incendios forestales dejan al descubierto un "negocio de fondos públcios" de inmensas y gigantescas proporciones, donde lo único que cuenta es el dinero público a manos llenas a través de fundaciones, Cetal, Seaga, Fremss, venta de helicópteros, campañas a medios de comuniación de prevención de incendios, manipulación informativa..Brigas Aerotransportadas, etc ....(+).

2. La asesora de Feijoo María del Mar Sanchez financia la venta de ropa laboral y calzado, ropa de policía, cursos de policía, páginas web a gobiernos del PPdeG ...
3. La administradora de varias empresas y convenios con la asesora de Feijóo, Mar Sanchez Sierra solicitó viviendas de protección oficial en varios puntos de Pontevedra. ...
4. Una asesora de Feijóo facturó irregularmente más de 400.000 euros  ... 5. https://www.google.es/search?q=corrupción+informativa+xunta+galicia....(+)

Galicia: Por la dignidad de los medios públicos y privados "CORROMPIDOS" por el Partido Popular


 

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi