Información

O Goberno do PPdeG e Feijóo someten aos pensionistas de Galicia a percibir as pensións mais baixas da Unión Europeoa e do Estado, menos as dos altos cargos na Xunta que as suben indiscriminadamente sen control

Información
XornalGalicia 10 Febrero 2018 1555 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O BNG trasladou o apoio a todas as persoas pensionistas que están a dar a cara en defensa do sistema público de pensións e reclamando unha contía que lles permita unha vellez digna despois dunha vida de traballo.

“O debate sobre a sustentabilidade do sistema non é unha novidade, aparece de xeito sistemático parello sempre coa intención de poñer en marcha novos recortes nas prestacións e para promover sistemas privados de pensións”, advertiu a portavoz de Emprego, Montse Prado, “desde a década dos anos noventa sucédense os ataques ao sistema de pensións tanto con gobernos do PP como do PSOE, que se traducen en sucesivos recortes”.

 

Neste sentido, o Bloque advirte contra o que denomina o “último globo sonda” lanzado polo PP de ampliar o período de computo para o cálculo da cantidade a percibir por esta prestación, “último globo sonda do Goberno central que podería agravar a situación, sobre todo en Galiza onde temos as segundas pensións máis baixas do Estado, coa peor relación entre número de pensionistas e número de  persoas traballadoras, nun país no que a pensión é o único ingreso en moitas familias”.

Prado indicou que a contía da pensión en Galiza é a segunda máis baixa de todo o Estado, con 179 euros por debaixo da pensión media estatal, e a diferencia non fixo máis que aumentar desde 2009, salientou. Tras indicar que o gasto en pensións no Estado español está por debaixo da media dos países do entorno europeo, a deputada criticou a falta de iniciativa política da Xunta para adoptar medidas que permitan aumentar as pensións.

Non así o BNG, que formula unha batería de propostas. En primeiro lugar, reclamar para Galiza a xestión da Seguridade Social, como xa contempla o Estatuto de autonomía, e demandar que ás empresas con centro de traballo en Galiza que paguen os impostos e as cotización sociais aquí, o que axudaría ademais, a combater a fraude.

A formación nacionalista propón tamén recuperar a idade de xubilación aos 65 anos e replica á ministra de Traballo Fátima Báñez coa proposta de que o cómputo da pensión se realice en base aos 15 mellores anos da vida profesional dos e das traballadoras, e un plan de emprego extraordinario para crear postos de traballo de calidade apostando por reactivar os sectores produtivos e por potenciar a I+D+i.

Igualmente, o Bloque reclama limitar as xubilacións anticipadas, -porque están a ser utilizadas polas empresas como un mecanismo de regulación de emprego-, e propón incrementar as pensións non contributivas que en Galiza afectan a 40.000 persoas cunha prestación tan baixa que as coloca en risco de exclusión social, cunha contía media de 377 euros. Para iso, o BNG propón como medida subir en 100€ mensuais a aportación galega a este tipo de prestación, algo perfectamente posible porque supón incrementar en 40 millóns de euros o fondo de pensións non contributivas.

Fontes de financiamento

A formación nacionalista pecha o seu paquete de medidas propoñendo clarificar as fontes de financiamento do sistema público de pensións, en particular o financiamento procedente das rendas do capital, en relación ás grandes empresas e á banca con grandes beneficios e propón que, se os ingresos vía cotizacións non son suficientes, se utilicen os orzamentos públicos para garantir o sistema.

 

Feixóo ten que dar explicacións pola sentenza que permitirá ás eléctricas subir o recibo da luz

Ana Pontón “Os tentáculos do lobby enerxético están nos consellos de ministros e na tamén na ...

O BNG impugna a reprobación da Mesa do parlamento a Luís Bará por rachar a foto de Felipe VI

Luís Bará Carece de sustento técnico-xuridico e atenta contra a liberdade de expresión

70 vídeos participan no certame Enreguéifate

Unha vez rematado o prazo para participar no certame Enreguéifate, foron máis de 70 os vídeos recib...

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..
Otros articulos relacionados.....