Información
Galicia

Lamentan que a Fiscalía se negue a investigar as irregularidades no transporte sanitario do CHUAC

Información
09 Enero 2018 1551 Votos

O transporte sanitario non urxente para as áreas da Coruña e Cee (prestado pola UTE Servizos Sanitarios da Coruña e Ambuibérica) está marcado polos incumprimentos do contrato co SERGAS: menos vehículos dos estipulados, UVIs móbiles sen dotación de persoal e mesmo  realización de servizos privados con ambulancias destinadas aos hospitais públicos. Malia recoñecer estas irregularidades e a existencia dun total deixamento nos labores de control por parte da administración, a Fiscalía decidiu arquivar a denuncia presentada pola CIG ao non detectar intencionalidade e verse incapaz de determinar o tipo de delito penal.

 

"Nós entendemos que estamos ante un posíbel caso de malversación de fondos (porque alguén se está quedando con parte dos recursos públicos que non se empregan para o que o concerto das ambulancias di) ou de prevaricación (porque a persoa responsábel de controlar que se cumpran os pregos non o fai). Ambos casos suporían un delito contra a administración pública que debería ser investigado e castigado, de aí que no seu día decidiramos presentar a denuncia". Así se explicaba o secretario de Acción Sindical da CIG da Coruña, Ernesto López Rei, quen compareceu en rolda de prensa acompañado por Xesús Pastoriza, responsábel do sector de transportes da CIG.

Todas as irregularidades recollidas no escrito á Fiscalía foron postas en coñecemento da Estrutura de Organización de Xestión Integrada (EOXI) da Coruña en numerosas ocasións, máis até o momento "a xerencia non fixo absolutamente nada para corrixir as deficiencias. Se a Fiscalía tamén se inhibe de investigar o que está a acontecer no concerto do transporte sanitario non urxente, parece que está lanzando a mensaxe de que calquera á fronte dunha administración pode facer o que queira porque non se van esixir responsabilidades".

Neste senso, López Rei considera que se a Fiscalía debería trasladar os feitos ao xulgado e ser o xuíz ou xuíza quen determine se ve delito penal ou non e de que tipoloxía.

Dúas denuncias na Fiscalía

A CIG presentara no ano 2016 unha primeira denuncia polas irregularidades no servizo. Daquela a Fiscalía arquivou o asunto alegando imposibilidade para determinar a persoa ou persoas  ás que imputar o posíbel delito. Logo da publicación do decreto de creación das EOXIs, a central remitiu outra denuncia á Fiscalía xa que, na nova normativa establécese con claridade en que cargos da EOXI recae a responsabilidade neste tipo de situacións.

Aínda así, a Fiscalía volve dar carpetazo ao asunto, a pesar de recoñecer que hai un deixamento absoluto de funcións por parte da administración e que se están a incumprir os pregos de maneira flagrante.

Menos vehículos e ambulancias sen dotación de persoal

En relación ás irregularidades detectadas, López Rei explicou que o servizo estase a prestar con menos ambulancias das que marca o concerto do transporte non urxente, a pesares de que o SERGAS paga polo total dos vehículos que deberían estar en servizo. Así mesmo hai catro unidades de soporte vital avanzado (UVIs móbiles) que permanecen paradas porque non teñen adxudicada dotación de persoal (nin condutor/a, nin ATS). E por se non fora abondo, a empresa tamén realiza servizos privados (por exemplo para as compañías aseguradoras) con vehículos e persoal asignados ao contrato público, pero que se facturan por separado, "co cal nos atopamos con que con un recurso públicos se está obtendo un beneficio privado".

Estas irregularidades non só supoñen un prexuízo para as arcas públicas, xa que se paga por un servizo que non se presta, senón que supoñen un prexuízo para as usuarias e os usuarios, por canto ao estar funcionando con menos ambulancias e persoal do requirido, "hai persoas que reciben altas hospitalarias, pero teñen que agardar até o día seguinte porque non hai vehículos a disposición para trasladalas".

 


Mar Sanchez Sierra, asesora personal de Feijóo aparece relacionada con turbios negocios relacionados con fallecidos y incendios forestales que califican ellos mismos de terrorismo incendiario

marsanchezsierra secretariademediosentramdopiramipdal 29 7 2018La asesora personal de Feijóo  monto o financió "una estructura de colaboración estable de fondos públicos con miembros del PP" familiares del brigadista fallecido en Fornelos de Montes que alcanza a un turbio negocio de los incendios forestales en la Xunta de Galicia y Rosa Quintana.

Xornal Galicia presenta denuncia en la Comisaría de Policía contra María del Mar Sánchez Sierra “Secretaria de Medios y Asesora de Feijóo” por el uso de fondos públicos para financiar plagios y derechos intelectuales de medios de comunicación. (+)

La Secretaria de Medios de la Xunta nombrada por Feijóo, Mar Sanchez Sierra alimenta un "entramado de empresas piramidal" de miembros del PPdeG con fondos públicos de la Xunta de Galicia bajo convenios y adjudicaciones a dedo con Adelaida Dominguez socia y administradora única de varias sociedades de una red de empresas para acceder a contrataciones públicas en la Xunta de Galicia y instituciones donde gobierna el PPdeG. En paralelo los fallecidos en Fornelos de Montes y incendios forestales dejan al descubierto un "negocio de fondos públcios" de inmensas y gigantescas proporciones, donde lo único que cuenta es el dinero público a manos llenas a través de fundaciones, Cetal, Seaga, Fremss, venta de helicópteros, campañas a medios de comuniación de prevención de incendios, manipulación informativa..Brigas Aerotransportadas, etc ....(+).

2. La asesora de Feijoo María del Mar Sanchez financia la venta de ropa laboral y calzado, ropa de policía, cursos de policía, páginas web a gobiernos del PPdeG ...
3. La administradora de varias empresas y convenios con la asesora de Feijóo, Mar Sanchez Sierra solicitó viviendas de protección oficial en varios puntos de Pontevedra. ...
4. Una asesora de Feijóo facturó irregularmente más de 400.000 euros  ... 5. https://www.google.es/search?q=corrupción+informativa+xunta+galicia....(+)

Galicia: Por la dignidad de los medios públicos y privados "CORROMPIDOS" por el Partido Popular


 

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi