Información
Galicia

Feijóo situa ao noso país no primeiro de Europa en perdida de postos de traballo e gaña en precariedade e temporalidade

Información
09 Enero 2018 1648 votos

O noso país rexistrou 3710 ocupados/as menos en decembro con respecto ao mes anterior a pesar de que o paro baixou nese período en 2162 persoas, o que significa que este descenso do paro non se produciu porque os afectados/as atopasen un posto de traballo senón porque ou ben se deron de baixa dos servizos públicos de emprego ou decidiron probar sorte na emigración. O goberno do PPdeG patrocina as pagas aos inmigrantes e expulsa aos galegos/galegas de Galicia.

 

Segundo os datos de afiliación á Seguridade Social publicados hoxe, o número de persoas ocupadas en Galiza pasou de 989.157 en novembro a 985.447 en decembro a pesar de que o paro baixou neste período en 2162 persoas. Deste xeito, o paro total rexistrado no noso país sitúase en 185.013 persoas, un 1,16% menos con respecto ao mes anterior. Con todo, esta baixada foi inferior á experimentada no conxunto do Estado, que foi do 1,77%, o segundo menor descenso do desemprego en decembro dende 2012. 

O número total de persoas paradas en Galiza sitúase en 185.013

Trátase de novo dunha baixada conxuntural ligada á campaña de Nadal, xa que o sector servizos foi único no que descendeu (un 2,32%). Pola contra, tanto na industria (2,33%) como na construción (5,8%) produciuse un significativo aumento do paro.

Proba disto é a elevada temporalidade na contratación, até o punto de que dos 71.531 contratos asinados no noso país neste período unicamente 5365 (un 7,5%) foron rexistrados baixo algunha das modalidades de contratación indefinida. O número de contratos temporais incrementouse un 7,15% en 2017 con respecto ao ano anterior.

Ao mesmo tempo, o número de persoas que reciben algunha prestación sitúase nas 91.007, o que mantén a taxa de cobertura por debaixo do 50%; en concreto, sitúase no 48,6%. A prestación contributiva unicamente a perciben un total de 38.795 persoas, o que supón só un 42,34%.

Reformas laborais do PP: máis precariedade e temporalidade

Así pois, segundo denuncia o secretario confederal de Emprego e Industria da CIG, Fran Cartelle, seguimos instalados na temporalidade e na precariedade que provocan as distintas reformas laborais do PP, “un modelo que pretende competir pola vía de baixar os custos de produción, reducir salarios e empeor as condicións da clase traballadora”. 

Ter emprego non supón esquivar a exclusión social

Neste senso, critica que as nefastas políticas do PP ao servizo da elite económica lévannos a unha realidade na que ter un posto de traballo non supón necesariamente esquivar a exclusión social. “É preciso un fondo cambio político para reverter esta situación, un cambio nas políticas económicas e sociais que só pode vir da man dun goberno que defenda os intereses da maioría social”, remata.

baner denuncia sistemajudicialcorruptoO sistema xudicial é pouco confiable segundo a maioría dos españois. Esta malfunción débese, principalmente, á impunidade dos funcionarios (policías, fiscais e autoridades xudiciais) e dos profesionais privados: avogados, procuradores e os colexios profesionais de ambos.
Esta disfunción xudicial esnaquiza a vida de demasiadas vítimas e ANVIPED foi creada en 2014 para defenderlles e así acabar con esta impunidade da que deriva o seu mal funcionamento.
Debemos crear asociacións para defendernos da "violencia que exerce o Estado" (Foro Social Mundial, 2011) Os xuíces españois case nunca cumpren a lei, polo que só traballamos en casos que incumplan leis europeas (dereito comunitario) para levalos ao Tribunal de Xustiza Europeo...(+)   ¡¡¡ Únete a nos !!!


 


Otros articulos relacionados.....