Información

O Concello de Carballo retirou o ano pasado 647 niños de vespa velutina, case o triplo que no 2016

Información
XornalGalicia 04 Enero 2018 1412 Votos

Ratio: 3 / 5

Inicio activadoInicio activadoInicio activadoInicio desactivadoInicio desactivado
 
Interior dun niño de velutina

Interior dun niño de velutina

A loita contra a vespa velutina saldouse no ano 2017 cun total de 647 niños retirados, segundo o balance que presentou hoxe a empresa contratada polo Concello de Carballo para a prestación do servizo de control de pragas. Esta cifra supón un incremento do 160% con respecto ao ano anterior, cando a presenza desa especie invasora se converteu nunha praga e nun problema para a poboación.

 

Á vista da magnitude do problema, e ante a insuficiencia de medios da Xunta de Galicia, o goberno municipal de Carballo optou por afrontar directamente o problema, aínda asumindo unha competencia que corresponde á Administración Autonómica. No ano 2017 a loita contra a vespa velutina incluíuse no contrato do servizo de control de pragas, pero superáronse todas as previsións, e o Concello tivo que destinar 35.000 euros a combater o insecto. “Está ben que se fagan esforzos, pero a Xunta é a administración que ten que velar polo control da avespa asiática”, apunta o alcalde, Evencio Ferrero.

Ningunha das 18 parroquias do noso concello se libra da praga, pero a máis afectada no ano 2017 foi a de San Xoán Bautista, con 108 niños eliminados. Este dato tamén reflicte un cambio de hábito da propia especie, que ao principio facía os niños nas beiras dos ríos e nas copas das árbores, pero que cada vez se achegan máis ás casas, “co cal xa estamos ante un problema de saúde pública”, sinala Isidro Rodríguez, representante da empresa concesionaria, Plaguiber.

Niño que se exporá nos colexios

Niño que se exporá nos colexios

Despois das vacacións de Nadal, o Concello de Carballo iniciará unha campaña informativa nos centros escolares. O obxectivo é achegar aos nenos e nenas a información básica sobre a vespa velutina a través dunha unidade didáctica, unha presentación audiovisual e unha mostra do material que se utiliza para combatela. A actividade tamén incluirá a exposición dun niño primario, outro seccionado enteiro e outro seccionado para que vexan como é por dentro. E, por último, os técnicos ensinarán ao alumnado a construír as súas propias trampas para a campaña da primavera, que ten como obxectivo acabar coa maior cantidade de raíñas posible para intentar reducir o número de niños.

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi