Feijóo, en materia de financiamento, en que bando está, “a favor de Galiza ou de Rajoy e Montoro” e critica que ante o novo modelo, o Presidente da Xunta permaneza “desaparecido” e sen “facer nada”.

XornalGalicia  26 Noviembre 2017  436 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Na comparecencia trala xuntanza do Consello Nacional, Pontón afirmou que Galiza soporta un sistema de financiamento “inxusto e discriminatorio” e todos os galegos e galegas recibimos menos do que aportamos. O sistema de financiamento non é “suficiente” para manter os servizos básicos nin o custe real por prestar estes servizos nun territorio cunha  poboación dispersa e envellecida e tamén  é “insuficiente” para manter a sanidade e educación.

 

 Co último exercicio fiscal liquidado, explicou ,  Galiza aportou ao Estado vía impostos 11.131 M€, mentres este transferiu 7.043M co actual modelo de financiamento. Se tomamos como referencia os criterios de PIB e de poboación que se lle aplican a Euskadi, a achega galega ao Estado sería de 630M€, o que deixa un saldo de 3.458 millóns a favor de Galiza.

As cifras constatan, recalcou, que  o actual sistema de financiamento “é discriminatorio e inxusto”  e faille perder a Galiza arredor de “3.400 millóns de euros anuais”.

Ante o  novo modelo de financiamento autonómico, que fai Feijóo como presidente de Galiza?, “nada”, segue agardando “con submisión”  a ver que ofrece Montoro, porque o presidente da Xunta non ten ningunha proposta que facer en defensa dun sistema de financiamento xusto para Galiza.

 Ata agora, e nun debate crucial, a estratexia de Feijóo consistiu en nomear a un experto para mandar a Madrid e en criticar ao Goberno vasco por facer o que el non se atreve a facer: Defender os intereses do seu pobo.

A día de hoxe, insistiu Pontón,   a Xunta non presentou  a súa proposta de financiamento para este país e, desde o BNG pedímoslle a Feijóo que envíe ao Parlamento, canto antes, a alternativa do seu Goberno para acabar coa discriminación que soporta Galiza.

PROPOSTA DO BNG CARA UNHA FISCALIDADE XUSTA  

Desde o Bloque  temos unha proposta clara que aposta pola autonomía fiscal e financeira plena de Galiza: “Un concerto económico que nos permitiría recadar o 100% dos nosos ingresos e despois facer contas co Estado”, que nos permita ter unha facenda galega e unha banca públicas galegas, evitando a fuga de 15.000 millóns de euros para outros territorios cando aquí empresas e familias seguen coa billa do crédito pechada. “O que queremos saber é que propón a Xunta”.

Ao señor Feijóo, que tanto lle gusta falar de bandos, dicirlle que no debate sobre un novo sistema de financiamento autonómico só hai dous bandos: “Ou se defenden os intereses dos galegos e das galegas ou se defenden os intereses de Rajoy e de Montoro. Así que pregúntolle a Feijóo de que bando está, porque o BNG ten claro que quere un sistema de financiamento que nos dea capacidade fiscal plena, que  sirva para que as empresas tributen aquí, para acabar co espolio do nosos impostos e mellorar a calidade de vida da maioría social deste país”.

Esperamos con impaciencia que o Goberno mande ao Parlamento a súa proposta. O BNG ten a súa, “un concerto económico que daría a Galiza máis de 3.000M€ adicionais cada ano para financiar os servizos sociais e facilitar a creación de emprego”. Estes datos desmontan a falsa  idea de que este país vive grazas á solidariedade do Estado, “Galiza non é un país subsidiado”. Por contra, pedimos “o mesmo concerto económico que o PP apoia no Congreso para Euskadi e Navarra, pero que o PP e Feijóo vetan para Galiza. Feijóo terá que explicar porqué”.

Desde o BNG pensamos que é posible “un pacto de país” para un futuro modelo de financiamento autonómico, un pacto desde a confianza nas capacidades de Galiza e coas ferramentas necesarias para ter unha tarifa eléctrica galega ou impedir “as abusivas peaxes da AP-9”.

25 DE NOVEMBRO, DIA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO 

No Día contra a violencia de xénero, Pontón quixo lanzar tres mensaxes:  O BNG está do  lado de todas ás vítimas e  defenderemos sempre o seu dereito a vivir “lonxe dos berros, insultos e golpes” porque  saída contra a violencia.  

O  conxunto da sociedade, debe estar alerta e desterrar o machismo, e para iso é preciso “non mirar para outro lado”. Neste sentido, exixiu que os gobernos  da Xunta e do estado, sexan “os  primeiros en ser autocríticos e situar como unha prioridade, os 365 dias do anos, a loita contra a violencia machista”. As prioridades políticas teñen que ser tamén orzamentarias, por iso, desde BNG defendemos que se incrementen os recursos para loitar contra violencia e aplicar as leis,  “necesitamos pasar das palabras aos feitos”.

Pontón lembrou que  violencia machista fai que cada día 15 mulleres acudan ao xulgado a poñer unha denuncia, -46.000 rexistradas en Galiza desde 2009-, e isto é só a punta do iceberg, apenas un 20% dos casos.  A violencia machista suma máis mortes que o terrorismo, en concreto desde o ano 2.000 o  Estado español recoñece 678 vítimas por terrorismo, mentres que nese mesmo período, o machismo asasinou a máis de mil mulleres.

O BNG PRESENTA AS BASES DEMOCRÁTICAS A EN MAREA E PSdG

Finalmente, a portavoz nacionalista aludiu á  campaña do BNG  para avanzar “nun novo status de Galiza como Nación” a través da proposta recollida no documento  Bases democráticas .

Ademais de  actos públicos e presentación a diversos sectores da sociedade, a campaña, dixo,  continuará co contacto coas  forzas políticas da oposición. Nese sentido xa temos iniciado contactos para facer unha presentación formal das Bases coas direccións  do PSdG e En  Marea, porque o debate sobre o status de Galiza é o reto máis importante que temos como país por diante. “Dende o  BNG queremos unha Galiza protagonista e non unha Galiza espectadora”, concluíu

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

El Palacio de María Pita luce BANDERA A MEDIA ASTA tras anunciar su próxima candidatura #XulioFerreiro convirtiendo las esperanzas de más del 90% de los coruñeses en un "martirio".

Viernes, 08 Diciembre 2017
El Palacio de María Pita luce  BANDERA A MEDIA ASTA tras anunciar su próxima candidatura #XulioFerreiro convirtiendo las esperanzas de más del 90% de los coruñeses en un "martirio".

Su personal modo de ver la política ya reconocida por la mayoría como un fraude "trilero felón" en la que esta acusado de convertir la Ciudad en un estercolero y...