Información
Galicia

Os socialistas denuncian que Feijóo trata de engañar as victimas dos lumes con "letra pequena" que esconde aos perxudicados

Información
26 Octubre 2017 1483 votos

OS SOCIALISTAS ALERTAN DA “LETRA PEQUENA” DA XUNTA NAS AXUDAS ÁS VÍTIMAS DOS LUMES

Patricia Vilán sinala que as axudas anunciadas por Feijóo están limitadas aos lumes intencionados e que “no mellor dos casos terán que agardar a ter sentenza firme”

Os socialistas reclaman a retirada da cláusula que limita as axudas aos casos nos que “como resultado das investigacións, se determine a existencia de intencionalidade”

 

A portavoz de Xustiza do Grupo Socialista, Patricia Vilán, deu hoxe a alarma sobre a “letra pequena” que agocha o decreto de axudas para as familias dos falecidos e ás persoas hospitalizadas polos lumes da semana pasada. A responsable socialista esixiulle explicacións ao goberno galego no Parlamento e solicitou a retirada desta cláusula.

 

 

 

Vilán lembra que logo da vaga de lumes, de tráxicas consecuencias, o presidente da Xunta anunciou “axudas inminentes” de 75.000 euros para as familias das vítimas e de entre 60 e 103 euros por cada día de hospitalización ás persoas danadas. Acusou ao presidente da Xunta de “agochar a letra pequena”, xa que o artigo 6 do decreto “dise expresamente que se concederán axudas sempre que, como resultado das investigacións iniciadas, se determine a existencia de intencionalidade”.

 

 

 

A responsable socialista sinala que “este artigo significa que as familias das persoas falecidas e os feridos só recibirán axudas no momento en que unha sentenza firme probe a intencionalidade por parte de alguén”. Explicou que, “no mellor dos casos, cando se demostre ese terrorismo incendiario do que fala Feijóo e que non aparece por ningures, están condenados a agardar periplos xudiciais que poden durar anos”.

 

 

 

Vilán lamenta a “falla de escrúpulos desta Xunta e do seu presidente” ao “utilizar ás vítimas de forma sibilina para vender un produto que non é certo, demostrando que a prioridade non son as familias nin os afectados, a súa única preocupación é o rédito publicitario que poida acadar”.

 

 

 

Os socialistas presentarán por isto unha serie de propostas parlamentarias para modificar o dito artigo do Decreto de axudas para suprimir a frase “sempre que, como resultado das investigacións iniciadas, se determine a existencia de intencionalidade”.

 



Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi