Información
Galicia

“Mentres Galiza arde o Goberno de Núñez Feijóo recorre ás noticias falsas” de supostas bandas organizadas para despistar a ciudadanía e evadirse das suas propias responsabilidades

Información
17 Octubre 2017 1409 Votos

O sector de Autonómica da CIG-Administración vén de amosar a súa indignación pola actitude da Xunta diante da gravísima vaga de incendios forestais que está a asolar Galiza e acusana de escudarse detrás de noticias falsas -como a existencia de supostas bandas organizadas- para non asumir a súa responsabilidade nunha política forestal nefasta para os intereses do país. Diante disto, reclaman a dimisión do presidente, Alberto Núñez Feijóo, “como máximo responsábel deste desastre ambiental con resultado de perda de catro vidas humanas polo momento”.

 

Nun comunicado feito público hoxe, na central solidarízanse en primeiro lugar cos familiares e amigos/as das vítimas mortais provocadas pola actual vaga de incendios. Mais a continuación queren deixar moi claro que en épocas de altas temperaturas, falta de humidade e vento, cun monte desordenado, sen políticas de fomento do uso do monte, con eucaliptización da masa forestal e con insuficiencias no dispositivo de prevención e extinción e con falta de medios e de persoal, que Galiza arda, desgraciadamente non é novidade. “Como tampouco o é que os responsábeis políticos/as de evitar que isto suceda cunha política forestal e preventiva responsábel intenten eludir as súas responsabilidades”. 

Solidarízanse coas familias das 4 vítimas mortais e sinalan a responsabilidade da Xunta no que está a acontecer 

Neste senso, denuncian que se se aposta por intereses madereiros “bastardos”, pola venda de madeira a Ence, por non fixar poboación no rural, pola eucaliptización, e se lle suma isto as condicións ambientais adversas, o resultado é o esperado. “Culpar disto a unha suposta banda terrorista ou a un complot é como a teoría dos chemtrails; unha banda terrorista da que en 30 anos non desarticularon ningún comando, unha imaxinaria banda que só serve para xustificar a ineficacia da política da Xunta; o mesmo sucede coas declaracións culpando a Portugal de que arda o monte”.

Lembran que en días pasados, dende a CIG-Administración Autonómica, sindicato maioritario entre os empregados/as públicos/as da Xunta -entre os que se atopan axentes medioambientais e bombeiros/as forestais-, alertouse sobre o despedimento de 436 persoas pertencentes ao dispositivo anti incendios e pesar de que se aproximaba unha semana meteoroloxicamente difícil, e denunciouse a improvisación na xestión dos lumes forestais. “Tamén presentamos Proposicións non de lei no Parlamento Galego sobre este asunto e levamos anos denunciando a política diletante deste Goberno ao respecto”.

Dimisión de Feijóo

En concreto, sinalan a atomización dun dispositivo repartido entre a propia Administración da Xunta, empresas publicas, privadas, brigadas dos Concellos “pagadas pola Xunta como favor político”, contratos “fraudulentos” de medios aéreos. “Todo isto produce un desastre na planificación que provoca que os nosos montes sigan a arder, e o que e máis grave, que haxa vítimas mortais”.

Por iso instan o Goberno galego a deixar de agocharse tras “noticias falsas” sobre “bandas imaxinarias”, xa que “a única banda responsábel dos incendios en Galiza é a Xunta”, e reclaman a dimisión do seu presidente, Alberto Núñez Feijóo, “como máximo responsábel deste desastre ambiental con resultado de perda de catro vidas humanas polo momento”.

 


Mar Sanchez Sierra, asesora personal de Feijóo aparece relacionada con turbios negocios relacionados con fallecidos y incendios forestales que califican ellos mismos de terrorismo incendiario

marsanchezsierra secretariademediosentramdopiramipdal 29 7 2018La asesora personal de Feijóo  monto o financió "una estructura de colaboración estable de fondos públicos con miembros del PP" familiares del brigadista fallecido en Fornelos de Montes que alcanza a un turbio negocio de los incendios forestales en la Xunta de Galicia y Rosa Quintana.

Xornal Galicia presenta denuncia en la Comisaría de Policía contra María del Mar Sánchez Sierra “Secretaria de Medios y Asesora de Feijóo” por el uso de fondos públicos para financiar plagios y derechos intelectuales de medios de comunicación. (+)

La Secretaria de Medios de la Xunta nombrada por Feijóo, Mar Sanchez Sierra alimenta un "entramado de empresas piramidal" de miembros del PPdeG con fondos públicos de la Xunta de Galicia bajo convenios y adjudicaciones a dedo con Adelaida Dominguez socia y administradora única de varias sociedades de una red de empresas para acceder a contrataciones públicas en la Xunta de Galicia y instituciones donde gobierna el PPdeG. En paralelo los fallecidos en Fornelos de Montes y incendios forestales dejan al descubierto un "negocio de fondos públcios" de inmensas y gigantescas proporciones, donde lo único que cuenta es el dinero público a manos llenas a través de fundaciones, Cetal, Seaga, Fremss, venta de helicópteros, campañas a medios de comuniación de prevención de incendios, manipulación informativa..Brigas Aerotransportadas, etc ....(+).

2. La asesora de Feijoo María del Mar Sanchez financia la venta de ropa laboral y calzado, ropa de policía, cursos de policía, páginas web a gobiernos del PPdeG ...
3. La administradora de varias empresas y convenios con la asesora de Feijóo, Mar Sanchez Sierra solicitó viviendas de protección oficial en varios puntos de Pontevedra. ...
4. Una asesora de Feijóo facturó irregularmente más de 400.000 euros  ... 5. https://www.google.es/search?q=corrupción+informativa+xunta+galicia....(+)

Galicia: Por la dignidad de los medios públicos y privados "CORROMPIDOS" por el Partido Popular


 

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi