Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Xoaquín Fernández Leiceaga lamenta que a “falla de vontade política e falla de compromiso en materia de saneamento” do goberno prexudica a “unha das grandes riquezas de Galicia”

Os socialistas levan ao Pleno da próxima semana o uso de fondos públicos para impulsar a moción de censura de Tui, o retraso do AVE a Galicia ou a ausencia de Plan Forestal

 

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 17. O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, preguntaralle a Feijóo no Pleno do Parlamento polo impacto do deficiente saneamento das rías no descenso da produción marisqueira. Así o explicou logo da Xunta de Portavoces na que foi fixada a orde do día da próxima sesión plenaria.

O responsable socialista explicou que en plena temporada de extracción de berberecho e ameixa “constatamos unha redución moi significativa, dende os gobernos do socialista Emilio Pérez Touriño, no volume de produción marisqueira nas nosas rías que afecta ao emprego” relacionado con “unha das nosas grandes riquezas”.

Fernández Leiceaga apuntou aos efectos da contaminación das augas residuais urbanas sobre o conxunto do medio destas rías, que leva ao “peche dalgúns bancos marisqueiros e á sobreexplotación doutros”. Lembrou que as depuradoras de augas residuais son competencia do goberno galego con financiamento procedente da UE, o que fai que o retraso na súa execución sexa “inexplicable máis que por falla de vontade política”.

Así sucede por exemplo en Santiago, onde o cambio de ubicación da depuradora provocou que as obras aínda non teñan comezado cando xa se ten cumprido o prazo para o seu remate. Advertiu que esta depuradora de Santiago “afecta directamente ás augas do Ulla, e polo tanto aos lombos marisqueiros” na ría de Arousa, tal e como sucede coa depuradora de Placeres, en Pontevedra, así como en Ribeira ou Noia.

Moción de censura

Fernández Leiceaga anunciou que o próximo Pleno incluirá ademais unha pregunta do grupo socialista sobre a “epidemia de mocións de censura en Pontevedra” e o “ilexítimo compromiso de fondos da Xunta para modificar vontades municipais e tumbar alcaldes”. Aludiu á moción de censura anunciada para o Concello de Tui, onde o PP fará alcalde ao representante dun grupo de dous concelleiros “que nin sequera foi o máis votado”.

Sinalou que esta circunstancia evidencia a “falla de coherencia” dun partido que no pasado debate do Estado da Autonomía chegou a aprobar unha proposta para que goberne a lista máis votada nos concellos, un cambio que “obrigaría mesmo a cambiar a Constitución”.

Os socialistas galegos darán continuidade ao debate do Estado da Autonomía tamén cunha Proposición non de Lei que complete a Proposta de Resolución “moi insuficiente” do PP sobre a chegada do AVE a Galicia. Os socialistas reclaman unha “defensa pechada” por parte da Xunta dun “calendario esixente para o goberno central”.

Reclama o compromiso da Xunta para “non consentir un recorte drástico de fondos que, sumado á inexecución anterior, supón un retraso de catro anos na chegada do AVE a Galicia”. Reivindicou unha “posición esixente en canto aos prazos e a completar o trazado”, e advertiu que o tramo Taboadela – Ourense, aínda sen data de inicio, será substituída por unha “opción provisional que conta cun orzamento de máis de 100 millóns”.

Plan Forestal

Tamén presentarán unha interpelación sobre a falla do novo Plan Forestal de Galicia, que acumula xa un retraso de dous anos dende que fora presentado o borrador –en 2015-, “sen que a día de hoxe aínda saibamos nada”. Reclamou o “instrumento fundamental para a planificación e ordenación do sector e para evitar que se limite á produción de madeira triturada de escaso valor engadido”.

O próximo Pleno incluirá unha pregunta para reclamarlle á Xunta que destine fondos para a loita contra a violencia de xénero logo da aprobación do Pacto de Estado sobre esta materia. Os socialistas interpelarán ademais ao goberno galego sobre as eivas no Plan de Mellora dos Camiños Municipais e presentarán unha moción para reclamar unha actuación da Xunta para axudar aos gandeiros afectados polas xeadas, a saraiba e a seca.

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Xulio Ferreiro y Psoe se niegan a reducir el IBI a los coruñeses-as que se encuentra entre los más altos de España incumpliendo sus propias promesas electorales.

Martes, 10 Octubre 2017
Xulio Ferreiro y Psoe se niegan a reducir el IBI a los coruñeses-as que se encuentra entre los más altos de España incumpliendo sus propias promesas electorales.

La propuesta del Partido Popular para reducir un 10 % el IBI fue rechazada en el pleno de ayer. La clave estaba en el grupo municipal socialista, que en su...