Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Para o Bloque Nacionalista Galego o discurso pronunciado esta noite por Felipe VI resulta absolutamente inadmisíbel, ademais de fondamente ameazador e preocupante, motivo polo cal queremos facer públicas as seguintes consideracións urxentes:
 

 

  1. Que un xefe de estado non electo nas urnas dea leccións de democracia é un insulto. Que ademais interveña e interfira politicamente é claramente reprobábel e unha  extralimitación das funcións que a propia Constitución lle encomenda. Se a existencia da monarquía é de por si, no noso parecer, unha anomalía en termos democráticos, máis aínda o resulta cando tenta cobrar un papel de inxerencia e condicionamento político como o fixo co seu discurso Felipe VI.
     
  2. A súa mensaxe, lonxe de rebaixar a tensión e de tender pontes de diálogo con vocación dunha resolución pacífica e democrática dun conflito político, o que fai é incendiar máis a situación. 

    Na súa intervención lanzou diferentes ameazas –máis ou menos disimuladas- non só ás lexítimas institucións catalás senón tamén ao conxunto do pobo catalán.  Porén,  non tivo tempo para lle dedicar nin unha palabra aos centos de persoas feridas nas brutais cargas policiais do pasado domingo nas rúas de Cataluña. Tampouco unha soa palabra sobre os desexos e a vontade de máis de dous millóns de cataláns e catalás que expresaron a súa vontade como se fai en calquer democracia normal e merecente de tal nome: nas urnas.
     
  3. Un discurso de natureza tan inadmisíbel e que resulta tan irresponsábel no contexto actual como o que fixo hoxe Felipe VI só é entendíbel como antesala dun recrudecemento da actuación represiva do goberno español contra o pobo de Cataluña. Se xa viviamos nun estado de excepción non declarado, con medidas que avanzan a aplicación do artigo 155 da Constitución española pola porta de atrás e cunha actuación absolutamente desmedida e desproporcionada das forzas e corpos de seguridade do estado, este discurso fainos temer que lonxe de se rebaixar a tensión o estado español aumentará a súa escalada represiva. Felipe VI fixo unha auténtica apoloxía da disolución das institucións catalás e de persecución política e xudicial dos seus lexítimos representantes.
     
  4. Este conflito só ten unha saída: que o pobo poida expresarse en liberdade e con plenos dereitos democráticos. Recoñecer a vontade maioritaria do pobo catalán de poder decidir libremente o seu futuro. Garantir que a sociedade catalá poida expresarse plenamente sobre o tipo de relación que quere manter ou non co Estado español. E o mesmo no caso galego e vasco. Mentres non se recoñezan os dereitos das nacións que hoxe facemos parte do estado español a poder decidir e exercer, no seu caso, o dereito de autodeterminación, o problema político de fondo, lonxe de resolverse, agravarase.
     
  5. O BNG sempre estará do lado da democracia, das e dos representantes dos pobos electos en urnas, do dereito de todos os pobos do mundo a poder decidir libremente o seu futuro. E igualmente sempre estaremos en contra da imposición, da violencia, da instrumentalización política da xustiza e dos corpos e forzas de seguridade do estado e da violación de liberdades e dereitos individuais e colectivos.

    Nesta hora, as e os nacionalistas galegos debemos mostrar e mostramos toda a nosa solidariedade coas institucións e co pobo de Catalunya e o noso apoio e firmeza na defensa das liberdades, os dereitos e a democracia, aquí e alí. 
Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Xulio Ferreiro y Psoe se niegan a reducir el IBI a los coruñeses-as que se encuentra entre los más altos de España incumpliendo sus propias promesas electorales.

Martes, 10 Octubre 2017
Xulio Ferreiro y Psoe se niegan a reducir el IBI a los coruñeses-as que se encuentra entre los más altos de España incumpliendo sus propias promesas electorales.

La propuesta del Partido Popular para reducir un 10 % el IBI fue rechazada en el pleno de ayer. La clave estaba en el grupo municipal socialista, que en su...