A AELG exprésalles o seu apoio ás e aos colegas da Associació d'Escriptors en Llengua Catalana e do PEN Català ante o rechazo das forzas policiais e as ordenes de Rajoy e o PP de vulnerar dereitos da liberdade e democracia

XornalGalicia  03 Octubre 2017  716 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Adhesión da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) ao comunicado da AELC e Pen Català sobre a violencia policial do día 1 de outubro en Cataluña.

 

 

Á vista dos feitos acontecidos o día 1 de outubro en Cataluña, a AELG mostra a súa solidariedade e apoio ao comunicado emitido o día de onte pola PEN Català e Associació d’Escriptors en Llengua Catalana (AELC) que acompañamos traducido e cuxa versión orixinal se pode consultar en https://www.escriptors.cat/node/14642.

 

A AELG exprésalles o seu apoio ás e aos colegas da Associació d'Escriptors en Llengua Catalana e do PEN Català na súa denuncia desta intervención inxustificábel.

 

Os estatutos da AELG recollen que esta entidade se adhire á Declaración Universal dos Dereitos Humanos, comprometéndose a loitar pola xustiza social e as liberdades individuais, especialmente con respecto aos escritores e escritoras, e as linguas e culturas nacionais minorizadas.

O Consello Directivo da AELG
3 de outubro de 2017

 

Comunicado do PEN Català e da Associació d’Escriptors en Llengua Catalana sobre a violencia policial de onte en Cataluña

2 de outubro de 2017

 

Diante dos feitos de represión vividos onte en Cataluña durante a xornada do referendo convocado polo President do Govern catalán, como organizacións de escritores que velamos pola liberdade de expresión, queremos denunciar a vulneración de moitos dos dereitos humanos fundamentais, como son o da liberdade de expresión, de información e de reunión.

Onte, ante unha sociedade pacífica que quería exercer o dereito democrático e inalienable a participar nun referendo de autodeterminación, as forzas policiais do Estado español actuaron contra a poboación inerme de maneira indiscriminada e impune, tal como o reflectiron os principais medios de todo o mundo.

Unha vez máis, as autoridades españolas renunciaron a empregar a política para resolver conflitos territoriais e, unha vez esgotada a vía xudicial en beneficio político, acabaron utilizando tamén a vía represiva. A violencia, e máis aínda se é gratuíta, é sempre inaceptable e nunca é proporcional. Onte a intención era acabar de ofender a todo un pobo, despois de días de vulnerar dereitos adquiridos e de menosprezar as súas institucións democráticas.

Queremos denunciar estas actuacións ante a comunidade internacional e pedimos a solidariedade de todas aquelas entidades que traballan pola defensa dos Dereitos Humanos.

PEN Català e Associació d’Escriptors en Llengua Catalana


-- 
Agardamos que a nova sexa do seu interese.

Saúdos,
Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)
Gabinete de Comunicación

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

#Xulio Ferreiro terrorista de los medios de comunicación, censor y ocultador de la información pública traslada fondos municipales a la Cadena Ser para un chiringuito sobre medios de comunicación al que no acudió ni el 4% de los medios de A Coruña

#Xulio Ferreiro catalogado como el peor enemigo de los medios de comunicación condenado por la Comisión de Transparencia de Galicia por censor, vulnerador de los derechos periodístocos se atreve a...

Pladesemapesga solicitaba el cese fulminante del Jefe de Prensa Municipal Rodri Suárez, al que catalogaba de "malandrino" del fracso electoral

Todas las entidades representadas en PLADESEMAPESGA piden el cese del jefe de prensa censor y culpable de la crispación existente en el Concello de A Coruña..   En la campaña...