Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

 concentracionNo día de hoxe o estudantado e o profesorado da Facultade de CC. da Educación da USC concentrámonos na facultade para denunciar os feitos acontecidos onte en Cataluña e limos o seguinte comunicado:

 

     Decía Desmond Tutu, activista anti-apartheid "Se eres neutral en situacións de inxustiza, escolliches o lado do opresor". Desmond Tutu decía estou moi consciente de que se os bos e xenerosos non se posicionaban de xeito activo e proactivo, entón os intereses espúreos e os poderes económicos terían barra libre no mundo.

 

 

     O apartheid era legal, Sudáfrica dotouse de leis que promovían e explicaban a segregación racial. Temos abundantes exemplos na historia como para saber que o legal é moitas veces inmoral e inxusto. E nos estamos hoxe aquí precisamente porque somos conscientes diso. Somos conscientes de que se non denunciamos e nos rebelamos polo acontecido onte en Cataluña estaremos entón do lado da represión, do lado dun goberno que onte so foi quen de utilizar a vía da violencia fronte a moitas outras. Do lado dun goberno que estivo detrás dos case 800 feridos/as. Case 800 feridos/as por depositar unha papeleta nunha urna. Case 800 feridos que defendían o dereito a votar libremente.

 

 

 

     O goberno onte escondeuse, para xustificar a desmesurada violencia que empregou, baixo a careta da legalidade. Legalidade creada e sustentada polos herdeiros da dictadura. Legalidade empregada dun xeito ruín para atacar a un pobo que simplemente estaba exercendo o seu dereito a decidir.

 

 

 

E nos estamos aquí hoxe para quitar esa careta. Para berrar ben alto que nos estamos do lado da xustiza, do lado da democracia, do lado dos feridos e feridas e do lado do pobo catalán; e que non ficamos nin ficaremos calados/as e moito menos seremos cómplices das atrocidades de este goberno.
Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Xulio Ferreiro y Psoe se niegan a reducir el IBI a los coruñeses-as que se encuentra entre los más altos de España incumpliendo sus propias promesas electorales.

Martes, 10 Octubre 2017
Xulio Ferreiro y Psoe se niegan a reducir el IBI a los coruñeses-as que se encuentra entre los más altos de España incumpliendo sus propias promesas electorales.

La propuesta del Partido Popular para reducir un 10 % el IBI fue rechazada en el pleno de ayer. La clave estaba en el grupo municipal socialista, que en su...