Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 
Tras a intervención triunfalista sobre a campaña de incendios de 2017 que fixo a conselleira de Medio Rural esta semana no Parlamento, queremos denunciar que Galiza segue sen contar cunha política de prevención de incendios que teña como fin principal a xestión sustentable dos ecosistemas forestais e que trate de evitar os incendios para non ter que apagalos. A Xunta de Galicia aposta todo a unha carta "extinción-extinción...". E a mellor proba disto é que, estando a mediados do mes de setembro, agora que veñen os primeiros orballos e choivas que anticipan o outono, a Xunta comezará cos traballos de prevención previstos e orzados para o ano 2017 que, a día de hoxe, están aínda sen realizar. Nin que dicir ten que a conselleira, cando afirmou esta semana que “por parte da Administración galega, as actuacións concéntranse na prevención e valorización forestal”, mentiu.

 

Galicia é o territorio de Europa que máis diñeiro destina a extinción de incendios forestais (neste ano 174 millóns de euros). Dende hai anos, as distintas organizacións sociais temos insistido na necesidade de tratar de equilibrar o diñeiro destinado a prevención e a extinción ao igual que fan os países con cultura forestal. Ademais deste imprescindible equilibrio, é necesario realizar os traballos ao seu debido tempo e os labores de prevención deben estar feitos a comezo do verán. Unha das queixas dos e das profesionais dos servizos de prevención e extinción de incendios forestais, así como dos propietarios dos montes, é o estado de abandono da chamada infraestrutura de prevención (camiños, devasas, áreas cortalumes, xestión de biomasa nos lugares estratéxicos dos montes...). Un ano máis, a Consellaría do Medio Rural traballa ao chou sen calendario, sen obxectivos e cos labores de prevención do ano 2017 sen realizar, cando xa esta a piques de rematar o verán (época de máximo risco de incendios).

 

As organizacións que a comezos de verán abandonamos a última sesión do Consello Forestal (Organización Galega de Comunidades de Montes, Sindicato Labrego Galego, Asociación Frouma, Federación Ecoloxista Galega e Amigos da Terra) xa advertimos desta situación, así como da permanencia das causas na orixe dos incendios forestais:

 

  • Accidentes e neglixencias no uso de máquinas, alta intencionalidade, incendiarios, queimas agrícolas e forestais...
  • Falla de xestión forestal preventiva e falla dunha investigación profesional con recursos humanos e técnicos axeitados que afonden nas causas e na posta a disposición xudicial dos causantes.
  • Ausencia dun operativo que poida ampliarse e diminuírse en función das necesidades e que faga fronte aos efectos debidos ás vagas de calor ou ao cambio climático.
  • A precariedade laboral, coa privatización de parte do operativo e o traspaso doutra parte importante aos concellos sen as máis mínimas condicións de formación, equipamento e salarios.
  • A falla de políticas que fixen poboación no rural, que incide directamente nunha prevención activa (control social, coidado dos ecosistemas, mantemento da paisaxe...).
  • A falla de campañas de educación e sensibilización para o conxunto da poboación.
  • A necesidade de posta en marcha dun Plan Forestal que teña unha visión integral dos ecosistemas forestais e a súa integración dentro do sector agro-gandeiro de Galicia.

 

  • A ausencia de fomento da posta en valor do monte dende unha perspectiva multifuncional e sustentable, así como da implicación dos/as titulares dos mostes na súa xestión.

 

O presidente da Xunta de Galicia e a conselleira do Medio Rural, afeitos á publicidade e á presentación de todo tipo de campañas, teñen unha boa oportunidade e poden inaugurar algunha destas obras de prevención que comezaran a finais deste setembro que, coma sempre, vanse facer a destempo, ocasionando agora un enorme gasto inútil e constatando a ausencia total de políticas para a xestión sustentable do monte en Galicia.

 

O Sindicato Labrego Galego, Organización Galega de Comunidades de Montes, Federación Ecoloxista Galega, Asociación Frouma e Amigos da Terra consideramos que todo o anterior é unha demostración máis da falla de rumbo na política forestal da Xunta de Galicia e tamén consideramos que estas graves eivas arranxaríanse se o Goberno Galego crease dentro do Consello Forestal as mesas de traballo que longamente temos demandado distintas organizacións que integramos o devandito órgano consultivo e asesor da administración forestal da Xunta.
Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Xulio Ferreiro y Psoe se niegan a reducir el IBI a los coruñeses-as que se encuentra entre los más altos de España incumpliendo sus propias promesas electorales.

Martes, 10 Octubre 2017
Xulio Ferreiro y Psoe se niegan a reducir el IBI a los coruñeses-as que se encuentra entre los más altos de España incumpliendo sus propias promesas electorales.

La propuesta del Partido Popular para reducir un 10 % el IBI fue rechazada en el pleno de ayer. La clave estaba en el grupo municipal socialista, que en su...