Información
Galicia

contraMINAcción chama ás organizacións sociais de Galiza para paralizar o proxecto de Lei de Fomento de Iniciativas Empresariais

Información
14 Septiembre 2017 3466 Votos

Esta semana, os grupos políticos da oposición no Parlamento de Galicia mantiveron unha xuntanza para analizar o contido do proxecto de Lei de Fomento das Iniciativas Empresariais impulsado polo Partido Popular. A esta xuntanza asistiron representantes de contraMINAcción e puideron coñecer as graves repercusións que podería ter para Galiza a aprobación deste proxecto.

 

 

En primeiro lugar, trátase dun proxecto de lei que pretende, baixo a falsa intención de fomentar iniciativas empresariais, desregular diferentes ámbitos como o eólico, forestal, mineiro, hidráulico, cooperativo, etc. Este proxecto de lei equivalería á aprobación de varias leis nunha e conseguiría eliminar calquera debate público sobre temas e cuestión moi sensibles para a sociedade galega que requirían dun amplo consenso social e político.

 

De ter existido anteriormente unha lei como esta de Fomento das Iniciativas Empresariais, non tería sido posible frear atentados ambientais como o proxecto da mina de Corcoesto, ou a extracción de feldespatos na Limia ou seixo da Terra Chá. Fóra do ámbito mineiro, tampouco tería sido posible impedir a aprobación da Lei de Acuicultura.

 

Un dos problemas principais do proxecto ten que ver co acceso a información ambiental, dereito que na práctica se elimina, deixando en mans das empresas que decidan que é secreto industrial, nun claro conflito coa lexislación europea e española. Elimínanse controis ambientais e acúrtanse os prazos para evitar todo tipo de alegacións da cidadanía. Particularmente, procúrase minimizar a intervención e capacidade de resposta da administración de augas (nomeadamente Augas de Galicia), nun momento no que a escaseza de recursos hídricos e o cambio climático pon en perigo o acceso básico en numerosas localidades

 

A lei di que se promoveu unha ampla participación social para a súa redacción pero se ignora cando e como se deu dita participación.

 

ContraMINAcción considera que é unha auténtica falacia argumentar que esta lei se promove para tratar de competir cos investimentos empresariais no norte de Portugal. Tendo en conta que toda a desregulación vai dirixida a sectores primarios e extractivos, ditas actividades dependen fundamentalmente da existencia ou non de recursos e, en menor medida, do marco normativo. En calquera caso, a existencia de controis normativos e administrativos para a explotación de recursos que requiren de autorización ou concesión pública, serven para garantir que os beneficios colectivos prevalezan sobre os privados. Pola contra, a desregulación é unha forma de facer prevalecer os dereitos privados das grandes empresas sobre os colectivos ou os privados dos propietarios de terras agrarias ou montes. Faise, deste modo, unha aposta decisiva pola expropiación forzosa en favor de negocios privados coa protección do Goberno Galego.

 

Por todo o devandito, contraMINAcción fai un chamamento a todas as organizacións sociais de Galiza para tratar de organizar diversas iniciativas informativas e de mobilización para frear este proxecto de lei.

 

 

Dende ContraMINAcción agardamos contar con vós para darlle a máxima difusión posible a este comunicado. De todos e de todas é a terra que está ameazada. Moitas grazas.

 


Mar Sanchez Sierra, asesora personal de Feijóo aparece relacionada con turbios negocios relacionados con fallecidos y incendios forestales que califican ellos mismos de terrorismo incendiario

marsanchezsierra secretariademediosentramdopiramipdal 29 7 2018La asesora personal de Feijóo  monto o financió "una estructura de colaboración estable de fondos públicos con miembros del PP" familiares del brigadista fallecido en Fornelos de Montes que alcanza a un turbio negocio de los incendios forestales en la Xunta de Galicia y Rosa Quintana.

Xornal Galicia presenta denuncia en la Comisaría de Policía contra María del Mar Sánchez Sierra “Secretaria de Medios y Asesora de Feijóo” por el uso de fondos públicos para financiar plagios y derechos intelectuales de medios de comunicación. (+)

La Secretaria de Medios de la Xunta nombrada por Feijóo, Mar Sanchez Sierra alimenta un "entramado de empresas piramidal" de miembros del PPdeG con fondos públicos de la Xunta de Galicia bajo convenios y adjudicaciones a dedo con Adelaida Dominguez socia y administradora única de varias sociedades de una red de empresas para acceder a contrataciones públicas en la Xunta de Galicia y instituciones donde gobierna el PPdeG. En paralelo los fallecidos en Fornelos de Montes y incendios forestales dejan al descubierto un "negocio de fondos públcios" de inmensas y gigantescas proporciones, donde lo único que cuenta es el dinero público a manos llenas a través de fundaciones, Cetal, Seaga, Fremss, venta de helicópteros, campañas a medios de comuniación de prevención de incendios, manipulación informativa..Brigas Aerotransportadas, etc ....(+).

2. La asesora de Feijoo María del Mar Sanchez financia la venta de ropa laboral y calzado, ropa de policía, cursos de policía, páginas web a gobiernos del PPdeG ...
3. La administradora de varias empresas y convenios con la asesora de Feijóo, Mar Sanchez Sierra solicitó viviendas de protección oficial en varios puntos de Pontevedra. ...
4. Una asesora de Feijóo facturó irregularmente más de 400.000 euros  ... 5. https://www.google.es/search?q=corrupción+informativa+xunta+galicia....(+)

Galicia: Por la dignidad de los medios públicos y privados "CORROMPIDOS" por el Partido Popular


 

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi