Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

TRATODEFAVORENLASOBRASVECINALESNesta ocasión xurde dos privilexios cos cartos públicos en beneficio propio nas obras do Concello, marcando claras distancias con diferencias entre traballos exquisitos para o Teniente de Alcalde chegando a socorrelo para que non se molle os pes  con rexas recolle augas e vedadeiras chapuzas para os veciños, eso sí, a merced das augas para que se mollen os pes.

 

PROTESTAS POLAS NOVAS BEIRARRÚAS NA RÚA CORUÑA E UN TRAMO DA RÚA EPIFANIO CAMPO NA LARACHA
As novas beirarrúas que se están a construír na rúa Coruña                        e no primeiro tramo da rúa Epifanio Campo (desde a rúa Coruña)                             quedan máis altas que as entradas dos edificios

As obras que se están a facer no centro da Laracha, concretamente na rúa Coruña e na rúa Epifanio Campo (no entorno do centro de saúde), están ocasionando moitas queixas por parte da veciñanza da zona. E non se trata de queixas polas molestias que ocasiona calquera tipo de obras, que todo o mundo entende, trátase de queixas por cousas importantes que se están facendo mal e que van provocar consecuencias negativas para as súas vivendas. Á marxe doutras críticas relativas aos cruces, entradas de garaxes, etc., a cuestión fundamental das protestas son as beirarrúas que en toda a rúa Coruña e no primeiro tramo da rúa Epifanio Campo (partindo da rúa Coruña) quedan nalgúns casos á mesma altura e noutros moitos por enriba das entradas das vivendas e negocios. Pódese apreciar nas fotos que se adxuntan, no caso do portal dun edificio da rúa Coruña que está á mesma altura da beirarrúa, e no caso do bar que hai nesa mesma rúa vese a beirarrúa bastantes centímetros por enriba da entrada.
Resulta que diante da entrada dalgún edificio da rúa Epifanio Campo instalouse unha reixa (suponse que para evitar que a auga poida entrar no portal), xustamente no edificio onde vive o Tenente Alcalde (adxúntase foto), mais isto non se fixo en ningún portal da rúa Coruña, mesmo nalgúns que quedan a unha altura bastante inferior á beirarrúa.
Desde o BNG da Laracha facemos un chamamento ao goberno municipal para que tome cartas no asunto, que rectifiquen a tempo, que miren a calidade das obras, ou cando menos que se adopten as medidas oportunas para evitar que no futuro poida entrar auga nos edificios destas rúas (como se fixo nalgún edificio en concreto).

A Laracha, 6 de setembro de 2017

Asdo.: Xoán M. Sande Muñiz,
Portavoz do Grupo Municipal do BNG da LarachaEste é o texto definitivo aprobado na Comisión de Educación do Parlamento Galego, logo da iniciativa do BNG transaccionada polo grupo do PP:" O Parlamento de Galiza insta á Xunta a estudar a modificación da actual parada do trasnporte escolar ao seu paso por Vilaño, A Laracha, na DP-2404 até un punto da mesma calzada onde se poida garantir maior seguridade das crizanzas, vehículos e mesmo peóns".O grupo parlamentar do BNG rexistrará nos vindeiros días unha nova iniciativa para que sexa reformado o mapa de apeodoiros do transporte escolar en Galiza, co obxectivo de o adaptar á realidade e necesidades actuais do servizo, e demandará que se faga de maneira dialogada coa comunidade educativa (incluídas as ANPAS).

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Las ansias de meter el diente a los público del gobierno de #XulioFerreiro les lleva a infringir múltiples irregularidades donde se auto-adjudican así mismos los contratos públicos del Ayuntamiento de A Coruña.

Martes, 24 Octubre 2017
Las ansias de meter el diente a los público del gobierno de #XulioFerreiro les lleva a infringir múltiples irregularidades donde se auto-adjudican así mismos los contratos públicos del Ayuntamiento de A Coruña.

  Según los portavoces del PP en María Pita el que "orquestó" el Proxecto Carcere , formaba parte del tribunal para controlar su "auto-adjudicación", para acceder a la partida de...