Septiembre deixará graves problemas de transporte escolar en Galicia; Piden unha auditoría dos criterios do PPdeG na Xunta para a concesión das liñas e denuncian “trato de favor” ás empresas adxudicatarias

XornalGalicia  21 Agosto 2017  750 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Noa Presas e Luís Bará rolda de prensa transporte público

Os  deputados do BNG, Noa Presas e Luís Bará cualificaron de “chapuza técnica” o novo plan de transporte público. Para o deputado por Pontevedra, Luís Bará, “estamos vivindo o preludio do caos” que se producirá no mes de setembro co comezo do curso escolar.

 

 Bará afirmou que o novo plan de transporte público caracterízase “pola improvisación  e falta de diálogo cos diferentes axente relacionados cos concellos” que derivou en contratos licitados con moitas carencias e erros. Neste sentido, lembrou que o BNG xa denunciou os problemas coas liñas e horarios. Por outra parte asegurou que o transporte escolar  inxerido no transporte regular de viaxeiros xa deu lugar a numerosas reclamacións que serán resoltas nos tribunais de xustiza.

Dende o BNG, dixo Bará, consideramos que todo este proceso só ten unha xustificación, a “existencia de intereses ocultos e de beneficiar a grandes empresas”, as únicas con posibilidades de presentarse aos contratos mesmo en forma de UTEs.

 A día de hoxe, engadiu  “non se fixeron públicos os contratos, as adxudicacións nin as baremacións”, o que ao seu xuízo, é unha mostra máis  da “falta de transparencia” polo que o BNG xa solicitou no Parlamento galego a documentación, unha documentación, explicou Bará, que   debería figurar na propia páxina web da Xunta  en aras da lei de transparencia da que tanto presume o Partido popular.

O pasado luns, explicou o deputado foron asinados os contratos coas novas empresas de transporte e dous días máis tarde entraban en vigor creando un “cúmulo de problemas” pola posta en marcha de novas liñas e redución de servizos e paradas sen previo aviso. Son innumerables os problemas detectados en Moaña, Cangas, Pontevedra, Marín, O Grove, Vilagarcía e Cambados derivados das  novas liñas  e a “liberdade ás empresas” para retornar aos servizos  anteriores aos novos contratos incumprindo as propias ofertas das empresas para as licitación. Isto, manifestou Bará, parécenos “moi grave”

O deputado denunciou que as empresas licitaron  novos contratos “a baixa” impedindo a subrogación dos traballadores e traballadoras polo que fixo un chamamento á Xunta para elaborar un novo plan de transporte contando cos axentes implicados.

O BNG PIDE UNHA AUDITORIA DOS CRITERIOS PARA AS CONCESIÓNS

 Pola súa parte, a deputada por Ourense, Noa Presas afirmou que as condicións demográficas de Lugo e Ourense están a crear graves problemas de mobilidade, sobre todo cando serán as propias empresas as que fixen os servizos e horarios. A parlamentaria  recalcou que o BNG pedirá “unha auditoría dos criterios utilizados para as novas concesións” porque é “un  disparate” que unha persoa que acuda dende Trives  ao hospital de Valdeorras deba saír  as 7 da mañá e retornar  as 7 da tarde, “12 horas despois”. Os criterios “non foron racionais nin atenden ás necesidades das persoas usuarias” polo que reiterou que o BNG solicitará unha “auditoría sobre os criterios para outorgar as concesións”.

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Pladesemapesga solicitaba el cese fulminante del Jefe de Prensa Municipal Rodri Suárez, al que catalogaba de "malandrino" del fracso electoral

Jueves, 18 Enero 2018
Pladesemapesga solicitaba el cese fulminante del Jefe de Prensa Municipal Rodri Suárez, al que catalogaba de "malandrino" del fracso electoral

Todas las entidades representadas en PLADESEMAPESGA piden el cese del jefe de prensa censor y culpable de la crispación existente en el Concello de A Coruña..   En la campaña...