O BNG alerta dun “agosto negro” polos lumes en Ourense tapado polas visitas de Rajoy a Chantada para vender mais fume

XornalGalicia  10 Agosto 2017  556 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A deputada por Ourense Noa Presas solicita que a Xunta dispoña de xeito inmediato de máis medios para loitar contra os incendios na provincia ourensá, que nestes momentos soporta un lume que xa devorou 1.200 hectáreas en Verín e concellos limítrofes, no que se chegaron a vivir situacións que trouxeron á memoria o mortífero incendio de Portugal.

 

A parlamentaria advirte contra un “agosto negro” en Ourense e lembra que o Bloque reclamou máis medios fai apenas uns días alertando do que podía pasar, dixo, tras transmitir o apoio de Bloque a todas as persoas afectadas e o recoñecemento ás brigadas contra o lume.

“Quero transmitir o apoio a todas as persoas afectadas polo lume nos concellos de Verín e de Vilardevós, e o noso agradecemento a todas as persoas que están participando nas brigadas de extinción do lume que están a facer un traballo ímprobo para acabar co incendio que é o que toca agora mesmo”, salientou Presas.

Pero ao minuto seguinte de que as lapas estean apagadas “hai que sentarse e avaliar a situación”, indicou, tras salientar que fai apenas uns días o Bloque reclamaba máis medios “solicitando un reforzo nos medios materiais e humanos do dispositivo porque os lumes da pasada semana no que arderon máis de 300 hectáreas alertaban xa dun agosto negro”.

Igualmente, a deputada nacionalista volveu reclamar un Plan específico para Ourense de loita contra os incendios.

“Ourense ten unhas condicións diferenciadas como é o abandono dunha parte moi significativa do seu territorio que está, literalmente, a monte”, indicou, “ademais das condicións meteorolóxicas adversas caracterizadas polas altas temperaturas”, alegou, “aínda que este verán por fortuna foron ata agora máis moderadas”.

As máis de 1.200 hectáreas queimadas na comarca de Monterrei confirman “por un lado que é imprescindible reforzar os medios materiais e humanos do dispositivo e, por outro, que é imprescindible dotar dun plan específico de actuación ao territorio de Ourense porque non podemos permitir que, verán a verán, vexamos lumes con esta cantidade de hectáreas queimadas e con estes riscos para a poboación”, concluíu.

 

COMO TAPAN Os INCENDIOS COA COLABORACIÖN DA PRENSA ESCRITA O PPDEG sen falar dos incendios que abordelan e desertifican Galicia

 A cadea hotelera Hotusa celebra este mércores en Chantada, terra natal do presidente do grupo, Amancio López, o seu 40º aniversario. Hotusa naceu en Barcelona en 1.977 coa unión de diversas empresas relacionadas co sector turístico. Baixo a batuta de Amancio López creceu ata superar os 4.000 empregados e os mil millóns de facturación. A compañía pechou 2016 con 2.587 hoteis asociados e 232.904 habitacións comercializadas.

Hotusa está presente en máis dun centenar de países, pero o presidente do grupo prepara o aniversario na súa casa, en Chantanda, onde abriu en 2012 un centro de traballo para asistir aos hoteis asociados que hoxe rolda os 200 traballadores.

O acto terá lugar na mañá do mércores no auditorio da localidade lucense e está confirmada a presenza do presidente do Goberno, Mariano Rajoy, así como do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

Hotusa foi elixida o ano pasado como o primeiro consorcio hotelero europeo pola prestixiosa revista norteamericana Hotels. Keytel, tamén integrada no grupo do empresario galego, ocupou o segundo posto do ranking.

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

El Palacio de María Pita luce BANDERA A MEDIA ASTA tras anunciar su próxima candidatura #XulioFerreiro convirtiendo las esperanzas de más del 90% de los coruñeses en un "martirio".

Viernes, 08 Diciembre 2017
El Palacio de María Pita luce  BANDERA A MEDIA ASTA tras anunciar su próxima candidatura #XulioFerreiro convirtiendo las esperanzas de más del 90% de los coruñeses en un "martirio".

Su personal modo de ver la política ya reconocida por la mayoría como un fraude "trilero felón" en la que esta acusado de convertir la Ciudad en un estercolero y...