Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O próximo curso escolar estará caracterizado polo elevado número de vacantes con itinerancias. Segundo explican dende CIG-Ensino, dun total de 2.458 mestras e mestres que obtiveron destino, un 18% terán que impartir docencia en máis dun centro, sendo nalgúns casos as itinerancias de 4 centros. Dentro deste colectivo ten especial importancia, as persoas que serán orientadoras, xa que sen variar o total de prazas adxudicadas, 166, as que teñen que atender máis dun centro increméntanse un 9% ao respecto do curso pasado.

 

Hai casos de mestras e mestres que, ademais de ter que andar dun centro para outro, tamén terá que impartir materias das que non é especialista, situación que afecta ao 19% das 444 persoas que teñen itinerancias. “A impartición de afíns segue o seu curso, con cifras similares ás dos dous últimos cursos, moi superiores ás de anos anteriores”, sinala a CIG-Ensino.

En cifras globais aumenta o número de mestras e mestres que non teñen destino definitivo, e non polo incremento do persoal interino -que se mantén en cifras case iguais que o ano pasado (1.130)-, “senón polos efectos dos recortes dos postos de traballo e dos peches de centros”. Así, o colectivo de persoas suprimidas dispárase case un 15% en só un curso, mentres que a insuficiente oferta de vacantes nos concursos de traslados non logra frear o número de funcionariado de carreira que non obtivo aínda o seu primeiro destino definitivo (un 16% máis que no curso 2016/17).

Prazas catalogadas sen adxudicar

Só unha semana despois de actualizar o catálogo de postos de traballo dos colexios de infantil, primaria e educación especial, no que a Xunta incidiu na súa política de recortes, suprimindo 100 postos de traballo, "á primeira de cambio a administración educativa decide incumprir a propia norma que obriga a dotar eses postos e deixa quedar algunha prazas sen profesorado”, denuncia a Federación do Ensino. Algúns exemplos desta situación son o CPI Manuel Suárez Marquier do Rosal, o CRA Novo Mencer de Coristanco, o CEIP de Louro ou o CEIP Antonio Blanco do Covelo.

Hai, ademais, necesidades dos centros que non foron atendidas pola inspección educativa, “o que levará unha vez máis a un inicio de curso de demandas da comunidade educativa para que se atendan as necesidades de apoio educativo específico ou a necesidade de reducir elevadas ratios”.

Amortizacións encubertas en educación infantil

Caso aparte merecen as amortizacións encubertas de educación infantil en varios centros, onde inspección educativa insinúa a posibilidade de non amortizar prazas de catálogo en Educación Infantil se unha das mestras de educación infantil acepta, en principio durante un ano, impartir docencia en primaria, co cal non cobren a praza de primaria no CADP e amortizan na realidade a de infantil.

Facer fronte á provisionalidade e á inestabilidade

A CIG-Ensino demanda a recuperación das condicións de traballo que foron retiradas polo goberno Feijóo en 2009, retornando ás 21 horas lectivas como máximo, o que implicaría un incremento importante de docentes, con maiores ofertas de emprego público e, consecuentemente, unha mellora non só nas  condicións de traballo senón na propia calidade do sistema educativo galego.

Para a CIG-Ensino é fundamental fixar os claustros, aumentando o máximo posíbel o número de mestras e mestres con destino definitivo, reducindo á mínima expresión o tempo de provisionalidade, que nalgunhas especialidades levan nesta situación desde o 2010.

“Afrontar a inestabilidade laboral, cunha porcentaxe de persoal interino que supón o 46% do total de docentes sen destino definitivo (1.130), ten que vir obviamente de ofertas amplas de emprego, mais acompañadas dun acordo de estabilidade, algo que a CIG-Ensino sempre defendeu e seguirá a defender”.

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Xulio Ferreiro y Psoe se niegan a reducir el IBI a los coruñeses-as que se encuentra entre los más altos de España incumpliendo sus propias promesas electorales.

Martes, 10 Octubre 2017
Xulio Ferreiro y Psoe se niegan a reducir el IBI a los coruñeses-as que se encuentra entre los más altos de España incumpliendo sus propias promesas electorales.

La propuesta del Partido Popular para reducir un 10 % el IBI fue rechazada en el pleno de ayer. La clave estaba en el grupo municipal socialista, que en su...