"TRASNADAS" PP de A Laracha.- ELECTRIFICACIÓN REITORAL DE GOLMAR: UNHA OBRA QUE PRESUNTAMENTE CUSTABA NO SEU DÍA 48.000 EUROS. FEITA NO 2016 POR 1.012 EUROS?

XornalGalicia  05 Agosto 2017  525 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

 

No seu momento o concello pagou a unha empresa unha factura de 48.000 euros pola electrificación da Reitoral de Golmar, onde se ubica o Museo de Interpretación dos Muiños, obra que non se fixo e pola que o Alcalde da Laracha foi denunciado pola Fiscalía –asunto que finalmente se resolveu coa revisión do expediente e a devolución dos cartos por parte da empresa-. No 2016 o concello pagou á mesma empresa facturas por valor de 1.012 euros por “acometidas para edificio Museo Casa Reitoral de Golmar”.

 

 

Revisando a documentación da Conta Xeral 2016 do concello da Laracha, a exposición pública estes días, atopamos unha orde de pago de facturas á empresa subministradora de electricidade por valor de 1.012,59 euros en concepto de “acometidas para edificio Museo Casa Reitoral de Golmar”, con data de febreiro de 2016. Lembremos que no seu momento a mesma empresa foi contratada para executar a obra de subministración eléctrica para este mesmo edificio, e pola que se lle pagou unha factura de máis de 48.000 euros, obra que nunca se chegou a executar como así quedou demostrado a raíz dunha denuncia da Fiscalía Provincial contra o Alcalde da Laracha por este feito (o pago por parte do concello dunha obra non realizada). Este asunto resolveuse finalmente cunha revisión de oficio do expte. de contratación e a devolución do diñeiro por parte da empresa, e nas instancias xudiciais o arquivo do asunto por parte do Xulgado nº 3 de Carballo que instruira dilixencias previas logo da denuncia da Fiscalía contra o Alcalde.

 

O Grupo Municipal do BNG da Laracha preguntará por este asunto no próximo Pleno da Corporación. Como é posíbel que unha obra que supostamente custaba 48.000 euros e non se fixo se faga no 2016 por 1.012 euros? Funciona correctamente a instalación eléctrica do Museo, incluído o ascensor? Comprobou o goberno municipal que as obras polas que pagou o ano pasado 1.012 euros foron, agora si, efectivamente realizadas?

 

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

El Palacio de María Pita luce BANDERA A MEDIA ASTA tras anunciar su próxima candidatura #XulioFerreiro convirtiendo las esperanzas de más del 90% de los coruñeses en un "martirio".

Viernes, 08 Diciembre 2017
El Palacio de María Pita luce  BANDERA A MEDIA ASTA tras anunciar su próxima candidatura #XulioFerreiro convirtiendo las esperanzas de más del 90% de los coruñeses en un "martirio".

Su personal modo de ver la política ya reconocida por la mayoría como un fraude "trilero felón" en la que esta acusado de convertir la Ciudad en un estercolero y...