Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A vicepresidenta, Goretti Sanmartín, anunciou que a Deputación da Coruña denunciará á Fundación Francisco Franco de se comprobar que fai apoloxía do franquismo no Pazo de Meirás. Goretti Sanmartín lembrou na inauguración da Feira do Libro da Coruña que a Deputación xa lle retirou as honras e quere saldar o episodio en que colaborou no "expolio" do Pazo de Meirás.
Goretti Sanmartín respondeu na súa intervención ao comunicado da Fundación Francisco Franco en que agradece a "xenerosidade e intelixencia" da Deputación da Coruña á hora de colaborar no expolio da veciñanza para que o Pazo de Meirás fose propietario da Familia Franco.

"Esa Deputación o pasado ano retirou as honras a Francisco Franco e e denuncia que a Fundación que leva o seu nome empregue as visitas obrigadas, pola súa condición de BIC, para facer apoloxía do franquismo, como recoñeceron a través dese mesmo comunicado", sinalou Goretti Sanmartín na súa intervención que comezou lembrando a figura de José María Eirís, libreiro na rúa San Nicolás asasinado en 1937 no Campo da Rata da Coruña, hai agora oitenta anos.
"Cando se cumpren oitenta anos do seu asasinato, desde a Deputación da Coruña queremos facer un claro alegato para a recuperación a súa memoria, da memoria de tantas vítimas do franquismo aínda silenciadas", dixo, ao tempo que invocou a Lei da Memoria Histórica para reclamar que se impida que a Fundación Francisco Franco siga eloxiando o réxime ditatorial no Pazo de Meirás. "Un feito así non acontece en ningún país que teña posto fin a unha ditadura como a que aquí se viviu, en Alemaña sería impensábel coa figura de Hitler ou en Italia con Mussolini", dixo.
"Tivemos a ben retirar as honras que aínda tiña de fillo predilecto, porque nós, as honras, dámosllas a unha Xeración Perdida polo xenocidio que el mesmo encabezou", dixo, botando man do título do proxecto da Deputación da Coruña de recuperación da memoria histórica ao tempo que anunciou o compromiso de presentar unha denuncia se a Fundación incumpre a Lei da Memoria Histórica facendo apoloxía do franquismo no Pazo de Meirás.

A vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña reivindicou a necesidade de recuperar a memoria histórica no marco da Feira do Libro xa que, segundo sinalou "librarías e bibliotecas son espazos que nos fan libres e por iso as ditaduras sempre queimaron e prohibiron milleiros de libros".

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Las preferencias de Xulio Ferreiro ya muestran "su cara oculta" trasladando más dinero a la "casta" que a su programa electoral

Lunes, 14 Agosto 2017
Las preferencias de Xulio Ferreiro ya muestran "su cara oculta" trasladando más dinero a la "casta" que a su programa electoral

El gobierno de la Marea Atlántica a cortado más del 50% de las inversiones a favor de los vecinos de A Coruña y sus recurso, desviando el otro 50% a...