Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Destaca o traballo “de control pero tamén de impulso” do seu grupo, con “temas centrais de país” aprobados a partir de iniciativas socialistas

 

 

 

 

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 17. O portavoz parlamentario do grupo socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, mantivo esta mañá un encontro informativo cos medios para facer un balance do período de sesións que vén de rematar, no que viu un “proxecto esgotado” por parte do goberno galego e de Feijóo, que “pesa menos que nunca na política española”. Ademais criticou os “tics sectarios” do PP nos últimos recoñecementos institucionais como as Medallas de Galicia e destacou o traballo “de control pero tamén de impulso” do seu grupo, con “temas centrais de país” que saíron adiante no Parlamento e naceron de iniciativas socialistas.

 

 

 

Leiceaga comezou analizando o “proxecto esgotado” do goberno de Feijóo e destacou que no que vai de lexislatura “non aprobaron nin unha soa iniciativa lexislativa propia” máis aló das dúas leis de Orzamentos que son obrigadas. Polo contrario, o Parlamento si aprobou a proposición de lei para a transferencia da AP-9 que foi impulsada pola oposición, e o PP botou abaixo unha iniciativa dos tres grupos da oposición para aprobar a Lei de Igualdade de Trato.

 

 

 

Fronte a parálise do PP, o grupo socialista rexistrou catro iniciativas lexislativas. Dúas delas foron rexeitadas polo PP: a da reforma da lexislación eléctrica “para que os cidadáns galegos non asuman nas súas facturas da luz os impostos ambientais” que as grandes compañías eléctricas deben pagar, e a lei de modificación dos orzamentos que demostraba que “é posible outra política económica”. Ademais outras dúas iniciativas lexislativas, sobre a CRTVG e sobre a obxectividade nas axudas concedidas pola Xunta aos concellos, serán tramitadas a partir de setembro.

 

 

 

En segundo lugar, Leiceaga censurou o “marketing lexislativo” do goberno de Feijóo coas leis aprobadas na anterior lexislatura, “que non teñen consecuencias políticas nin se desenvolven”, como ocorre coa lei da CRTVG ou a Lei de Accesibilidade para persoas con discapacidade. O terceiro punto que puxo sobre a mesa foi o feito de que “Feijóo pesa menos que nunca na política española”, e para exemplificalo afirmou que “as demandas da Xunta son un fracaso”, como é o caso da transferencia da AP-9, o descenso notable nos orzamentos, a situación do financiamento autonómico ou a conexión dos portos secos, un tema no que o Goberno chegou a un acordo co PNV e non así co PP de Galicia. “Feijóo ten unha maioría absoluta única no PP e menos peso que nunca”, resumiu.

 

 

 

Por último, censurou os “tics sectarios que indican a natureza do PP” nos recoñecementos institucionais dos seus gobernos. Así, referiuse ás Medallas de Galicia que serán entregadas o luns. “Irei por respecto institucional pero o corpo pídeme non ir”, admitiu Leiceaga, que ve nestes recoñecementos “un peso político excesivo fronte á representación da sociedade civil” e “un sesgo conservador sen contrapeso de ningún tipo”. Leiceaga quixo deixar claro que nesta crítica non entra o caso de Miguel Ángel Blanco, e lembrou tamén que a ministra Fátima Báñez vén de homenaxear nun acto público só aos secretarios xerais de Emigración na etapa de Fraga. “Hai un sesgo partidista excesivo que no PP deberían corrixir”, afirmou.

 

 

 

10 iniciativas “de país” aprobadas no Pleno

 

Con respecto á labor de oposición do grupo socialista, Leiceaga destacou que mantivo unha actividade parlamentaria estable en tempos “de tribulación” no partido socialista, e que privilexiou os temas de interese para Galicia. No plano económico e do emprego, centrado sobre todo no emprego xuvenil. Nos problemas de competencia do solo e a industria con Portugal, co caso da Plisan, no tema de Ferroatlántica ou cun proxecto de Orzamentos alternativo “que demostrou que hai outra política posible”.

 

 

 

Tamén destacou a labor dos socialistas nas cuestións referidas á transparencia, coa iniciativa aprobada para a supresión dos aforamentos, as críticas á CRTVG ou iniciativas rexeitadas polo PP como a regulación da protección de denunciantes de corrupción nos órganos públicos, na que seguirán insistindo. No plano social destacou a loita do seu grupo pola estabilidade laboral nos servizos públicos, o dereito ás residencias públicas, a Risga ou o financiamento para as familias con filllos que teñen escasos recursos.

 

 

 

Fixemos un traballo de control ao goberno pero tamén de impulso”, afirmou Leiceaga, que cre que o seu partido demostrou que “comprometer e obrigar ao goberno a aprobar iniciativas é posible aínda que se teña unha posición de minoría”. Así, destacou as 10 iniciativas socialistas aprobadas no Pleno das máis de 40 neste período que impulsaron “temas centrais de país”, como a posición de Galicia sobre o financiamento autonómico, que nace dunha proposta do seu grupo, a posición de Galicia tras a venta do Pastor-Popular ao Banco Santander ou a postura ante a posible segregación e venda das centrais de Ferroatlántica na Costa da Morte. Tamén nas comisións parlamentarias foron aprobadas case 30 iniciativas máis impulsadas polo grupo socialista.

 

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Comenza o curso nos colexios de A Coruña e seguen sen arranxar os problemas do amianto, Xulio Ferreiro mira para outro lado, favorecendo subvencións para arranxar os do estadio de Riazor onde parece ser ten mais intereses personais

Domingo, 10 Septiembre 2017
Comenza o curso nos colexios de A Coruña e seguen sen arranxar os problemas do amianto, Xulio Ferreiro mira para outro lado, favorecendo subvencións para arranxar os do estadio de Riazor onde parece ser ten mais intereses personais

  Xulio Ferreiro conocía perfectamente los peligros del Amianto en el Colegio Ramón de la Sagra pero prefirió mirar para otro lado dejando el peligro permanentemente.  30.05.2017 | El presupuesto...