Información
Galicia

O PPdeG, e Sr Feijóo utilizan o período estival, cando gran parte das organizacións sociais, os traballadores sanitarios e a poboación está de vacacións, para presentar o seus proxectos que ninguen quere en Galicia.

Información
19 Julio 2017 1011 votos

Ante a presentación do Plan Funcional para a ampliación do Complexo Hospitalario de Pontevedra desde a Asociación para a Defensa da Sanidade Pública (da Plataforma SOS Sanidade Pública) de Pontevedra queremos comunicar:

 

 

1.- Que unha vez máis a Consellería de Sanidade utiliza o período estival, cando gran parte das organizacións sociais, os traballadores sanitarios e a poboación está de vacacións , para presentar o seus proxectos máis controvertidos, tratando así de minimizar a reposta aos mesmos. Hai que recordar que a Consellería se comprometera a realizar dita presentación o pasado mes de maio.

 

 

2.- Aínda que Feijóo manifestou que a elaboración do Plan Funcional realizouse coa participación de numerosas persoas e organizacións, excluése do proceso á Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública de Pontevedra, principal impulsora dun Hospital Único ampliando o edificio de Montecelo, fronte ao proxecto da Xunta de construír un novo Hospital en Montecarrasco moito máis caro e afastado da poboación. A tenacidade e perseveranza nas mobilizacións da Plataforma fixeron posible o proxecto.

 

 

3.- Chama a atención que a elaboración do Plan realízase sen acceso aos datos, é dicir, sen que as organizacións sociais teñan datos sobre os recursos, problemas e necesidades da poboación, o que fai imposible determinar os recursos hospitalarios que fan falta no área.

 

4.- Aínda que parece que van destinarse 140 millóns, non se ha aclarou si recorrerá á xestión privada, cuxas desastrosas consecuencias son de sobre coñecidas en Vigo.

 

 

5.- Tampouco Feijóo aclarou si o parking será publico e gratuito ou de xestión privada, algo moi importante para garantir a accesibilidade da poboación ao hospital, en condicións de equidade.

 

 

6.- O Plan debería ir acompañado dunha proposta global sobre os recursos sanitarios, que complemente a oferta hospitalaria e que remate coas deficiencias que padece o área.

 

 

7.- Destinar a centro de maiores o actual edificio do Hospital Provincial supoñerá perder un espazo para actividades sanitarias esenciais no centro de Pontevedra, como un novo centro de saúde e un Servizo de Urxencias Extrahospitalario con acceso a radioloxía e análise clínicos, hospital de día, rehabilitación, etc.

 

 

 

Se o proxecto do centro de maiores sae adiante supoñerá un gravísimo problema para o comercio e as pequenas empresas da zona que son utilizadas polas persoas que acoden ao actual centro hospitalario. Hai que ter en conta que a circulación de persoas a un xeriátrico é infinitamente menor que a unhas instalacións sanitarias. Ademais, existen alternativas como a posta en funcionamento do antigo asilo, que permitiría compatibilizar as dúas función e atender ao mesmo número de maiores e dependentes.

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi