Información

Julio Sacristán e Xosé Regueira, coincidiron en destacar "a boa intención" do proxecto de acoller e axudar á inserción social e laboral dos refuxiados que chegan a Europa

Información
30 Abril 2016 2017 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O pleno da Deputación da Coruña aprobou hoxe cos votos favorables do PSdeG-PSOE, BNG, e Alternativa dos Veciños e a abstención do Partido Popular, unha moción en apoio das demandas da Asociación de Vítimas do Alvia 04155.

O texto aprobado hoxe insta ao Goberno do Estado á encargar a unha comisión de expertos e técnicos independentes a investigación do acontecido e a posterior apertura dunha comisión de investigación no Congreso dos Deputados sobre o accidente do tren en Angrois o 24 de xullo de 2013, no que morreron 81 persoas e resultaron feridas 145, para establecer posibles responsabilidades políticas. Asimesmo, comprométese a colaboración da institución provincial na difusión do documental "Frankestein 04155" sobre o accidente.

A portavoz do Goberno provincial, Goretti Sanmartín, destacou a "necesidade de que se coñeza a verdade do que sucedeu nese tren para que feitos como este non volvan a suceder", nun pleno ao que asistiron como público representantes da Asociación de Vítimas.

O pleno de hoxe, no que tomou posesión da súa acta a deputada do Grupo Popular Rosa Gallego, que substitúe ao alcalde de Carral, José Luis Fernández Mouriño, aprobou tamén por unanimidade unha moción presentada polo grupo provincial de Compostela Aberta instando á Deputación a promover, dentro das convocatorias de subvencións para investimentos deportivos destinadas aos concelllos, a adquisición de desfibriladores semiautomáticos para as infraestruturas deportivas da provincia e deixou sobre a mesa a moción de Alternativa dos Veciños pedindo un plan para "a adquisición de casas e terreos abandonados" nas zonas rurais da provincia "para asentar ás familias exiliadas e refuxiadas, dotándoas de medios materiais e formativos para a explotación agraria e artesanal a través da constitución de sociedades cooperativas".

Os portavoces de PSOE e BNG, Julio Sacristán e Xosé Regueira, coincidiron en destacar "a boa intención" do proxecto de acoller e axudar á inserción social e laboral dos refuxiados que chegan a Europa e subliñaron que a Deputación xa puxo 300 prazas ao dispor do Goberno de España para este cometido, pero entenden que a súa ubicación en aldeas rurais podería contribuír á creación de guetos e que as zonas urbanas teñen máis servizos de atención que os refuxiados poden precisar, polo que se acordou estudalo en profundidade nun foro no que se debata o tema do acollemento coa colaboración de ONGs e especialistas.

O PP retirou unha moción na que solicitaba que a Deputación asumirá as achegas económicas que actualmente realizan concellos para o mantemento dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES), tras o compromiso experesado polo presidente, Valentín González Formoso, de "facer unha regularización ao final de ano cun informe dos concellos que foran prestatarios dos servizo e que fixeran incurrir nun sobrecoste" aos municipios onde se asenta a base destes efectivos, que na provincia da Coruña son Ortigueira, Ponteceso, Muros, Mugardos, Padrón, Curtis e Brión.

Actualmente, os GES fináncianse nun 60% con achegas da Xunta, un 20% con fondos da Deputación e outro 20% dos concellos onde se ubican as súas bases, a pesar de ser servizos de ámbito supramunicipal, polo que a Deputación entende que existen uns sobrecostes por atender a estes concellos da súa demarcación, que estaría disposta a asumir.

PAI adicional 2015

Na sesión plenaria de hoxe deuse luz verde por unanimidade a sete novas obras incluidas dentro do PAI adicional 2015 nos concellos de Betanzos, Carballo, Culleredo, Fene, Outes, Ribeira e Teo por importe de 432.538 euros.

Con cargo a estes fondos financiaranse as obras de mellora dos parques do Malecón, Pintor Seijo Rubio e Pasatempo en Betanzos (56.065 euros), a reurbanización da rúa Vila de Noia en Carballo (122.184,90 euros), melloras na praza Daniel Rodríguez Castelao de Culleredo (46.735 euros), melloras da pista polideportiva de Magalofes e de áreas de xogo de Fene (42.914,20 euros), melloras da canalización de pluviais en Outes (44.919,64 euros), mellora da seguridade vial na zona escolar de Frións en Ribeira ( 52.714,30 euros) e acondicionamento de viais municipais nas parroquias de Chaves e Ribeira, no concello de Teo (67.005,14 euros).

Tamén dentro deste programa, pero pendentes da disponibilidade presupostaria polas baixas das licitacións dos investimentos incluidos no plan base, aprobáronse obras de mellora da eficiencia do alumeado público da AC183 en Sada (53.051 euros), reparacións de alumeado público en Souto (Santiso) por importe de 30.703 € e mellora de estradas en Baiño e Calo (Vimianzo) por 35.000 euros.

O pleno de hoxe aprobou convenios de colaboración con oito concellos da provincia (Brión, Carnota, Moeche, Oleiros, Paderne, Pontedeume, Rianxo e Toques), que suporán investimentos por importe de 724.890 euros dos que 547.909,13 serán achegados pola Deputación.

As achegas provinciais destinaranse á seguintes obras:

CONCELLO DE BRION

AMPLIACIÓN/ACONDICIONAMENTO DE CUNETAS, REDE MUNICIPAL DE PLUVIAIS EN LAMIÑO, LIÑARES E VIOXO-LUAÑA ORZAMENTO: 135.163,96 € ACHEGA DEPUTACION: 108.131,14 €

Na parroquia de Brión preténdese entubar as escorrentías de dous tramos de pistas, coa conseguinte ampliación da sección da calzada, á vez que se instalan tuberías de pluviais. A nova rede de sumidoiros conéctanse a tramos existentes de maneira que se as redes existentes. En Lamiño realizaranse dous tramos paralelos, cun sobreancho de 1 metro e o outro de 1,30 metros. En Liñares intercálanse tres tramos coa rede existente, introducíndose varios pozos de rexistro. Na parroquia de Luaña preténdese intervir na pista municipal que conecta a duas vías de titularidade provincial (CP 1301 e CP 1302) e que conecta as aldeas de "Vioxo de Arriba" e "Vioxo de Abaixo" con Luaña (Centro parroquial). Para elo limparanse ambas cunetas, para mellorar as condicións de escorrentía, a fin de protexer a calzada, e ao mesmo tempo consolidar os bodes das pistas cunha operación de acondicionamento da pista, a base dun riego asfáltico.

CONCELLO DE CARNOTA POSTA EN FUNCIONAMENTO DAS PLANTAS ALTA E BAIXA NO CENTRO SOCIOCULTURAL DE O VISO ORZAMENTO: 200.000,00 € ACHEGA DEPUTACION: 160.000,00 €

Posta en funcionamento das plantas alta e baixa do edificio que alberga dous obradoiros e as instalación da Escola Municipal de música. As obras a realizar consisten na construcción total da planta primeira e segunda do edificio (agás o auditorio). As obras inclúen falsos teitos e illamento; soldados, alicatados e pintura interior; colocación de alumeado, aseos e carpintería interior, etc..así como a instalación, eléctrica, contraincendios e de fontanería correspondente.

CONCELLO DE MOECHE

ADECUACION DE LOCAIS SOCIAIS E CULTURAIS: ANTIGO LOCAL DE PROTECCIÓN CIVIL DE ABADE, LOCAL SOCIAL DE ABADE E LOCAL SOCIAL DE PEREIRO ORZAMENTO: 90.625,00 € ACHEGA DEPUTACION: 72.500,00 €

Antigo local de protección civil:

No antigo edificio de Protección Civil acometeranse obras de acondicionamento interior co obxecto de crear un salón de actos culturais.

Proxéctase una nova distribución que leva consigo a demolición parcial das particións interiores, desprazando os aseos e a sala de caldeiras da súa loalización actual cara a esquina suroeste, con fin de ampliar o ámbito disponible para o salón de actos, que pasa a ocupar todo o largo do edificio entre as fachadas leste e oeste, dando cabida a un escenario e a un patio de butacas cun aforo de 83 espectadores sentados.

O vestíbulo e o punto de atención mantéñense na súa posición orixinal, e créase un pequeño almacén camerino entre o escenario e os aseos, así coma una pequeña sala de caldeiras. A capacidade total de ocupantes para o conxunto do edificio é de 111 persoas

Local social de Abade

Colocación de cortinas acústicas nas xanelas

Local social de Pereiro

Antigua escola unitaria, utilizada actualmente coma local de reunións da asociación de veciños de San Xurxo de Moeche. Deberán acometerse obras de reparación da envolvento, co obxectivo específico de eliminar as deficiencias detectadas. Ademáis levaranse a cabo obras de revestimento da fachada da edificación situada na parte posterior, así coma a colocación dos vidros nas xanelas

CONCELLO DE OLEIROS

ORDENACION DO APARCADOIRO DE BASTIAGUEIRO ORZAMENTO: 140.000,01 € ACHEGA DEPUTACION: 79.997,00 €

O uso definido para a parcela é de zona verde, polo que se plantexa o uso únicamente en períodos punta de ocupación. Óptase pola extensión dunha capa de zahorra de 20 cm de espesor primerio e logo pola aplicación dun tratamento superficial consistente nun dobre rego.

Regularase a superficie existente mellorando as pendentes existentes, mediante o desmonte e terraplenado do terreo. Farase un tratamento estabilizador dos diferentes taludes existentes. No talud de maior altura, executarase un muro de escollera de pedra careada e ampliarase a coronación incorporando zona verde. Protexerase a coronación deste talud mediante a colocación dunha varanda de madeira. Proxectase unha rede de recollida de augas pluviais.

Dotarase a explanada de zonas verdes que delimiten os aparcamentos e plantarase arborado. Co fin de delimitar de maneira correcta os sentidos e dirección de acceso así como a zona permitida de estacionamento, realizarase unha sinalización vial.

Na rúa Mioporos executarase unha beirarrúa.

CONCELLO DE PADERNE ADQUISICION DE MARQUESINAS ORZAMENTO: 35.626,22 € ACHEGA DEPUTACION: 28.500,98 €

Tratase da adquisición de 11 marquesinas para o Concello de Paderne. Entre outros puntos situaranse nas paradas do transporte escolar. As marquesinas serán de madeira tratada e estrutura metálica, con banco e tellado revestido de pizarra.

CONCELLO DE PONTEDEUME REPARACION REDE DE SANEAMENTO NA PARROQUIA DE VILAR ORZAMENTO: 24.000,00 € ACHEGA DEPUTACION: 19.200,00 €

A finalidade é restaurar o saneamento existente na zona. Os traballos iniciaranse realizando cun replanteo xeral da obra, determinando o emprazamento real dos novos pozos de rexistro e tubería. Continuarase realizando o corte do firme actual (aglomerado) para limitar, na medida do posible o seu deterioro. Procederase á eliminación da instalación existente e a excavación de zanxas dos colectores para o posterior recheo da zanxa con material da propia excavación. Posteriormente restaurarase o afirmado da estrada.

CONCELLO DE RIANXO ACONDICIONAMENTO DE DEPENDENCIAS MUNICIPAIS NO ANTIGUO LICEO ORZAMENTO: 57.475,01 € ACHEGA DEPUTACION: 45.980,01 €

O proxecto contempla obras de acondicionamento da planta baixa (dende o paseo marítimo) que sirvan principalmente para dotar de aseos adaptados, dobre ventana e calefacción a este local municipal. Inclúese tamén o pintado interior.

CONCELLO DE TOQUES ABASTECEMENTO DE AUGAS A VILOURIZ E FONDEVILA ORZAMENTO: 42.000,00 € ACHEGA DEPUTACION: 33.600,00 €

O proxecto contempla a canalización de 2.175 m. de tubería PVC de 75 mm. de diámetro e 10 atm. de presión e instalación de 2 válvulas de comporta e 2 ventosas universais, previa excavación de zanxa e posterior recheo compactado da mesma.

Xestión de bens patrimoniais

O pleno da Deputación aprobou tamén os convenios de colaboración polos que se delega a xestión do Castelo e os batáns de Mosquetín ao Concello de Vimianzo, as Torres do Allo ao de Zas e o mosteiro de Caaveiro ao da Capela.

O concello de Zas encargarase da xestión de visitantes das Torres do Allo e dos distintos usos do ben patrimonial ademais de organizar actividades de animación e accións de divulgación e promoción. O orzamento do convenio é de 33.000,00€ destinados á xestión de persoal para atender o monumento e á programación.

En canto ao Concello de Vimianzo, o convenio establece que será o encargado de xestionar a atención de visitantes, a mostra de artesanía ao vivo e outras actividades no Castelo de Vimianzo e Batáns do Mosquetín cun orzamento de 100.000 €.

Finalmente, por vez primeira o concello da Capela será o responsábel da xestión e visitas e da divulgación cultural de Caaveiro que inclúen a posta en valor histórica e cultural tanto do ben patrimonial como do seu extraordinario entorno, as Fragas do Eume, considerado o maior bosque atlántico de Europa. O convenio está dotado cun orzamento de 70.000 € destinado á atención de visitantes ademais dun programa de actividades no que se inclúen xogos, obradoiros ou exposicións, ademais dunha proposta para concienciación da importancia do patrimonio natural das Fragas do Eume.

 


Mar Sanchez Sierra, asesora personal de Feijóo aparece relacionada con turbios negocios relacionados con fallecidos y incendios forestales que califican ellos mismos de terrorismo incendiario

marsanchezsierra secretariademediosentramdopiramipdal 29 7 2018La asesora personal de Feijóo  monto o financió "una estructura de colaboración estable de fondos públicos con miembros del PP" familiares del brigadista fallecido en Fornelos de Montes que alcanza a un turbio negocio de los incendios forestales en la Xunta de Galicia y Rosa Quintana.

La Secretaria de Medios de la Xunta nombrada por Feijóo, Mar Sanchez Sierra alimenta un "entramado de empresas piramidal" de miembros del PPdeG con fondos públicos de la Xunta de Galicia bajo convenios y adjudicaciones a dedo con Adelaida Dominguez socia y administradora única de varias sociedades de una red de empresas para acceder a contrataciones públicas en la Xunta de Galicia y instituciones donde gobierna el PPdeG. En paralelo los fallecidos en Fornelos de Montes y incendios forestales dejan al descubierto un "negocio de fondos públcios" de inmensas y gigantescas proporciones, donde lo único que cuenta es el dinero público a manos llenas a través de fundaciones, Cetal, Seaga, Fremss, venta de helicópteros, campañas a medios de comuniación de prevención de incendios, manipulación informativa..Brigas Aerotransportadas, etc ....(+).

2. La asesora de Feijoo María del Mar Sanchez financia la venta de ropa laboral y calzado, ropa de policía, cursos de policía, páginas web a gobiernos del PPdeG ...
3. La administradora de varias empresas y convenios con la asesora de Feijóo, Mar Sanchez Sierra solicitó viviendas de protección oficial en varios puntos de Pontevedra. ...
4. Una asesora de Feijóo facturó irregularmente más de 400.000 euros  ... 5. https://www.google.es/search?q=corrupción+informativa+xunta+galicia....(+)

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi