Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A portavoz de Medio Ambiente do grupo socialista, Patricia Vilán, denunciou en comisión parlamentaria que o emisario submarino de verquidos de Ence que foi autorizado pola Xunta hai máis de 20 anos e renovado polo propio goberno galego en 2003 carece do permiso de concesión para a ocupación de dominio público por parte do Ministerio. Este permiso do goberno de España é preceptivo e ten que ser previo á autorización, polo que a instalación incumpre a normativa. “A instalación foi renovada sabendo que vostedes conculcaban a lexislación vixente”, denunciou a socialista.

 

 

 

 

Vilán lembrou que xa un informe de 1991 recollía a necesidade desta autorización previa, e que as accións do movemento asociativo acabaron cunha sentenza da Audiencia Nacional, ratificada en 2014 polo Tribunal Supremo, na que se ratificaba o incumprimento da legalidade desta instalación pola que se verten contaminantes á Ría de Pontevedra. “Acaba de dicir que está en proceso de regulación, o que quere dicir que non tiñan autorización e que o emisario non está nunha situación conforme á legalidade”, reprochou Vilán tras o recoñecemento por parte do representante de Augas de Galicia de que a situación está en proceso de resolverse.

 

 

 

A socialista replicou que a lexislación obriga a esta autorización desde o comezo, e non desde hai 15 anos como sostivo o representante deste ente, e lamentou que desde hai máis de seis meses os informes estean parados, a pesar da afirmación de que a actual situación está en proceso de ser regulada. Por último, Vilán referiuse ao suposto proxecto dun novo emisario submarino para a Ría de Pontevedra do que a conselleira falou nos medios e comunicación, e preguntouse se de levarse a cabo tamén se faría sen o permiso previo de ocupación do Ministerio.

 

 

 

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Comenza o curso nos colexios de A Coruña e seguen sen arranxar os problemas do amianto, Xulio Ferreiro mira para outro lado, favorecendo subvencións para arranxar os do estadio de Riazor onde parece ser ten mais intereses personais

Domingo, 10 Septiembre 2017
Comenza o curso nos colexios de A Coruña e seguen sen arranxar os problemas do amianto, Xulio Ferreiro mira para outro lado, favorecendo subvencións para arranxar os do estadio de Riazor onde parece ser ten mais intereses personais

  Xulio Ferreiro conocía perfectamente los peligros del Amianto en el Colegio Ramón de la Sagra pero prefirió mirar para otro lado dejando el peligro permanentemente.  30.05.2017 | El presupuesto...