Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Compañeiros/as de traballo e familiares de Xulio Martínez e Rodrigo Amo, os dos dous brigadistas falecidos mentres apagaban un incendio forestal en Fornelos de Montes en 2010, participaron hoxe na concentración convocada polo comité de empresa de Seaga na súa lembranza e para rexeitar a sentenza “que os culpabiliza a eles da súa propia morte”. A representación dos empregados/as da empresa pública reclamaron tamén unha mellora das condicións laborais, un cambio nos protocolos de actuación e unha mellora da coordinación dos efectivos que loitan contra o lume.

 
 
 

O presidente do comité de empresa de Seaga na provincia de Pontevedra, Josafat Puente, da CIG, explicou que coa protesta celebrada diante da delegación da Xunta en Vigo de 11:00 a 12:00 horas queren en primeiro lugar honrar a memoria dos dous compañeiros falecidos en accidente laboral, mais tamén para “amosar o noso rexeitamento á sentenza do TSXG na que se lles culpabiliza da súa propia morte”. Explicou que aínda que na resolución xudicial se sinale a responsabilidade da Xunta por non ter unha motobomba no lugar do sinistro, “outra gran parte da culpa recae sobre os propios traballadores falecidos supostamente por estar onde non debían, cando se atopaban onde lles mandaron”.

Esta tese foi corroborada pola propia irmá dun dos falecidos, Alicia Martínez, quen asegurou que “non tomaron unha mala decisión, tomaron a única que podrían tomar, xa que non tiñan outra vía de saída”. De feito, explicou que un deles deixou o batelumes atrás, “o que demostra que intentaban fuxir presas do pánico; quedaron atrapados polo lume e foi a única alternativa que tiñan; por iso estamos moi indignados/as porque lles atribúan a eles a culpa do sucedido”.

Non cambiou nada dende o accidente

O presidente do comité de Seaga en Pontevedra criticou que a situación na empresa tivese cambiado nada nos sete anos transcorridos dende o sinistro, “polo que en calquera día pode suceder outro accidente similar, xa que non se modificaron os protocolos de actuación”. Ao mesmo tempo, lembrou que a comoañía pública mantén unha taxa de reposición do 20%, polo que cada ano entra un 20% do persoal novo. “Xente sen formar, que non viu un lume na súa vida e que non sabe como hai que reaccionar fronte a un incendio”, censurou. A isto hai que sumar que só se traballe tres meses ao ano, o que imposibilita que se formen verdadeiros/as profesionais”.

Sinalou que ademais o sector está cada vez máis atomizado, e na actualidade hai unhas 10-12 empresas traballando na extinción lumes, “o que provoca unha gran descoordinación entre elas”. Diante disto, reclamou un cambio nos protocolos, unha maior coordinación entre os efectivos que combaten os lumes e que o persoal de Seaga traballe máis de tres meses, o que faría posíbel unha maior prevención. Nesta liña, alertou que este ano a Xunta atrasou as labores de prevención, traballo que pretenden que se fagan durante o verán, cando tiña que estar feita na primavera”.

Lembrou o sucedido recentemente en Portugal e advertiu que Galiza “é un polvorín, xa que ao incremento das temperaturas súmase que cada vez temos máis plantacións de eucalipto e piñeiro, dúas especies altamente combustíbeis”. Así, considera necesario contar con franxas de seguridade e preparar as estradas e pistas para que o lume non as traspase. “A cuestión non é que o monte arda ou non, porque sempre vai arder, a cuestión é que os lumes non cheguen a ser moi grandes e que se poidan controlar, para o que é necesario moita prevención”.

Lamentou que o Goberno galego gaste cada ano máis cartos en extinción “cando o normal sería gastar máis en prevención, para aforrar gastos en extinción”. Indicou que o orzamento non deixa de medrar e contrátanse máis empresas e máis medios, pero non incrementan os gastos nas brigadas, “que son as que realmente apagan os lumes”. Finalmente, apostou por un cambio na política forestal e rexeitou que sexan as empresas madereiras e unha pasteira como Ence “as que deseñen a política forestal deste país”.

“Intentantaron botar terra sobre o asunto”

Na súa intervención, a irmá de Xulio tamén incidiu na falta de profesionalización dun servizo tan perigoso como o de extinción de lumes, e sostivo que non pode habela se cada ano cambian parte do persoal. “Non pode ser que a falta de experiencia e non coñecer aos teus compañeiros/as teña estas consecuencias”. Lembrou que moitos brigadistas nin se coñecen entre eles, o que neste caso fixo que os compañeiros/as da Xunta que se atopaban cos falecidos non coñecesen os seus nomes, polo que non puideron confirmar que se atopaban ben. “Preguntáronlles 'estades ben, rapaces?' e respondéronlles os que estaban noutro lado”. “Se soubesen algo tan simple como os seus nomes agora seguramente estariamos a falar doutra cousa” rematou.

Pola súa banda, Elvira González, a nai de Rodrigo cualificou a sentenza de “inaceptábel” porque minimiza a responsabilidade da Xunta e culpabiliza os falecidos da súa propia morte. “Sen embargo, non fai ningunha mención á escaseza de medios nin á cadea de erros que desencadeou o accidente, nin á falta de coordinación entre as brigadas”. Ademais, considerou moi grave que non se investigara suficientemente o accidente, “e está bastante claro que intentaron botar terra sobre o asunto, como desgraciadamente sucede noutros procesos onde a Administración está implicada”. Por último, pediu que se reabra o caso “para demostrar que hay responsábeis a nivel xurídico e político”.

 

Fundaciones orquestadas por Rosa Quintana y subvencionadas con ...

xornaldegalicia.es/10353-fundaciones-orquestadas-por-rosa-quintana-y-subvencionad...
 
Otras fundaciones relacionados con los mismos del PPdeG yRosa Quintanaestán en ..... que se suma a suTRAMAPIRAMIDAL que comenzara conSEAGA.

Rosa Quintana en funciones "embarca" al futuro gobierno con ...

diariomaritimo.com › Inicio › Galicia › Consellería do Mar Xunta de Galicia
Y llega la cúspide deRosa QuintanaConselleira do Mar, como "reina" de entramados piramidales y ..... A toda estatramade dilapidación y compra de voluntades con lo público se suman la .... Descargar este archivo (seaga-horario.pdf) ...

Rosa Quintana (PPdeG) tiene el "DEDO" más grande de España ...

diariomaritimo.com › Portada
 
8 jul. 2016 -La Jefa de Prensa Pastora Charlin deRosa Quintana(PPdeG) esta vaciando la ... la Xunta de Galicia "SEAGA" que asustaria a los mismos abogados de los papeles .... 2015 - ... deRosa Quintana,TramaCorrupta en Galicia, ...

@XulioFerreiro orquesta una trama con Rosa Gallego Portavoz del ...

xornalgalicia.com/1532-xulioferreiro-orquesta-una-trama-con-rosa-gallego-portavoz-de...
31 jul. 2016 -@XulioFerreiro orquesta unatramacon Rosa Gallego Portavoz del PP ... en su totalidad por altos cargos del PPdeG, PresidentaRosa Quintana, .... 500 traballadores deSEAGA, empresa pública de servizos agrarios, son ...

Ana Rosa Quintana - Wikipedia, la enciclopedia libre

https://es.wikipedia.org/wiki/Ana_Rosa_Quintana
 
AnaRosa QuintanaHortal (Madrid, 12 de enero de 1956) es una periodista, presentadora de televisión y empresaria de la comunicación española.
Falta:tramaseaga

Rosa Quintana Conselleira do Mar - Plataforma en Defensa del Sector ...

pladesemapesga.com/.../148-rosa-quintana-conselleira-do-mar-reina-de-entramados-p...
 
DESMONTAMOS LATRAMADE LAS ELECCIONES DE LA FEDERACIÓN ... Por que no muestraRosa QuintanaCarballo, las últimas activaciones de s [ ... ].

Ana Rosa Quintana culpa de los plagios en 'Sabor a hiel' a un ...

elpais.com › Cultura
 
23 oct. 2000 -Fue el negro de AnaRosa Quintanaquien metió en la novela ... "latrama, la construcción, el perfil de los personajes y la mayoría de los textos" ...

Brigadistas se manifiestan en Ferrol contra la reducción de ...

www.lainformacion.com/.../brigadistas-se-manifiestan-en-ferrol-contra-la-reduccion-de-...
25 jun. 2012 -... en Ferrol contra la reducción de contrataciones a través deSeaga... y la dimisión de la conselleira de Medio Rural,Rosa Quintana.

500 efectivos más para incendios en Galicia - Blasting News

es.blastingnews.com › Noticias › 2014 › 06
 
27 jun. 2014 -Desde las filas de trabajadores deSEAGA, los 500, se lleva ya varios ... Sale a la luz una pésima noticia para AnaRosa Quintana[VIDEO].

Acción y Transparencia Pública - O Presidente de Pladesemapesga ...

www.accionytransparenciapublica.com/167-o-presidente-de-pladesemapesga-destaca-...
 
SraRosa QuintanaCarballo, Concelleira do Mar que ata fai poucas semanas era Presidenta e ... na trasfega dos helicópteros de incendios e Salvamento íntimamente relacionada conSEAGA?., ....TRAMAY MODO DE ACTUAR…

 

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Comenza o curso nos colexios de A Coruña e seguen sen arranxar os problemas do amianto, Xulio Ferreiro mira para outro lado, favorecendo subvencións para arranxar os do estadio de Riazor onde parece ser ten mais intereses personais

Domingo, 10 Septiembre 2017
Comenza o curso nos colexios de A Coruña e seguen sen arranxar os problemas do amianto, Xulio Ferreiro mira para outro lado, favorecendo subvencións para arranxar os do estadio de Riazor onde parece ser ten mais intereses personais

  Xulio Ferreiro conocía perfectamente los peligros del Amianto en el Colegio Ramón de la Sagra pero prefirió mirar para otro lado dejando el peligro permanentemente.  30.05.2017 | El presupuesto...