Información

Más partidas para UNTAR LA PRENSA.- El DOG do 23 de marzo de 2016 publicáronse unha serie de convenios da Secretaría Xeral de Medios cos solo algúns xornais galegos de prensa escrita con 841.236,44 €, só para o primeiro cuadrimestre deste ano

Información
XornalGalicia 10 Julio 2017 1030 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Desta volta destacan polo seu orixinal motivo para repartir pasta, no sentido que son destinados maioritariamente ao "fomento da lectura da prensa escrita" ou "do uso das novas tecnoloxías" nos centros docentes galegos.

A Corporación Voz de Galicia volve ser o medio máis subvencionado con 485.000 euros, para "a divulgación de información sobre a investigación, desenvolvemento e innovación (I+D+i) en Galicia" (120.000€) e máis "a difusión informativa da capitalidade de Santiago de Compostela nos medios de comunicación" (125.000€); por este motivo tamén van outros 120.000 € para Editorial Compostela, S.A.

 

Convenios de colaboración para comprar xornais para os centros educativos

Canto menos curioso é o apelativo que merecen estes convenios de colaboración onde unha Administración pon cartos e a outra parte conveniante comprométese a colocar un número determinado de xornais nos centros docentes galegos. Isto presuntamente semella un contrato de compraventa malamente disfrazado de "fomento da lectura da prensa escrita polo alumnado dos centros docentes". Custo: 310.769,37 €

Tamén hai a versión electrónica na que a Xunta pon cartos e a empresa xornalística dá acceso nos centros docentes galegos a súa web que figura no nome da cada convenio. Aquí aínda é mais grave pois parte destas empresas xornalísticas cobran polo acceso web aos seus contidos e polos anuncios da súa web. Ista regalía aos xornais vai disfrazada do "fomento do uso das novas tecnoloxías de información e comunicación polo alumnado dos centros docentes galegos". Custo: 170.467,07 €

En total destes convenios van 481.236,44 €, moi semellantes aos 485.273,32 € do ano pasado. O grupo da Voz (Canal Voz, S.A. e La Voz de Galicia, S.A.) é o que máis leva nestes convenios, cun total de 243.519,92 € (a metade do total), seguido polo do Faro de Vigo S.A.U., con 100.743,05 €.

E por que non destinar eses cartos directamente aos centros docentes públicos para que compren as publicacións e as novas tecnoloxías que precisen? Non sería esa un mellor xeito de fomentar a lectura e o uso de novas tecnoloxías sen condicionalo a uns medios en concreto? Isto é unha vergoña absoluta e como tal había que publicala no DOG un mércores de semana santa, a ver se pasaba máis desapercibida. Para o contido completo dos convenios en cuestión non hai publicación activa como no caso dos pregos dos contratos públicos.

http://autonomica.cigadmon.gal/w2/novas/novas-nacionais/outras-informacions-e-conflitos-xerais/2667-outros-800-000-euros-da-xunta-aos-medios-de-comunicacion

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi