Información

ENDESA usará unha vez máis As Fragas do Eume como sumidoiro ao baleirar de lamas tóxicas o encoro da Capela

Información
05 Julio 2017 1355 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

cid part3 4D2FF9D7 D4686562adegaLogo de 6 anos de trámites e múltiples mudanzas no proxecto, ENDESA vai conquerir que Augas autorice o seu proxecto de "modernizar" os desaugues do encoro da Capela, no Eume. Un xeito barato e rápido de desfacerse das lamas acumuladas no encoro logo de 40 anos da actividade da mina de lignito.
O problema é que os contaminantes atrapados nos sedimentos do vaso, poden rematar baixando Eume abaixo e ameazar a vida do río e os bancos marisqueiros da ría de Pontedeume.



Malia a ter curtocircuitado o Eume por máis de 50 anos nun treito de 3,4km, sen liberar o caudal ecolóxico, incumprindo as leis de Augas e Pesca Fluvial e sen facer o mantemento decenal do encoro da Capela para evitar a colmatación coas lamas do complexo mineiro, ENDESA vai ver premiado o seu desleixo para coas leis e o ambiente.
Resulta irónico que unha das razóns argumentadas pola empresa para "modernizar" as válvulas e baleirar as lamas sexa a de cumprir coa obriga de liberar caudal ecolóxico establecido no Plano Hidrolóxico de bacía (P. H. Galiza-Costa). Unha obriga que esqueceu sistemáticamente durante máis de 50 anos...

 

Riscos para o río, o Parque Natural das Fragas e os bancos marisqueiros

 

Tal e como manifestamos e dúas ocasións (2011 e 1014) os sedimentos depositados no muro do encoro seguen sen estar correctamente caracterizados. Ao longo de toda a vida útil da mina de lignito Endesa verteu no Eume augas de escorrentía da explotación mineira (fortemente ácidas e cargadas de metais), augas procedentes da estación depuradora, e moi probabelmente unha serie de reactivos e substancias perigosas hoxe prohibidas. Portanto, e previamente a autorizar a súa remoción, deberían analisarse nos sedimentos depositados no vaso os seguintes compostos: nitratos, fluoruros, cloruros, Fe, Mn, Cu, Zn, B, As, Cd, Cr total, Pb, Se, Hg, Ba, CN-, SO42-, PO43-, fenois, hidrocarburos disoltos ou emulsionados, HAP, plaguicidas totais, N total e substancias extraíbles con cloroformo, aliás do pH, osíxeno disolto e DQO.  

Á falta destas analíticas podemos presumir que a categorización dos sedimentos depositados no vaso, considerados pola peticionaria como “inertes non perigosos”, non é correcta. Á marxe dos residuos da extracción de minerais non metálicos (código LER 01 01 02, inertes non perigosos), existen cando menos outros dous tipos de resíduos non considerados e que deberían catalogarse como “non inertes perigosos”: os estériles ácidos pola transformación dos sulfuros -mineralizacións con arsenopirita e outros compostos de xofre- (código LER 01 03 04*) e outros estériles con substancias perigosas –nomeadamente As- (LER 01 03 05*).

 

 

 

A presenza destas tipoloxías de residuos vén corroborada pola natureza dos materiais xeolóxicos encaixantes da bacía lignitífera, e que en áreas próximas (río Chamoselo) e como consecuencia de obras de remoción de terras (construción da autovía Ferrol-Vilalba, 2008) produciron lixiviación por augas pluviais de noiros e taludes e unha forte acidificación e mobilización de metais. Estas augas contaminadas chegaron ao Eume através do Chamoselo, provocando en 2008 a mortandade de numerosos exemplares de salmónidos no treito baixo do Eume.

A administración debería considerar tamén a posibilidade de que logo de “liberados” os desauges do fondo do encoro, parte dos materiais presentes no vaso e non extraídos poderían remobilizarse polo fluxo de fondo. De tal xeito, cabe a posibilidade de que compoñentes do sedimento como metais pesados e outras substancias como HAPs, sexan arrastrados Eume abaixo.
Augas debería garantir, mediante analíticas e mostraxes suficientemente representativas ao longo de toda a canle do Eume e na ría de Pontedeume, que en ningunha das fases do proxecto, nen os efluentes nen o río Eume vai superar os valores de referenza dos contaminantes antes indicados.

Ademais, considerando que unha das características dos metais pesados é a súa bioacumulación nos tecidos dos organismos, en particular dos filtradores do medio bentónico, resultaría imprescindíbel monitorizar a concentración destas substancias nos bivalvos explotados nos bancos marisqueiros da ría de Pontedeume antes e despois da entrada en funcionamento das novas válvulas. A este respeito, Augas lávase as mans por non ser da súa competencia a calidade dos bancos marisqueiros.

 

O máis fácil e barato para ENDESA: diluir as súas vergoñas no Eume

 

Como noutras ocasións, a empresa opta pola vía máis fácil e barata para cumprir coas súas responsabilidades ambientais. Ao igual que acontecera coa macro-balsa mineira (o mal chamado "lago" das Pontes), a solución é deixar que sexa o Eume o que dilúa as súas vergoñas.

ADEGA, AEMS-Ríos con Vida e Verdegaia temos solicitado á administración hidráulica que en vista da reiterada renuencia de ENDESA a cumprir as leis, inicie un procedemento de caducidade da concesión franquista (1953). A resposta de Augas foi que esta solicitude de caducidade non é o obxecto do actual procedemento... Facendo un símil automobilístico, Augas de Galiza pásalle a ITV a ENDESA esquecendo que circula sen seguro e carné dende hai máis de 50 anos.

 

Ligazóns

 

 

Descargas

 

 


Mar Sanchez Sierra, asesora personal de Feijóo aparece relacionada con turbios negocios relacionados con fallecidos y incendios forestales que califican ellos mismos de terrorismo incendiario

marsanchezsierra secretariademediosentramdopiramipdal 29 7 2018La asesora personal de Feijóo  monto o financió "una estructura de colaboración estable de fondos públicos con miembros del PP" familiares del brigadista fallecido en Fornelos de Montes que alcanza a un turbio negocio de los incendios forestales en la Xunta de Galicia y Rosa Quintana.

La Secretaria de Medios de la Xunta nombrada por Feijóo, Mar Sanchez Sierra alimenta un "entramado de empresas piramidal" de miembros del PPdeG con fondos públicos de la Xunta de Galicia bajo convenios y adjudicaciones a dedo con Adelaida Dominguez socia y administradora única de varias sociedades de una red de empresas para acceder a contrataciones públicas en la Xunta de Galicia y instituciones donde gobierna el PPdeG. En paralelo los fallecidos en Fornelos de Montes y incendios forestales dejan al descubierto un "negocio de fondos públcios" de inmensas y gigantescas proporciones, donde lo único que cuenta es el dinero público a manos llenas a través de fundaciones, Cetal, Seaga, Fremss, venta de helicópteros, campañas a medios de comuniación de prevención de incendios, manipulación informativa..Brigas Aerotransportadas, etc ....(+).

2. La asesora de Feijoo María del Mar Sanchez financia la venta de ropa laboral y calzado, ropa de policía, cursos de policía, páginas web a gobiernos del PPdeG ...
3. La administradora de varias empresas y convenios con la asesora de Feijóo, Mar Sanchez Sierra solicitó viviendas de protección oficial en varios puntos de Pontevedra. ...
4. Una asesora de Feijóo facturó irregularmente más de 400.000 euros  ... 5. https://www.google.es/search?q=corrupción+informativa+xunta+galicia....(+)

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi