Información
Galicia

O PLENO DA DEPUTACIÓN REXEITA O PECHE DE COLEXIOS ORQUESTADO POR FEIJOO E O PP NA XUNTA DE GALICIA EN AS PONTES E OUTES

Información
01 Julio 2017 1457 votos

 

Aprobouse unha moción conxunta de PSOE, BNG, Marea Atlántica, e alternativa dos veciños, proposta e redactada por Compostela Aberta. Só o pp se negou a instar á Xunta a reconsiderar a súa decisión

 

O Pleno da Deputación provincial de A Coruña celebrado hoxe aprobou unha moción, proposta e redactada por Compostela Aberta, e asinada tamén por PSOE, BNG, Marea Atlántica, e Alternativa dos Veciños, a través da cal se rexeitaba a decisión unilateral, tomada pola Consellería de Educación, de pechar sen diálogo previo varios centros educativos en Galicia, entre eles o CPI Monte Caxado de As Pontes e o CEIP Emilio Navasqüés de Outes. Pola súa banda, o voceiro do Partido Popular, Agustín Hernández, anunciou a abstención do seu grupo.

 

 

Na súa intervención, o voceiro de Compostela Aberta, Manuel Dios Diz, lamentou unha decisión unilateral da Consellería, tomada "o último día do curso, cando alumnado, profesorado e familias deberían preocuparse do festival escolar e non de cal será o seu colexio o próximo ano. Fallan as formas de xeito estrepitoso", declarou.

 

En relación co fondo desta decisión, Manuel Dios afirmou non entender as razóns da Consellería, pois esta só aceptou dar explicacións despois de que a sociedade se mobilizara. Para o voceiro provincial de CA, a 'xestión responsable de recursos' que aduce a Xunta é "o nome baixo o que algunhas opcións ideolóxicas maquillan os recortes ao sector público".

 

Comparou o feito de que se pechen colexios públicos, co incremento nun 10% -258 millóns cada ano- dos concertos da Xunta con colexios privados, incluídos aqueles que discriminan por razón de sexo. "Por moito que o maquillen, iso son recortes na educación pública, e esa é a única explicación". Ademais dos peches dos centros de Outes e As Pontes, Dios Diz mencionou a supresión de prazas de profesorado que afectan a outros municipios, como Teo.

 

Tamén se amosou preocupado porque a emenda do Partido Popular menciona 'procesos similares que se poidan producir no futuro', é dicir, "o anuncio de novos recortes educativos. Iso é o que queren os alcaldes do PP para os seus concellos? Que a Xunta peche por sorpresa o colexio do seu municipio?", concluíu.

 

 

 

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi