O Goberno de Feijóo (PPdeG) deixou mais de 16,5 M € en formación continua durante o bienio 2015-2016 provocanmdo que moitos rapaces-as galegos perderan oportunidades de futuro.

XornalGalicia  30 Junio 2017  886 Votos

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O BNG denuncia que a Xunta deixou sen executar 16,5 millóns de euros no bienio 2015-2016 transferidos polo Estado para financiar programas de formación continua dos e das traballadoras, e presenta unha batería de iniciativas parlamentarias para que o Goberno galego explique na Cámara onde están eses fondos. Votar ao PPdeG e Feijóo e arruinar o futuro de Galicia e dos galegos e galegas

 

 “A Xunta leva saltadas dúas convocatorias de formación continua, 2015-2016 e 2016-2017, tendo en conta que os fondos son finalistas e que constan as transferencias, é preciso aclarar que se fixo con eses fondos, a onde foron a parar”, interpela a portavoz parlamentaria de emprego Montse Prado.

O Bloque detalla que, analizando a partida da formación ocupacional nos orzamentos autonómicos e Nos xerais, Galiza recibiu un total de 25.993.665 euros para o período 2015-2017. En 2015 o Estado transferiu 8.673.670 euros, e 8.819.995 en 2016, “pero a Xunta non executou nin un só euro para o fin previsto en ningunha das dúas anualidades”, denunciou Prado.

 “Da transferencia estimada para 2017 cifrada en 8,5 M€ a esta altura tampouco se sabe nada pois aínda non se publicou ningunha convocatoria”, indica a deputada.

“Mentres o Goberno do PP de Feijóo adica enerxía a facer propaganda sobre a importancia da formación para mellorar a competencia das empresas, van tres anualidades sen que realice as convocatorias de axudas para o financiamento de plans de formación das persoas traballadoras ocupadas”, criticou Prado.

O RDL 4/2015 establece que o Ministerio de Emprego, coa colaboración das autonomías axentes sociais, “desenvolve unha función de detección de necesidades formativas para anticipar e proporcionar respostas efectivas ás necesidades de formación e recualificación nun mercado laboral cambiante, contribuíndo ao desenvolvemento profesional dos e das traballadoras e á competitividade das empresas.

En Galiza correspóndelle á Xunta a distribución deses fondos, que teñen carácter finalista, para as diferentes políticas activas de emprego.

“A falta de execución e o retraso nas convocatorias á formación supón un grave prexuízo para as persoas ocupadas, pois dificulta as súas posibilidades de seguir cualificándose para manter o seu emprego ou para mellora a súa situación laboral”, critica Prado.

Desde o BNG tamén se alerta sobre o prexuízo para as entidades encargadas de executar os plans de formación continua que, ademais, se ven obrigadas a anticipar o custe dos programas pois os anticipos por impartir os cursos pasaron do 80 ao 25%, “o que está provocando a desaparición de moitas entidades”.

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Pladesemapesga solicitaba el cese fulminante del Jefe de Prensa Municipal Rodri Suárez, al que catalogaba de "malandrino" del fracso electoral

Jueves, 18 Enero 2018
Pladesemapesga solicitaba el cese fulminante del Jefe de Prensa Municipal Rodri Suárez, al que catalogaba de "malandrino" del fracso electoral

Todas las entidades representadas en PLADESEMAPESGA piden el cese del jefe de prensa censor y culpable de la crispación existente en el Concello de A Coruña..   En la campaña...