Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, puxo hoxe a Feijóo fronte ao seu “fracaso” na xestión das residencias para persoas maiores. O responsable socialista adiantou hoxe a sesión de control do próximo mércores sinalando que o acceso a unha praza pública resulta unha “misión imposible” en Galicia.

Fernández Leiceaga lamentou o “desprezo” amosado polo presidente galego ás necesidades dos maiores

, xa que mesmo logo de anunciar sete novas residencias en 4 anos ofrecería un balance "insuficiente”. Mesmo aínda que conseguira cumprir esta nova proposta, dixo, nin sequera se achegaría á súa promesa de 2012, pola que Galicia tería 2.500 novas prazas de financiamento público.

Citou o último informe do Imserso para contrastar a situación de Galicia, con 20.000 prazas para 650.000 persoas de máis de 65 anos, co da veciña Castela e León, tamén gobernada polo PP e que conta con 44.000 prazas para menos de 600.000 persoas de máis de 65 anos. Ademais, fronte ás 15.300 prazas de financiamento público de Castela e León, Galicia apenas conta con 5.700.

O portavoz socialista explicou as enormes dificultades que supón o acceso a unha residencia para estas persoas e para as súas familias. Cunha media de 730 euros por pensión –entre 73 e 79 anos-, e que no caso das mulleres fica por debaixo dos 600 euros, teñen que asumir unha residencia que custa en torno a 1.500 euros ao mes, por enriba dos 2.000 se se trata de Santiago de Compostela.

A xestión do goberno galego impón pola vía dos feitos o denominado “imposto á demencia” imposto pola conservadora británica Theresa May, xa que “moitas persoas só vendendo o seu patrimonio son capaces de financiar o acceso a unha residencia”.

Enerxía

Fernández Leiceaga lembrou que o Pleno do Parlamento comezará mañá cunha proposición de Lei presentada polos socialistas galegos para que Feijóo e o PP clarifiquen se van defender os intereses de Galicia ou apoiarán a posición de Rajoy a favor de subir de novo o recibo da luz aos consumidores galegos.

Os socialistas reclaman unha “pequena modificación” na Lei do Sector Eléctrico, que obriga a cargar nas facturas eléctricas o sobrecuste que supón para as eléctricas a fiscalidade “verde” aplicada polas comunidades autónomas. Advertiu que, tal e como está a norma, as empresas poden “despreocuparse” da fiscalidade medioambiental, que terá que ser asumida polos cidadáns.

Os socialistas consideran que a norma limita a capacidade tributaria sobre impostos medioambientais aplicados ás compañías eléctricas, condicionando os mecanismos fiscais do Goberno autonómico para corrixir a actuación das industrias eléctricas.

Incendios

O portavoz socialista trasladou ademais as condolencias ás vítimas e o apoio aos veciños e autoridades de Portugal logo da “desgraza única” e “catástrofe humana sen precedentes” que supuxo o incendio de Pedrógâo Grande. Advertiu que “a principal lección que temos que aprender deste suceso en Galicia é que a mellor política de combate contra o lume está baseada na prevención” e nun monte “limpo, ordenado”, con presenza de especies que impidan a propagación do lume.

Chamou a ter os operativos “a punto” e “en estado de alerta” para evitar que se repliquen en Galicia traxedias deste tipo. Sinalou que o próximo venres terá lugar no Parlamento de Galicia unha Xornada Parlamentaria sobre o Plan Forestal organizada polos socialistas galegos, na que diversos expertos na materia expoñerán a súa opinión en dúas mesas de debate.

Otros articulos relacionados.....
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

Xulio Ferreiro sigue "haciendo negocios con su marea atlántica adjudicándose contratos públicos" según denuncia la Voz de Galicia

Jueves, 28 Septiembre 2017
Xulio Ferreiro sigue "haciendo negocios con su marea atlántica adjudicándose contratos públicos" según denuncia la Voz de Galicia

La mitad de los fondos destinados a proyectos, mediación y comunicación del Laboratorio Cidadán Co-Lab, impulsado por la concejalía de Participación, han sido adjudicados por el gobierno local de la...